A REVOLUCIÓN NON SERÁ TELEVISADA

Esta vez, leo y transcribo. Nadie mejor que Antón Reixa para hablar de Os Resentidos que hoy estrenan nuevo single tras guardar silencio musical largo tiempo… ¡Verás que cachondos!

FALAR & BAILAR COMO AFROGALEGXS

Non sei como puiden deixar pasar tantos anos sen escribir cancións e sen xuntar ese comando inoxidable auto denominado OS RESENTIDOS.

Deus non existe. É galego. Por iso castigoume cun coma de 18 días e un lote de fracturas para volverme poñer o cerebro e o subconsciente no seu sitio.

Galicia, se cadra, non pasará á Historia como un pobo de coraxes teimosas, senon, máis ben como unha pseudoetnia de melancolías discretas pero resistentes.

Desde hai máis de cincocentos anos falamos e bailamos como se tivesemos unha predisposición anatómica en pernas e dentaduras para non deixar de bailar muiñeiras lacónicas e usar falares embarullados como faiados de vida.

Os Resentidos somos xente de mundo e por iso sabemos que hai unha alianza posible e efectiva de raros do planeta que nos farán sobrevivir despois do próximo big bang. Por iso a xente de Galicia, sobre todo a xente de barrio, somos cada vez máis negrxs.

Gill Scot Heron púxolle palabras ao Black Power coa certeza de que “A Revolución non será televisada”, na nosa versión engadímoslle que tampoco a superstición das redes sociais mudará o conto. Poñámoslle sintonía funkie: falar e bailar.

Pero tamén somos xente analítica: “o problema aquí é de pasta”. Temos a solución: MONEY FOR FREE/ DIÑERO GRATIS

VIVAMOS COMO AFROGALEGXS!!!


Antón Reixa

(3) Comentarios

  1. Moi bó tema. Sempre me escarallei cos Rosentidos e de xeito especial con Reixa. Alégrome de que xa esta na órbita e poidamos tomar xuntos o pazo da Zarzuela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *