galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A BORDO DE UNHA GAMELA

Máis aló de Sálvora, de Ons, de Cíes…

As illas protectoras son a contorna de pesca habitual de baixura nas Rías Baixas. Desde calquera delas avístase a minúscula silueta do pequeno barco en plena faena, como casca de noz que se perde no horizonte atlántico. Buscan o mellor peixe: a robaliza, o rodaballo salvaxe, o mero, a pescada do petisco…

Con todo as Rías de Galicia, os máis belos estuarios naturais da península Ibérica, son o escenario onde se segue pescando desde unha “gamela” ou desde unha “dorna”. Como sempre aínda que a motor, que os remos xa pesan, como a idade. Son os “barcos da vida” que buscan froito a flor de auga, para ofrecernos logo en lonxa o xenuíno sabor do mar mais galego.

Nas Rías nace e crece o mellor marisco do mundo, o seu tesouro máis oculto e tamén a maior fonte de riqueza para os homes de mar. E cada ría ten o seu marisco especial, aínda que todos nadan en todas.

A de Vigo é o reino da nécora en Cangas e do camarón en Moaña. A de Pontevedra é a ría da cigala, en Marín. A de Arousa é a da centola. E a de Noia a do saboroso santiaguiño en Muros.

Pero todas as Rías Baixas teñen en común o cefálopodo que deu máis gloria e fama á gastronomía galega, o sumo sabor das súas rías. O polbo é o prato común e o rei das nosas augas. Os que se pescan a flor de auga desde a pequena gamela son os máis populares tesouros das Rías Baixas de Galicia, aínda que tamén se consenten nas cetarias conservadoras, para preservar o abastecemento diario dos mercados e das lonxas.

Hoxe a festa convídanos a gozar do sabor das rías do sur… ¡Coma se navegásemos a bordo dunha gamela!