galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A ACTUALIDADE DÍA A DÍA – EDICIÓN 319

E Xinzo encheuse de Casares. Foi, a de onte, unha festa na que cada quen lembrou o escritor ourensán o seu xeito. O primero que fixen eu o chegar foi sentarme naquil banco da praza no que conversamos de política: un crime pola miña banda, un perdelo tempo falando de cousas que nin a él nin a mín nos interesaban nada. Pero Carlos Casares seica aguantaba o que lle botaban.

No acto da Real Academia Galega Fina Casalderrey dixo que “no ecosistema de Xinzo Casares asistíu a primeira escola do fantástico”, para destacar na sua glosa o traballo do homenaxeado na creación e na tradución literaria de grandes obras infantís, como “A galiña azul”.

A Henrique Monteagudo, polo que falou, interesalle mais que nada o Casares escritor o que definíu como “un contador de historias polifacético e de importancia central na historia galega da segunda metade do século XX”.  Da sua novelística resaltou o ciclo que ten como pórtico “Xoguetes para un tempo prohibido” e que se completa coa triloxía “Ilustrísima”, “Os mortos daquel verán” e mais “Deus sentado nun sillón azul”.

Alonso Montero sorprendeu o auditorio falando de Casares como poeta nos seus anos universitarios, suliñando a elexía que en 1967 adicou a Ernesto Che Guevara, de 23 versos, da que eu tamén che falei algunha vez. Daquela Casares era un mozo “que estaba fascinado co marxismo”.

Por último, Víctor Freixanes, presidente da RAG, quixo destacar a dimensión de Casares no eido da xestión cultural: “Traballou sempre desde o compromiso por Galicia, pola lingua e pola identidade”.

Dígoche que mesmo foi un acto emocionante e penso que a Real Academia Galega, independemente da solemnidade do Día das Letras galegas, debería celebrar cando menos un taller literario o mes para que a obra dos nosos escritores e poetas se achegase moito mais a cidadanía.

Porque a mín paréceme que entre os actos académicos e o pobo hai sempre unha distancia marcada polo carácter que imprime a RAG os seus membros, nos que vemos retratada a responsabilidade cultural do país.

Cando o acto rematou, empapeime outra vez de Xinzo e fun polos camiños que xa recorrera eu de novo, cando estudaba o Bacharelato no Posío. Cheguei hasta Ganade, que é unha aldea con carballeira propia, onde antiguamente se celebraba o baile da festa. Fun cando ainda existía o “permite”.

—– ¿E que era o permite?

Ti estabas bailando cunha moza, chegaba outro por detrás,  tocábache no lombo e decíache…

—– ¿Permite?

E coma un parvo tiñas que deixar de bailar ca rapaza que che gustaba e deixala nos brazos daquil pavero.

Por non “permitir” houbo moitas pelexas que estropeaban a festa.

O pior de aqueles tempos e que había que ir na Vespa por aquela carretera estreita, chea de baches e con moitos camiós que levaban o peixe a Madrid a toda pastilla. A volta da festa hasta Ourense sí que era todo un poema.

O CELTA DE MOS

Esta mañá, no agro, o saudo de Manuel foi…

—– ¿Estarás quente, non?

—– ¿Por qué o dís?

—– Porque metéronvos catro…

—– Xa. Pero din os xornais que o Celta xogóu moi ben o fútbol.

—– ¡Carallo! ¡Pois se chega a xogar mal métenlle oito!

—– Endemais, o Celta non lle afectóu para nada.

—– Eu penso que entre o final da tempada que está a facer e o presidente que tedes, empeñado en facer un novo estadio, deberíades chamarlle ó clube “Celta de Mos” e xogar a Liga do Baixo Miño. Ese é único xeito de que algunha vez, algún ano destes, gañedes un título.

(Xa che contei que Manuel é do Deportivo)

—– ¡E despois do Bilbao, eh!

(A mín se me disgustou perder onte é porque teño na casa xente qué a pesares de ser galega e do Barsa, que manda truco).

PLAN DO PP PARA DEFENDER OS SEUS CORRUPTOS

Onte xa che dicía que a mín deixame indifirente que dous axentes da UCO fagan chegar ao xuiz un informe de un folio, no que lle piden investigar a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, a que acusan de prevaricación. Si o Xuíz non ve indicios de delito e non a imputa, non se pode montar unha escandaleira como si averiguasen que roubara millóns coma todos ises tipos que ainda están na rúa, a maoría do PP.

A mín o que me cabrea de verdade é a actitude de Rajoy e a cúpula do PP porque xa teñen un plan feito para protexer os corruptos de verdade, aqueles que se levaron os cartos de todos nós para Suiza, Andorra, Gibraltar ou Panamá. Non o digo ou, o dixo o PSOE en sede parlamentaria i está sí que unha acusación grave.

Onte contáranme que o Xuiz Velasco, ainda que pasaría a sua nova plaza na Audiencia Nacional na sala de Apelacións, seguiría ao fronte dos casos Púnica e Lezo… pero agora resulta que deixará a investigación deses asuntos dentro de 12 días, e dicir, o primeiro de xuño.

Non sei si esto forma parte do plan pero parecer pareceo, sobre todo tendo en conta que na Fiscalía Anticorrupción xa teñen probas de que a financiación ilegal do PP en Madrid, cando Esperanza Aguirre era presidenta, acadou os cinco millóns de euros para tres campañas electorais, dúas autonómicas e unha das xerais con Rajoy de candidato  

OUTRAS NOVAS DO DÍA

# Pharmamar, a empresa biotecnolóxica ubicada no Porriño, sabe que un fármaco seu de gran beneficio para humanidade, vaille reportar ventas millonarias, por iso quere chegar a acordos para a sua comercialización a nivel mundial. Trátase de un antitumoral marino nomeado PM1183 que combate o cancro de pulmón. Pharmaar xa acadau un acordó  coa compañía Specialised Therapeutics Asiapara a distribución deste remedio en Australia, Nova Zelanda, Brunéi, Camboya, Indonesia, Laos, Malasia, Birmania, Papúa Nueva Guinea, Filipinas, Singapur, Timor Oriental, Tailandia e Vietnam. O medicamento está en fase de ensaios clínicos.

#  Seica Endesa, Fenosa, Norvento e Gamesa pretenden desenrolar un plan en Galicia para desatascar os parques eólicos, que agoran están completamente paralizados. Endesa, pola sua banda, anunciou onte a construcción de novos parques no país no plazo de dous anos.

#  Tremenda pelexa a que se montóu no barrio ferrolán de Recimil, entre paios e xitanos. Hai dous feridos graves os que lesionaron cunha catana e mais un detido. A Policía califica a pelexa de “multitudinaria”.

#  A DGT confirma que en Galicia hai cada ano mais de cen accidentes de tráfico con ciclistas afectados. Este ano, xa van 40 sinistros con 48 feridos e un morto. Estase a poñer en marcha unha campaña para concienzar os conductores de que han de ter prudencia ante a presenza de ciclistas na carretera.

# Un dato de moito interés para a cidadanía de A Coruña. As obras adxudicadas no que vai de ano polo seu Concello supoñen o un por cento das contratadas polo Concello de Vigo.  Seica o goberno coruñés investíu 148.214 euros fronte os 13’5 millóns investidos polo goberno vigués.

#  Sinto que a compañeira María Teresa Campos sofrise un ictus do que esta a experimentar unha lixeira melloría, segundo dí a sua filla Terelu. Cousa mala ista enfirmidade, pero hai que ter esperanza na recuperación. E o meu desexo.

#   As redes sociais botan fume co concurso da Sexta “La Isla”, outro espacio de telerealidade para os alienados da tele, que a xuzgar pola audiencia deben ser moitos. O caso é que a xente indignoulle que solo houbera homes no concurso, catorce en total, e ningunha muller. Anda o Twitter moi alporizado co asunto. Eu nin vín o programa nin penso velo.

#   A nivel internacional hoxe hai que destacar un asunto grave.  Seica os Estados Unidos andan a ensaiar posibles ataques a depósitos de armas de Corea do Norte e o fan perto de Seul. O departamento de Defensa norteamericán dixo onte que “existe a posilibidade de que as suas forzas fagan ataques preventivos si o exército coreán segue a desenrolar o seu programa nuclear de misiles.

NO SUR DE GALICIA

Rematemos hoxe onde o Miño se entrega o Atlántico, no sur mais o sur de Galicia que ó norte de Portugal, unha eurorrexión europea.  

O norte portugués é O Minho. O sur galego é O Baixo Miño. O Miño é o “eurorrío” que une ambos os dous territorios e crea as súas mellores paisaxes.

A perspectiva fluvial é común e peculiar. Porque entre Crecente-Melgaço e A Guarda-Caminha, o Miño marcou un estilo de vida fronteirizo e emocionante. 

Neste traxecto crea o gran río rápidos para a aventura, serve de cemiterio para as lampreas en viaxe nupcial, fertiliza os vales do viño, dorme en belas praias fluviais e mestúrase co Atlántico no máis fermoso estuario, o maior espazo fluvial protexido da eurorrexión.

Hoxé, 17 de Maio, é o Día das Letras Galegas. Cando ti leas o que escribo agora mesmo, moi cedo, e dicir, cando nin están as rúas postas… eu atopareime en Xinzo rendendolle homenaxe, como non podía ser de otro xeito, o meu admirado e inesquencible Carlos Casares.  Xa sei que houbo unha morea de actos na sua honra, pero o da Real Academia Galega é imperdible pola sua profunda significación cultural.

Endemais, aproveitarei o día para perderme por un territorio onde se escriben mil lendas, fermoso pola paisaxe e moi interesante pola sua paisanaxe.

Hoxe é un bó día para lembrar as tradicións e respirar o ambente literario desta vila, onde o maestro está moi presente, xa que nela viven ainda as suas musas, as que o levaron polo camiño da fabulación plagada de personaxes singulares que Carlos elevou a dignidades das letras.  

Permíteme pois que nesta sección da nosa Galicia Única, no día grande de Casares, volte a falar da sua obra e persona,  xa que é e o nome propio da data cultural mais importante do ano.

Así que, disculpa se che resulto reiterativo.

CARLOS CASARES, BO E XENEROSO.

Nos case vinte anos que dirixín “Desde Galicia para o Mundo” tiven a oportunidade de convivir, polo menos unha vez ao ano, con Carlos Casares Mouriño. Era unha persoa á que entregaba os meus afectos para sentir o pracer de escoitar as súas sentenzas de home bo e xeneroso. Tal bondade exhibía que nunca da súa boca saíu na miña presenza unha palabra mal pronunciada, desas altisonantes; nin sequera unha mala crítica literaria, á que son tan afeccionados outros escritores.

Levouno de forma inesperada aquel maldito infarto cando aínda tiña moito que achegar á Cultura Galega con maiúsculas, de cuxo Consello era presidente.

Aquel dez de marzo do dous mil dous era domingo. Andaba eu pola Ribeira Sacra facendo de guía duns amigos cando me deron a triste noticia. Soou como un mazazo na miña cabeza. Recibina con estupor e quedeime pensando fronte aos espellos do Sil na maldade da Morte, á que nunca esperas pero sempre chega inoportunamente. A Carlos Casares levóunolo aos sesenta, demasiado novo para completar a súa obra literaria e o labor de difusión da nosa cultura que lle fora encomendada.

Aquel domingo e nos días posteriores moito falamos del e da súa obra. A miña filla Betty defendía “Vento Ferido” como a xoia da coroa da pequena biblioteca de casa. A miña outra filla, Gloria, recomendáranlle “Ilustrísima”. A miña muller andaba con “Un país de palabras” a voltas. I eu facía memoria do seu labor xornalístico, lembrando algúns dos seus costumistas artigos en “La Voz de Galicia”, diario no que, paréceme a min, sempre tivo sección fixa.

A semana que nos deixou Casares díxenme á min mesmo o pouco que valoran aos escritores galegos tanto na vila e corte madrileña como na sociedade literaria catalá. Porque Casares sempre escribiu no noso idioma, pero algúns dos seus máis siñificativos libros foron traducidos ao castelán. A pesar diso, a nivel estatal resultaba ser un descoñecido por culpa do escaso interese que espertaba a arte literaria do país nos medios de comunicación. Aínda así, a Casares outorgáronlle dúas veces o Premio da Crítica española e foi finalista do Premio Nacional de Narrativa.  

Eu creo que Casares, como escritor, supuxo a innovación que a Literatura Galega precisaba nos anos setenta. E baséome na súa narrativa fresca, de vocación humanista, cosmopolita, que supuxo un aire renovador para as Letras Galegas. “Xoguetes pra un tempo prohibido” é un libro maxistral do que se fixeron ata doce edicións, que eu lembre. Esta novela súa de 1975 é o retrato da súa xeración que é tamén a miña. A fotografía duns mozos brilantes e intelixentes que con todo, por culpa do ambiente que lles rodea, acaban cos soños rachados pola amargura. É un fiel relato da Compostela universitaria de finais do século XX e sen dúbida o gran testemuño da resistencia antifascista en Galicia. 

Como lector de Carlos Casares só teño unha materia pendente: “O sol do verán”, a novela que non puido chegar a ver publicada porque a rematou un mes antes do seu falecemento.  Pero un día destes, espero aprobala.

Alegroume moito saber, ala por xaneiro,  que a Real Academia Galega adicaba este ano o Día das Letras Galegas ao inesquecible Carlos Casares, cuxo gran facer como home, como escritor e como intelectual, deixou numerosas e indelebles pegadas na cultura deste país.

Por certo. Carlos Casares naceu en Ourense en 1941 pero pasou a súa infancia en Xinzo de Limia, onde tamén tiven o pracer de conversar con el por extenso, unha vez que tamén gravamos para a tele.

A REAL ACADEMIA GALEGA

A Real Academia Galega no ano 1934.

Deixame que che fale tamén da Real Academia Galega, que cumple este cento once anos como institución, anque a súa idade non lle impide afrontar o século XXI como un organismo cultural que se distingue polo seu dinamismo e proxección de futuro.

A Real Academia Galega superou etapas difíciles da súa propia historia; barreiras que houbo de traspasar tamén a propia cultura do país, sumida no esquecemento e ás veces, ata na persecución, como consecuencia da ignorancia cultural da ditadura franquista.

Naceu o 30 de setembro de 1906, tras anos de laboriosos intentos por parte dos escritores do século XIX, que manifestaron individual e colectivamente a necesidade da súa creación.    

Manuel Murguía é o seu presidente fundacional durante a primeira etapa, que se estende ata 1923. Murguía nunca sería suficientemente recompensado polo extraordinario servizo que, en contra dos seus intereses persoais, prestou á cultura de Galicia dende a Real Academia.

Manuel Lugrís Freire presidiu o máximo organismo da cultura galega no bienio inmediato á sublevación  franquista que deu orixe á guerra española.

E cando parecía que a Real Academia cobraba un novo pulo, pasa á case clandestinidade, da que se recupera no 1963, precisamente coa instauración do Día das Letras Galegas.

Pero a partir de 1977, é cando a Real Academia Galega participa máis activamente en todo canto se refire á cultura de Galicia, baixo a presidencia de Domingo García Sabell.

Dende a normativa morfolóxica e ortográfica do idioma galego, ao propio recoñecemento da RAG como organismo na Lei de Normalización Lingüística. Dende a creación dun primeiro seminario de lexicografía, á elaboración do primeiro dicionario da lingua galega. E a realización do mapa sociolingüístico de Galicia, que os académicos actuais valoran como o traballo máis relevante desta etapa.

A Real Academia Galega posúe na actualidade fondos documentais, obras inéditas, epistolarios e un importante arquivo hemerográfico procedente da emigración, que a converten no organismo máis interesante para os investigadores.

O Arquivo da Real Academia Galega, que preside actualmente o escritor Víctor Freixanes, é un dos máis importantes valores culturais do país.

“ALQUILANSE BORRACHOS PAS FESTAS”, MADE IN GOGUE.

Seica en tal data coma hoxe debemos recomendar un libro. Eu ofrecezoche a posibilidade de leer un libro de humor, de excelente humor. E ó último do amigo Gogue que utiliza o seu Floreano para darlle unha reviravolta a esta vida. No fondo, sí todos seguísemos o personaxe mais popular do humorismo gráfico galego, sabríamos que a vida que levamos non é tan mala.

O Floreano é o tipo con mais retranca do país. Fala sin cancelas e todo o que dí ten segundas partes. No seu pensamento están sempre presente o viño e as mulleres, porque está convencido que non hai mellor cousa no mundo que o amor –ainda que as veces lle resulte imposible- e a ledicia que che queda no corpo despois duns cantos grolos.

Polo que se refiere a Gogue, o creador do personaxe que alegra os nosos almorzos no “Faro de Vigo”, todalas mañás desde hai 25 anos recén cumplidos, eche do Grove. I eso, marca. Sabe de silencios e de pausas na conversa, de ahí que os seus bocadiños sexan un compendio desa sabiduría popular coa que convive. Endemais, eche internacional, como Iago Aspas. Quero dicir que como cronista gráfico xa atravesou as fronteiras do país. Endemais, Gogue é un bó tipo, por iso ten sempre bó humor. O mesmo que nos achega en “Alquilanse borrachos pas festas”, unha perfecta edición da Editorial Galaxia…

Dígoche que este pasa a ser meu libro de cabeceira para deitarme con sorriso… despois de tanta falcatruada que leemos. Ti deberías mércalo que xa está a venda nas mellores librerías.

¿INFORME POLICIAL OU MANIPULACIÓN?

Deixo as Letras Galegas para falarche de esas historias que tanto gustan os xornalistas de investigación. Algúns se cren Cristobal Colón e cando nas súas mans cae un informe calquera dun policía ou gardia civil apréstanse a publicalo sen distinguir o que un delito administrativo de un roubo. Quero dicir, metendo a todos no mesmo saco.

Está claro que no PP hai chourizos a esgalla e moitos ainda andan soltos, que eu non paro de contarche esas cousas, por desgracia para nós, que somos os perxudicados. Pero cando un xuiz como Eloy Velasco non aprecia delito e non imputa a persoa acusada de prevaricación por un membro da UCO, debe silenciarse o que mais parece unha intoxicación que unha acusación. Me parece a mín.

Onte houbo moitos showman e algún xornalista que non tiveron en conta a decisión do xuiz. E a mín iso paréceme que está tan manipulado como todo o que depende do ministro Catalá.

Por certo, hoxe decide o Consello do Poder Xudicial si acepta a petición do Xuiz Velasco de ocupar unha vacante na Sala de Apelacións da Audiencia Nacional. Case seguro que o consello aproba a solicitude,  pero iste maxistrado seguirá investigando casos Lezo e Púnica.  

A PESARES DE TODO MOITOS IRÁN HOXE A PORTUGAL

Parecía que o peche das fronteiras galegas con Portugal non ía a causar demasiadas molestias pero o certo e que, co gallo da visita do Papa a Fátima, houbo xente que tivo que esperar mais de dúas horas para chegar a alfándega de Valença do Miño; tales eran as colas, a pesares das advertencias que fixemos todolos medios de comunicación.

Meu curmán púxose coma un tolo…

—–  ¡Non hai direito! ¡Non se pode montar semellante lío! ¡Mellor que se quedara na casa!

Eu mandeille un traballo que me fixo chegar meu amigo J.J. Pena desde Montevideo, do que che fago un resumo, porque vindo dun cura, creo que ten moito interese.

O pai Mário de Oliveira, é unha desas persoas que aposta todo polas cousas nas que cre. A súa linguaxe é directo, sen medias tintas; e non vacila en enfrontarse á Xerarquía Católica nun tema tan «sacro» en Portugal como é o das aparicións de Fátima. Despois de participar nun programa de televisión sobre este asunto, no cal levantou non poucas polémicas, decidiu compilar todas as súas críticas nun libro que se titulou Fátima Nunca Máis. A un ano da súa publicación, este controvertido libro xa vai pola súa novena edición.

Entrevistoulle Carlos Fernández para “O Ollo crítico” e o bo cura contoulle:

—– Eu estiven a estudar durante varios anos este fenómeno de Fátima, desde que se creou o xornal Fraternizar. Nos meses de maio sempre me preocupei por aquel fenómeno, coas súas multitudes camiñando cara a alá. E sempre me produce unha gran dúbida: ¿É Fátima unha manifestación de fe ou é unha manifestación de paganismo?

Hai que analizar que o que leva á xente para ir a Fátima dunha forma tan sacrificada, case desgraciada, arrastrándose polos camiños con moito sufrimento. E ao chegar alá, desposuíndose de todo o que teñen, ata da súa propia dignidade como persoas. Eu cheguei á conclusión de que aquilo non é unha manifestación de fe cristiá, senón unha gran manifestación de medo.

Cando as poboacións son menos ilustradas -e en linguaxe cristiá evanxelizadas- continúan moi marcadas no seu inconsciente os mitos antigos dos deuses e deusas, que tanto podían bendicir como castigar. Por iso, precisan estar sempre ben con esas forzas míticas. Facer cousas para agradar ás divindades de modo que elas bendígannos e favorezan as súas actividades.

No fondo, aínda son estes sentimentos os que moven a estas persoas. Se fosen xentes verdadeiramente evanxelizadas, non terían eses medos. Liberaríanse de todos os medos do pasado que corresponden a unha visión mítica do mundo e transformaríanse en persoas saudables e abandonarían aquelas crenzas.

Eu cheguei á conclusión de que Fátima nunca máis, porque é unha manifestación de medo e non debe ser estimulada e apoiada pola Igrexa católica. Pola contra, debería ser denunciado para que finalmente a xente comprenda que se quere ir alí, ó faga só por facer turismo, e non como unha manifestación de Fe. Por tanto Nunca Máis promover o medo á xente.

Creo que antes se decía…

—– Doutores ten “la Santa Madre Iglesia».

Pero a mín gustaríame dicirlle as autoridades portuguesas que agora que somos todos europeos a “Raia” é invisible.  E debe selo sempre,  vaia quen vaia a Portugal ou viceversa. A ponte ferro internacional de Tui non debe ser un filtro, senón un símbolo da fraternidade.

OUTRAS NOVAS DO DÍA

#   Desde a madrugada deste mércores atópase cortada a Autovía do Noroeste, pouco antes de Pedrafita, en sentido A Coruña, no termo municipal de Vilafranca do Bierzo. Débese a un accidente de dous camións e unha furgoneta que nun principio obligaron a cortar o tráfico nas dúas direccións. Milagrosamente tan só resultou ferido un home de 65 anos que tivo que ser excarcelado polos bombeiros de Ponferrada e que foi trasladado o Hospital do Bierzo.

#    Anunciase unha reestructuración da banca española a que Galicia non é allea, posto que o Banco Popular, xa en venta, fíxose cos activos do Banco Pastor, clave na economía galega tanto para a financiación das pymes como das familias. No envite este nos xogamos mais de mil empregos e 21.000 millones de créditos.

O ministro de Guindos confirmou onte que é probable que a entidade que merque o Popular sexa Bankia, pero polo momento o futuro non pinta ben para Galicia. Xa veremos.

#      Salvamento Marítimo rescatou na madrugada de hoxe a un barco veleiro que quedou a deriva, por falta de combustible, no Cabo Ortegal. Os dous tripulantes, de nacionalidade francesa, atopanse en boas condicións. O barco foi remolcado polo “Salvamar Shaula”, que ten base no porto de Cariño.

#     Nesta noite de futbol decisivo en Balaídos deixame desear sorte o noso Celta para que non quede nin a mínima dubida da sua fouteza. E sobor de todo porque seica hoxe, despois do partido contra o Madrid, Berizzo contará si se vai o Sevilla ou se queda en Vigo. A actitude do equipo non pode deixar sombras.

#   Maduro, agora, dalle consellos a Felipe VI: “Ponga orden en el fascismo que surge de la derecha española”. O parecer, o presidente de Venezuela o que mais lle preocupa neste momento é a “agresión” sufrida polo seu embaixador en Madrid. E isto conta cando onte mismo, nas rúas de Caracas, morreron pola represión outras catro persoas por defender a democracia na rúa. De esto non fala Maduro.   

TEMOS REMEDIOS PARA TODO

A auga sanda, din os expertos en termalismo. Xa sandaba antes da modernidade dos nosos balnearios, porque segundo o lexicógrafo Eladio Rodríguez González, as augas da aldea son salutíferas, beneficiosas, prolíficas e curativas.

A pedra cura os males da cabeza, a reuma e mesmo as hemorroides, que hai rochas con poderes para todo.

O lugar da foto e un deses que lle decimos máxicos, con enerxía telúrica que sae de entre as pedras popularmente coñecidas como “tangaraño”. Este conxunto atópase en Barbadás, preto de Ourense. Con esa enerxía que agocha seica cura un sinfín de enfermedades da pel, as verrugas, algún tumor, o bocio e de xeito especial o raquitismo dos nenos, de ahí o nome das pedras. 

Logo están árbores. O carballo cura hernias, sarna e ata mal de amores. O acivro é para namorar, pero a nogueira ten mala sombra, e mellor que non a pises.

Tamén hai mil herbas medicinais xunto a fervenzas como a do Toxa. E no contorno dos mosteiros agóchanse os segredos das raíces coas que os moxes curaban todo.

Na Galicia natural temos remedios naturais para todo porque todo o país é unha ecofarmacia. Eso sí, non hai nada que nos ceibe da secular indefensión contra os caciques.

OS DOUS CONCELLOS MAIS RICOS

Avión e Beariz. Estes son os dous municipios mais ricos de Galicia. E os dous únicos que superan a riqueza media española. A sua prosperidade vénlles dada polas grandes fortunas que chegaron desde a emigración.

Beariz e Avión están moi por encima en renda per cápita, ata, das grandes cidades galegas. Asentados en senllas ladeiras da serra do Suido, Avión e Beariz son tamén territorio natural, que contan con diversos espazos protexidos de mediamontaña e os do río Avia.

Á marxe desta curiosidade, merece a pena coñecer algúns destes lugares fermosos aos que se chega por boas estradas.

RAMON SARMIENTO, NOVO LIDER DE COMISIÓS OBREIRAS

O personaxe da semana e Ramón Sarmiento. Pasado mañá hase converter no novo líder de Comisión Obreiras de Galicia, xa que é o único candidato a Secretaría Xeral despois de que Maica Bouza integrárase na sua candidatura.

Xa sei que os sindicatos non están de moda para vós, que andades cabreados, moi cabreados, pola situación laboral e porque non son quens de poñerlle freo os abusos que se están a cometer por parte da patronal. Pero eu coido que os sindicatos son indispensables nas relación laborais e que a esta nova xente hai que darlles confianza a ver con que nos sorprenden.

Sarmiento é o primeiro vigués que accede ao cargo e pretende conectar co cambio sociopolítico que se díu no estado e mais no país. Ogallá o consiga.  

NO MAR DA VIDA

Hoxe, para rematar a xornada e xa que estamos de festa, eite levar a Corme, unha vila cargada de lenda e de beleza, no corazón atlántico da Costa da Morte.

O traxecto, comenzando no Santuario da Virxe do Faro, está sementado de etnografía: hórreos e cruceiros como o de Gondomil, levantado na honra de Santo Adrián por  liberar a Corme dunha invasión de serpes.

Gondomil está preto da aldea de Corme, unha campesiña que mira ao mar e que se esconde no interior perfecto do municipio de Ponteceso. Pero Corme é, para as guías turísticas, sobre todo porto e vila mariñeira. Desas de postal antiga. Con gaivotas que adornan o ceo e perseguen os barcos, pequenos, xeitosos, que permanecen no peirao.

Aínda que a definitiva postal de Corme está na Punta Roncudo, onde traballan os mellores percebeiros do mundo; na rocha das tres cruces en honor das vítimas dese mar de onda embravecida; e na paisaxe do faro, cando morre a tarde e o mar traenos amor embotellado. 

Eu teño certo sistema para maxinar que estou viaxando polo país, cando non podo facer outra cousa que abrir a fenestra que da o sotobosque e poñerme a escoitar a sinfonía dos paxaros. Cóntocho para que vexas como é posible un encontro coas musas…

Os merliños arrólanme cos seus arrechouchíos i eu mudo a sua cantiga por calquer outra que escoitara antes. Entón voo coa imaxinación ata o lugar onde escoitei por primeira vez esa música e xa está… O meu cerebro énchese da paisaxe elexida e no entorno aparecen os personaxes para contarme as súas historias.

Así sucedeu hoxe: os merlos tocaron trompetas e guitarras e o mais poderoso da camada cantóu “Las Mañanitas”, causa pola que eu me atopo agora mesmo camiñando pola senda do máis profundo dos silencios, que é a que conduce ata os chouzos, alá onde a serra do Suido achega a súa calma.

Nese mesmo lugar, atópase Marcelino coas súas cabras…

—- Bós, días.

—- ¡Van para mellor!

—- ¿E logo que fai vostede por aquí?

—- Pois o mesmo que vostede, disfroitar destas cumes da Laxa e de A Pena.

—- Está ben. Pois estes sitios sonlle moi lindos.

Marcelino Manso convidoume a café, feito a brasa, dese que deixa pouso no cazo. Entón, con esa confianza que me deu, pregunteille…

—- ¿E vostede tamén estivo en México?

—- Pois sí.

—- ¿E que tal lle foi?

—- Moi ben, ó. Fixen capital.

—- ¿I entón por qué se atopa aquí de pastor?

—- Porque é o mellor oficio que tiven. Aquí, ben ve que ninguén me amola.

Marcelino contóume que ainda tiña fillos no DF que viñan a velo todolos anos, que había pouco que enterrara a sua muller que tamén fora emigrante…

—- Mire, alá están as fontes do Avia, que se fai río en Albarellos antes de atravesar o Ribeiro e darlle forza o Miño un pouco mais abaixo de Ribadavia.

Cando fala ou che explica algo e coma si a súa voz se enchera de país…

—-  ¿Os Chouzos? Aquel que ve e ó meu, herdeino do meu abó e il do seu. Agora non se utiliza pero antes, cando eu era rapaz, sí. Incluso dormía nel.

Me cativa a historia deste home, a arquitectura popular e a serra en si mesma, coa sua beleza en estado salvaxe.

Non te esquezas de que O Suido, que loce hoxe o seu vestido primaveral, brilante e luminoso, é o territorio do lobo e do cabalo ceibe, onde se escoitan rancheiras e corridos cantados polos pastores como Marcelino, retornado do México lindo e todo un mito desta montaña.

Cando se produxo a miña regresión a Carreira puxen “Volver, volver”, a de Vicente Fernández, namentras tomaba outro café para poder contarche que pasa neste mundo. Por disgracia, hai tamén outras realidades.  

AMEAZAS DE MORTE PARA MARCOS MIRÁS EN TEIXEIRO

Os demais presos da prisión de Teixeiro recibiron o parricida de Oza con insultos e ameazas de morte. Dixeronlle…

—– “Terás a mais cruel das mortes posibles”.  

Por eso a dirección do centro decidíu mantelo só nunha celda e non se lle aplicou o protocolo de suicidios, que consiste en poñer o seu caron, de xeito permanente, a un preso de confianza.

Marcos Mirás, desde que ingresara no cárcere o pasado xoves leva pechado na celda sin querer sair e coa mesma roupa coa que entrou.

O asasinato do seu fillo de 11 anos, do que é presunto autor, tamén chegou detrais dos muros de Teixeiro, onde o parricida non está ben visto polos outros presos.     

SEGUEN OS CIBERATAQUES

Os ciberataques veñen de Corea do Norte, ou cando menos e a onde apuntan as defensas informáticas dos Estados Unidos. A propia CIA dí que os piratas se atopan en Pyongyang, pero vai ti a saber, tamén o dixeron de China.

O caso é que xa van caseque medio millón de ordenadores infectados co “WannaCry” desde o venres, en caseque cen países. E non se ve claramente unha solución o problema.

O goberno da como cifra estimativa dos ataques en España 100.000 ordenadores, sen explicar si se trata de empresas, de institucións oficiais ou de particulares. O INCIBE recoñoce agora que se sinte incapaz para recuperar arquivos.

Un amigo meu informático dí que a culpa a tivo o primeiro que fixo clic nun arquivo contaminado e advírteme da curiosidade dos galegos, que sempre facemos clic no descoñecido para saber de que vai. Eso e moi perigoso para os nosos computadores. Tamén me contóu que os hackers malos infestaron a uha empresa de Meaño e que lle pediron un rescate de nove mil euros na moneda virtual, o bitcoin.

Total, que falar de canto daño nos está a facer este bicho cibernético e facelo sen ningunha base real. Como diría a miña aboa cando viña unha tormenta… ¡Estamos nas maus de Deus!

Ti non abras ningún mail nestes días que non sexa moi pero que moi coñecido. Endemais, garda todolos contidos do teu ordenador nunha unidade externa. Así terás protección e poderas seguir a traballar.    

O DEBATE

Non entendo nada. A ver si alguen me explica por qué un debate no que está en xogo o futuro de un partido indispensabel para o funcionamento político do Estado se celebra as doce do mediodía, nunha mañá de luns, cando todo o mundo está a traballar, incluídos os militantes do PSOE. Seica non se quería que se vira… Ao menos, eso pareceu.

Ó mellor pasou que non saldrían novidades e polo tanto daba igual que se vira coma que non. O caso é que o eixo do discurso dos candidatos estivo baseado no mesmo que lles levamos escoitado desde hai meses: Pedro Sánchez andivo a voltas coa abstención que deixou gobernar a Rajoy. Susana Díaz co que ela chama “cambeo de posiciós” de Sánchez. E o Patxi López arrimou a sua elocuencia a presidenta andaluza.

Total, que os militantes do PSOE haberán de elixir entre un escoramento a dereita e os principios que firmaría hoxe Pablo Iglesias “O Bó”, e dicir un proxecto progre e socialista, que non comunista.

A min, personalmente, non me distrae o sorriso de Susana ainda que habería que decirlle a Pedro que deberá modernizar o seu xeito de comunicar, que tanto berro soa a Suresnes e aquil congreso queda moi lonxe.

¡Ei!  Un aviso para agoreiros. Despois do día “D” o PSOE vai parecer maus unido que nunca, xa o veredes.   

OS MILLONARIOS

Hai en Galicia unha ampla listaxe de millonarios, incluso algúns nomes figuran na afamada relación da revista Forbes. Pero non convén esquecer o que fomos, para coñecer mellor o que somos…

As grandes fortunas da Galicia actual nacen dun pasado humilde, mesmo de miseria. Nunha aldea de montaña, ao pé dunha serra, á que non hai moito se accedía por unha congostra.

As primeiras “fortunas galegas” viñeron de América cos que familiarmente se coñecían como “indianos”. A segunda xeración de xente rica, a mediados do século XX, tamén foi emigrante.

Hai asimesmo unha ampla lista de millonarios galegos que fixeron fortuna a partir das súa ideas empresariais, pero tamén aquí se destaca a orixe: un pequeno obradoiro ou tenda.

E aínda que sen chegar a figurar na lista Forbes, hai millonarios de lotería que seguen a vivir como se non tivesen unha conta bancaria –por certo nada “corrente”- de varios millóns de euros.

Os indianos foron xenerosos. Os seus netos adicasen a presidir comités olímpicos e clubs de fútbol e algúns dos bisnetos son políticos influíntes.

Os millonarios din que dan traballo… pero os millonarios de lotería aseguran que xa non traballan.

Coido que para ser millonario non precisas de moitos cartos… e suficinte ser feliz.

MAIS NOVAS DO DÍA

#  “His Excellency”, así se chama en inglés o “Ilustrísima” de Carlos Casares. Esta primeria traducción ven a proxectar a nivel internacional unha das obras que o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas consideraba a sua mellor creación. O traductor foi Jacob Rogers e a edición está patrocinada por a Xunta de Galicia. Foi presentada na Cidade da Cultura, nun acto cheo de emotividade.   

#   Eu non me atrevo a dicir si está ben darlle unha paliza a un home que atopas na cama coa tua muller as catro e media da mañá, pero a Xustiza pareceulle en delito. Así, Xosé Antón Santiago foi condeado a dous anos e tres meses de cadea por mallar a Antón Rivas. Tamén o terá que indemnizar con 2.880 euros polos días que tardou en curar e mais 18.200 euros polas secuelas. Os dous son da Pobra do Caramiñal ao igual que a muller. O meu consello: se algunha vez che pasa algo parecido da media volta e busca outra parella.

#   Esta mañá podes atopar no peirao de A Coruña ó “Sorlandet”, que é o buque de vela mais grande do mundo. Foi construido hai noventa anos en Kristiansand, Noruega. O veleiro en sí impresiona moito, pero a curiosidade maior que ten e que se trata dun barco-escola, no que viaxan 49 estudantes noruegueses e un chino, profesores de varios países e quince tripulantes. Xa me houbera gustado a mín estudar así, surcando os sete mares.

#   En Vigo hai mais que expectación para o partido de mañá, as nove da noite, en Balaídos, entre o Celta e o Madrid: os xiareiros non lle perdoarían os de Berizzo que o seu equipo non venza os de Zidane para que se quedaran sin gañala Liga. Eu creo que iste será o mellor fin da tempada para os vigueses xa que viría a endulzar as amargas derrotas das últimas semanas.

#    O presidente da Xunta recoñeceu onte que endexemais se poderá contar cun tren de alta velocidade entre Galicia e Porto coma o que se comprometerá entre España e Portugal no 2003 e que a crise impedíu. Agora Nuñez Feijóo aposta pola posta en servizo de un tren rápido. Algo é algo, pero sigo pensando que Galiza ten no seu conformismo o seu pior inimigo.      

TAMEN SOMOS CERVEXEIROS

A modernidade, din, no acabou co regusto tasqueiro dos atardeceres de Ourense, que e costume vella de esta ciudade, o igual que de Lugo e Compostela. Pero hai una lexión de xóvenes que na modernidade prefiren a cervexa para a conversación, incluso nocturna, e isto notase mais nas grandes cidades, especialmente en A Coruña, onde cumprimos xa mais de un siglo de tradición cervexeira.

Unha das mais populares industrias cervexeiras españolas é Estrella de Galicia, que a sua vez e unha das empresas punteiras do país. Esta fábrica coruñesa soubo extender a sua influencia a toda España.

Tal vez por elo volve a cultivarse o lúpulo galego para facer cervexa.  Ainda que cada día hai mais xente que se adica a facer cervexa artesanal. Esta última, se a probas, repites.

UNHA VEZ MAIS… THE ROLLING STONES

Mick Jagger é da miña idade e cando o tiven diante no Xacobeo estaba xa mais enrrugado que unha uva pasa. Aquíl, díxeranme, ía ser o derradeiro concerto do grupo pero desde entón xa fixeron non sei cantos. Agora, neste 2017, voltan a estar de xira e voltan a España.

Esta vez tan só van a Barcelona o 27 de septembro i é tal a expectación… que as webs de Doctor Music e maila de Tickekmaster se colapsaron, nada mais principar a venta de entradas, hoxe, as 10’00.

Os organizadores dín qué é consecuencia de que os tickets son nominais. Boeno. Xa lle gustaría a todos os músicos que lles pasasen esas cousas.

O concerto dos Rolling Stones en Barcelona será no Estadio Olímpico e pertence a xira europea “Stones-No filter”.      

NO MOSTEIRO DA ARMENTEIRA

Se che parece, hoxe rematamos a xornada por onde pasea o presidente do goberno, Mariano Rajoy, cando se sinte naturista. Con ise xeito que ten de camiñar, tan especial coma el, chega as veces a mismísima ermita onde vai o camiño verde da canción.  Endemais, o lugar esconde un conto de primavera.

Verás. Aquí, en Armenteira, atopou o santo varón don Ero a súa beatitude escoitando o canto dun paxaro que o levou ninguén sabe onde durante unha sesta. Ao espertar dela, regresou de onde ninguén sabe e atopouse con que os monxes non eran os mesmos e mesmo o mosteiro cambiara. Só o paxaro cantor seguía trilando na primavera renacida que rodeaba unha pequena edificación eremita.

Por tal portento, conta a relixión, fundou San Bernaldo o cenobio dúplice da Armenteira, onde se venera a Virxe das Cabezas, a que cura os males do cerebro e reúne milleiros de romeiros cada luns de Pascua.

Hoxe, habitado por unha ducia de monxas, o mosteiro da Armenteira devólvenos o relato de Filgueira Valverde, a fantasía de Valle-Inclán, o poema lendario de Cabanillas e incluso o debuxo de Castelao.

Entre a historia e a lenda, a comunidade conventual dálles vida a estas paredes monumentais de lendas e historias.

Onte polo serán voltamos Manuel e mais eu ós lugares que maiormente percorría de mozo; primeiro cando pasaba en Cangas o verán e despois cando Vigo convidábame desde a punta do seu peirao trasatlántico a cruzala ría  en barco. 

Esta vez fumos polos camiños que bordean a baía revivindo a beleza da estación primaveral, reflectida nos espellos da auga, que é nesta época cando a luz inunda todo de calma e serena a miña preferida praia de Liméns, onde se desfan ondas de ouro ou prata, segundo o sol se esconda ou non tras a nube de maio.

Si te achegas ao Monte do Facho veras como sobre os infinitos azuis da ría, no horizonte, navega cara ao porto o barco cruceiro, que sobrevoan gaivotas grises e corvos mariños negros con base nas Cíes.

Enraízados nas ondas, os pesqueiros aparecen e desaparecen pola Costa da Vela, esquivando as agulllas do Cabalo de Aldán, entre Cabo de Home e Punta Couso. E ao final da tarde, se pode observar como compiten os veleiros procurando a súa crepuscular borracheira de sal atlántico.

—– A primavera xunto ao mar é outra cousa…

Manuel éstase a facer poeta e cando lle conto a historia do deus Berobreo asubía por non decirme nada. Él non cré en nada diso. Porque só ten un deus, “o Cristián, o único e verdadeiro”. I eu dígolle que está no seu dereito.

—– ¿E ti coñeciches a Casares?

—– Pois sí, Manuel. E admireino.

—– ¿Crés que é merecente do Premio das Letras Galegas?

Chegados a iste punto un ten que porse serio i explicarlle o amigo os dous aspectos da vida e obra de Carlos Casares. Refírome a que, sendo como foi un escritor de referencia no país, ainda está por ver o que sería fora de Galicia se a Morte non o levara en plena madurez creativa.

O outro aspecto que a mín gústame resaltar é o seu carácter, a bonhomía da que fixo gala, o “savoir faire”, isa tolerancia dialogante nunha época en que o falar non tiña cancelas.

Porque Casares foi deputado independente e mais presidente do Consello da Cultura Galega, cargo para o que foi nomeado polo conselleiro Pérez Varela que todos lembrades. E que eu saiba sempre utilizou os cargos para facer país, non para aproveitarse deles. Eso indica que era boa persoa, demócrata, galego de sentimento profundo e aperturista cara a nosa Europa, que moitos intelectuais viron sempre con desconfianza.

—– De pouca xente escoiteiche falar así…

—– Porque pouca xente o merece, Manuel.

O MAIOR ALIXO DE COCAINA

—– Es una de las mayores incautaciones de cocaína de la historia y desarticula una gran organización de narcotráfico entre Suramérica y España.

Esto foi o que tutiteou esta mañán o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoilo, dando conta da operación conxunta que levaron o cabo as policías de España e mais Ecuador. Detiveron a 24 narcos e incautaron algo mais de cinco toneladas e media de cocaína, nun buque, en alta mar.

Hai varios días que a Policía Nacional anda a buscar en Galicia os receptores deste cargamento posto que os ecuatoriáns dín que o xefe do clan é un pontevedrés.

Deste lixo non nos libramos nunca. Desde que era novo –a miña xeración chamaronlle “a xeración perdida”- escoitei sempre o señor gobernador dicir que “se trataba do maior alixo de droga da historia”… pero a semana seguinte voltaban a prender narcotraficantes que non só eran os mais perigosos senon que tamén trouxeran a maior cantidade de droga.

Eu felicito os policías que hoxe protagonizaron esta nova operación… pero son pouco optimista co remate do tráfico dunha sustancia que, por outra banda, ten moita raigame nas clases media e alta da nosa sociedade. E o seu consumo destroza moitas vidas e causa moitas mortes.      

XEADO DE AUGARDENTE DE HERBAS

Cóntoche unha curiosidade que me fixeron chegar desde Madrid: o que está de moda nos restaurantes galegos da capital, despois dunha boa mariscada e de un bó peixe,   é o xeado de augardente de herbas.

Anque en realidade esta receita é unha adaptación dun moi tradicional costume galego, de grande arraigamento, sobre todo, nas terras do interior de Lugo, especialmente en Portomarín, que é a capital da augardente e da sobremesa de améndoa. Consiste en botarlle un bo chorro de “licor de herbas” á arquipopular torta de Santiago.

Agora en Madrid, os cociñeiros galegos puxeron de moda esta mesma sobremesa, pero en forma de xeado…

O REI DO ULLA

A Estrada xa se atopa na tempada do salmón. Remata de celebrarse a festa e tamén o concurso que xunta ao pe do río Ulla as mellores canas do país. O gañador ista vez foi un coruñés, Arturo Parada, que pescou un exemplar de 5’623 kilos.

O salmón é para mín o emblema gastronómico da Estrada e ainda me lembro dunha enchenta da que disfroitei hai anos no Restaurante Nixon. Nito púxeranos a un fato de amigos mais de unha ducia de pratos diferentes feitos co peixe rei do Ulla.    

A INDUSTRIA DA PEDRA

A pedra ornamental é un dos valores económicos principais da Galicia do novo milenio, que ocupa o primeiro posto no ránking nacional de produción de granito e o terceiro do mundo. Na actualidade, as exportacións non alcanzan máis que o 50 por cento da produción, polo que este sector industrial galego está impulsando as vendas nos mercados exteriores para salvar a crise que afecta ao mercado da construción en España.

O granito galego elaborado expórtase a Portugal, Alemaña, Francia, Turquía, Reino Unido e Marruecos, maiormente. Aínda que hai edificios construídos con granito galego en todo o mundo. O ano pasado as cifras de vendas ao exterior bateron a marca histórica ao situarse por riba dos cen millóns de euros.

Maiormente se exporta aos mercados internacionais pedra para fachadas, baldosas e mesados de cociña.

A industria da pedra segue todo un proceso ritual desde a canteira ao peirao. Hoxe en día pode afirmarse que en Galicia se pecha todo o ciclo.

A evolución empresarial nótase xa na modernidade da extracción, nas propias canteiras e nos medios de transporte. Pero alcanza unha maior importancia o tratamento que recibe a pedra nas industrias para a súa reconversión ornamental.

Un detalle: a pedra é a mercadoría que maior tonelaxe proporciona ao porto de Vigo.

OUTRAS NOVAS DO DÍA

 

#    Estase a celebrar hoxe o Día Internacional das Familias, de ahí que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia aproveite a data para anunciar ás familias galegas de acollida que aumentou a partida económica destinada a estes grupos. O presuposto “para garantir o dereito de todo menor a ter unha familia” e de 2’4 millóns de euros.

#    O que quizais non che guste tanto é o anuncio da suba do butano para mañán martes. Será do 5% pero xa supón un aumento do 26% desde xullo 2016. A bombona costa agora 14’18 euros. Ista suba débese según dí o sector o encarecemento da materia prima.

#    As enquisas políticas non servirán para moito pero sí poñen nervudos os partidos. Así, esta mesma mañá, me confesaron que o Partido Popular de Galicia, a dous anos vista das elección municipais, xa lle da voltas aos candidatos para os concellos de seis das sete cidades, en Ourense parece claro que repetirá Xesús Vázquez. E non só eso, os cambeos afectarán ao menos a medio cento de vilas importantes.

#    Alfaz del Pi é unha localidade alicantina onde vive a maior parte dos noruegueses que fixaron a sua residencia en España. Hasta aló se propoñen ir uns 8.000 galegos a celebrar o Día das Letras Galegas, que curiosamente coincide co Día Nacional de Noruega. Trátase de ex mariñeiros que traballaron na flota pesqueira dese país nórdico e que reclaman o seu dereito a pensión que lles negan, a pesares de que lles facían pagar o IRPF. Reclaman porque en España lles dín o mesmo, que tampouco teñen dereito a pensión.

Esta xente nosa agrupouse na “Asociación Long Hope” e queren denunciar ante os noruegueses residentes en España a súa inxusta situación.

#   Díxome o meu hacker de cabeceira que a poder ser peches o correo; senon podes, cando menos, non abras os mails que che resulten pouco coñecidos. O perigo de ataque informático segue e ainda non se sabe que vai pasar hoxe. Por certo, o PP o que está a facer é chamar os hackers mais coñecidos en España: failles unha oferta de traballo para que protexan as suas sedes contra os ciberataques…

#   Mañá na Audiencia Provincial de Pamplona abrese o xuizo contra un camareiro para ó que a fiscalía pide 333 anos de cadea por grabar as suas clientas nos baños do bar no que traballaba. Impútanlle 130 delitos contra intimidade. 130 mulleres presentaron denuncias na sua contra; delas, 22 son menores de idade. ¡Vaia paxaro mais noxento!

COMO NOS AFECTARÁ O CAMBIO CLIMÁTICO

Dí o refrán que cando marzo mallea maio marzea, de ahí as choivas da semana pasada, insuficintes asegún contan os expertos, polo que debería de chover ainda mais.

O cambio climático si afectará directamente a Galicia. A Axencia Europea do Medio Ambiente avísao nun recente informe: o noroeste de España é unha das zonas que máis sufrirá o quentamento global do planeta.

Impactos do cambio climático europeo” é un documento que mantén a tese de que, dentro de entre 50 e 70 anos, o sur de Europa será o máis prexudicado polo ascenso de temperaturas, a suba do nivel do mar e o desxeo ártico.

Segundo a Axencia Europea, aos galegos afectarannos especialmente todos eses factores: prevé unha suba do mar de 2,2 milímetros cada ano e de 3,6 graos de temperatura ambiente, ao que hai que engadir o descenso das choivas.

Aínda que a Axencia fala de probabilidades, de darse esa conxunción de valores a terra, en  Galicia, viviría, polo menos, situacións complicadas.

NETFLIX COLOUSE EN EUROVISIÓN

Cando a mín me parecía que xa abondaba o galo de Manel para non falar mais de Eurovisión pola nosa banda, ahora cóntanme que a plataforma de Internet Netflix conqueríu colar un video na mitade do proceso de votacións, para promocionar a sua nova serie. O video titulase Las chicas del televoto. É un dos trucos publicitarios mellores que coñecín na miña vida. Por si no no viches, eiquí o tés.

O MIÑO VAI AINDA SECO

Hai un Miño de auga escasa e outro que a recibe dun cento de regatos, cando vai na busca da calma da Ribeira Sacra, desde Portomarín. Porque o gran río é o creador do espello de ribeiras verdes e dos impresionantes canóns.

No tramo próximo a Portomarín, o Miño é testemuña do rexurdir do pasado. Cando non chove emerxe a vila somerxida para permitir o relato. E cada salto de auga ten a súa historia.

Coa seca, queda ao descuberto a pel verde do que deberían ser profundidades e as pantasmas pasean por riba da escaseza da auga encorada. Cando a choiva tarda, repítese unha vez máis a misteriosa conxunción entre a vida e a morte… 

Sen embargo, a mellor paisaxe concrétase na confluencia dos regatos pequenos co gran río; na senda que percorre as beiras do río Ferreira e na súa desembocadura, nas augas do Miño.

Hoxe vai baixo. Por eso ten que chover ainda mais…

“Cada porción de terra é como un corazón quente. Un amor que vaise diluindo en cada cousa. Un sintirse señor sin ter nada. Un saberse deudor de algo que non se paga. A paisaxe somos eu i as cousas todas. Todo xunto… Elas para mín… I eu para elas… Fundido nun derreterse da persoa en cada cousa”.

(Perfecto Sulleiro)

Sirvan os versos do poeta para achegarnos a festa do domingo, que alá vai a metade de maio e nós a velas vir. Non é que me queixe de cómo nos trata a vida, pero e que… ¡Teño a sensación de que o tempo pasa tan velozmente que non me deixa botar un sospiro cando a paisaxe me abralla!

Na primeira hora da mañá para nós os xubilados, nada mais abrir a fenestra, xa estaba Manuel coas suas ovellas no medio do agro maquinando nas cousas que pasan; así que alá fun, a escoitar as suas sentencias do día…

—– E tiñas razón, gañou o portugués. Pois non creas que a min me gustou moito…

—– Para gustos se escriben as cancións. Pero neste caso Salvador Sobral amosou un novo xeito de facer música, foi orixinal. A canción conta unha historia fermosa e a súa voz ten a frescura da mocedade. A mín sí me encandeou.   

—– E que me dís o español… ¡Saíulle un galo e todo!

—– Ises son accidentes que pasan, pero o teu tocaio foi a víctima dun sistema de elección de candidatos que terá que revisar TVE. De todos los xeitos non foi o primero en quedar de último, antes lle pasou a Remedios Amaya e a mín aquela canción non me pareceu a pior de todas.

—–  Salvador seica está a espera de un trasplante de corazón.

—– Pois iso dín Manuel. A rapaza que saíu con il a cantar e a sua irmá, Luisa Sobral, que é a autora da canción que gañou. “Amar pelos dois”. Eicha poñer logo, xa verás como che gusta mais.

 

 

 

 

 

Desde a corredoira que da paso as leiras vense as ovellas e ainda que está o domingo nublado, Manuel e mais eu damos unhas voltas contemplando o paso das nubes viaxeiras, que seica son das que se van hoxe…

—– Oes… ¿E ti como crés que ises homes e mulleres que andan fozando na historia saben que unha calavera ten 9.300 anos?

Manuel fala de Elba, que asegún din os arqueólogos era tamén pastora. É a primeira muller do mesolítico que atoparon en España asegún contan. Dín tamen que esta galega non toleraba o leite, alimentábase de vexetais.

—– Polo que dín, Manuel, hasta era guapa, moura de pelo e de ollos. Sería unha boa compañeira para tí, que te pareces moito o abuelo de Heidi.

Os coruñeses de seguro que lles interesa esto: “Turkish Airlines” prepara un bó directo entre o Alvedro i Estambul. Así que os que queiran coñecer a cultura turquesa están de noraboa porque a festa vailles sair mais barata…

Ainda que o “heráculo” de Ames fala ben claro…

—– A min non che se me perde nada por aló. ¡Non ó! Ó pior os que van de barato saelles moi caro, que andan a estoupar bombas por ises sitios.

Esta é unha sabia sentencia, creo eu. ¡A ter en conta!

Así que volvo para a casa, a sentarme ante o ordenador para contarvos as novas do día e mais outras cousas, non sí antes comprobar que a curiosidade de Manuel e infinita…

—– ¿A ti pasouche algo no teu trebello?

—– ¿En que trebello?

—– No que escribes…

—– A mín non, Manuel, non. Pero toco madeira.

O “RANSOMWARE” XA ESTÁ CONTROLADO

Non sei si esta vez contan a verdade pero o goberno español di, o través do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), que o ataque cibernético que onte trouxo a tolemia a medio mundo, está controlado. Contan que o “Ransomware”, qué é unha variante do coñecido como “Wannacry”, pódese desprogramar mediante un dominio que desactiva e desinfecta automáticamente o virus. O INCIBE ofrece, tanto as empresas como os cidadáns afectados, un servizo gratuito de descifrado que ao parecer foi o que utilizou Telefónica. Si esto é así, parabéns os inxenieiros que conseguiron controlar a infección.

O meu hacker de cabeceira dí que os autores fixeron ruido pero non obtiveron o botín que presumían pese a que infectaron empresas e institucións de 99 países con mais de cen mil ciberaccións.

En España, Telefónica foi a única empresa das multinacionais que recoñeceu o perxuicio. Rusia foi o país mais afectado, con ataques a maior parte da banca e ós camiños de ferro, que tamén se viron afectados en Alemania. En Francia o ataque foi dirixido contra Renault i en Inglaterra os mais perxudicados foros os hospitais públicos.

Supoño que este ciberataque xa é historia pero o pouso que nos deixóu é o de que calquer tolo pode cambialas nosas vidas nun momentiño, por moitas defensas cibernéticas que teñamos.

Lembra o que che dicía onte: para que non fagan “majas” do teu ordenador fai a diario unha copia externa dos teus arquivos. ¡Ahí non chega naide!

Digo eu que haberá que celebrar que o “Ransomware” xa está controlado… si é que así.         

OS TESOUROS DAS RÍAS

Máis alá de Sálvora, de Ons, das Cíes… 

As illas protectoras son o contorno de pesca habitual de baixura nas Rías Baixas… Dende calquera delas se avista a minúscula silueta do pequeno barco en plena faena, como casca de noz que se perde no horizonte atlántico. Buscan o mellor peixe: a robaliza, o rodaballo salvaxe, a cherna, a pescada do pincho.

Pero as rías de Galicia, os máis belos estuarios naturais da península Ibérica, son o escenario onde se segue pescando dende unha gamela ou dende unha dorna.

Nas rías nace e medra o mellor marisco do mundo, o seu tesouro máis oculto e a maior fonte de riqueza para os homes do mar.

E cada ría ten o seu marisco especial, aínda que todos nadan en todas.

Estes son os máis populares tesouros das Rías Baixas. Os que se pescan a flor de auga dende a pequena gamela ou os que se agariman nas cetarias conservadoras, para preservar o abastecemento diario dos mercados e das lonxas.

Veña, a por eles, que hoxe pago eu.

A ENQUISA DE SONDAXE

No ecuador da lexislatura municipal “La Voz de Galicia” publica hoxe unha enquisa sobor da situación política municipal das sete ciudades de Galicia e abofé che conto que a vida segue igual neste país no que a política, din os meus colegas, é un mal menor. A ver, resumo.

O Partido Popular segue como está e os seus resultados son case os mesmos do 2015. O PSOE, con todos os líos, segue sendo hexemónico en Vigo, crece un chisco en Lugo, pero derrúmbase en A Coruña, do que se aproveita En Marea. En Pontevedra non hai quen desbanque ao BNG. En Ourense é o único concello no que crece o PP. E tanto en Santiago como en Ferrol En Marea aproveita o descenso do PSOE para manterse no goberno.   

Contan que un alcalde dixo algo así como…

—- Virxenciña miña fai que quede como estou.

Eso podería pedilo Abel Caballero, o alcalde mellor valorado de Galicia que casi alcanza un notable. Despois dil está o edil de Pontevedra, Anxo Fernández Lores cunha nota moi semellante. O terceiro é o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, moi por riba do aprobado. O resto… suspenden todos pero o que debería revisar a sua actuación e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez que é o pior valorado.

A ver; eu pensó que despois de dous anos de xestión as cousas non cambian moito, pero hai que ter en conta que nas próximas eleccións pode que haxa nomes novos na cabeza das listas dos principais partidos i esta valoración pode darnos outros resultados alomenos en algún dos sete concellos das ciudades galegas. 

O GALEGO QUE INVENTOU A CALCULADORA

Pode que non o saibas, pero a calculadora é invento dun galego. De Ramón Silvestre Verea García, nado no 1833, en San Miguel de Curantes (A Estrada) e licenciado en Filosofía pola Universidade de Compostela.

Ramón Verea emigrou a Cuba, onde traballou como mestre e onde se iniciou como inventor. A súa innovadora máquina de calcular presentouse na Exposición Mundial de Inventos de Cuba, celebrado en Matanzas.

Posteriormente marchou a Nova York, onde patentou a súa máquina no 1878, básica no futuro desenvolvemento das computadoras.

O invento aínda se custodia nas dependencias da sede central de IBM, en White Plains (Nova York).

OUTRAS NOVAS DO DÍA

#   Conta o Señor de Ribadeo, que non e outro que o alcalde Fernando Suárez, que si pechou o hotel da Illa Pancha foi porque ten…

—- Deficiencias técnicas e, dende logo, ao noso xuízo teñen solución. Entra dentro da responsabilidade do empresario resolvelas. Son cuestións relativas ao subministro de auga potable, ao saneamento e tamén da accesibilidade ao propia illa.

O caso e que o hotel no que foi reconvertido o faro mais emblemático desta parte da costa cantábrica está pechado desde onte. Tan só abríu perante un mes, xa que inaugurouse o oito de abril.

#  Chegaron os papabuxos o país e isto supón un problema porque estes bichos devoran a madeira de buxo de xeito letal, acaban co arbusto en apenas cinco días segundo dín os expertos.  Así que haberá que buscar un remedio porque poden destruir xardíns históricos como o de Castrelos en Vigo o mesmamente o marabilloso bosque de boj da Illa de San Simón.

#    Sobor do Festival de Eurovisión de onte a pior crítica que lín esta mañana foi esta: Italia levou un mono, Azarbaiyán un cabalo i España… un galo. Probe Manuel Navarro que foi a Kiev a confirmar o peor dos augurios coa sua escasa afinación.

#     Un neno pequecho apareceu as catro da mañán nunha rúa de Vigo, en pixama, contándolle os policías municipais que o atoparon “que andaba la percura da sua nai porque despertara e non estaba na casa”. A Fiscalía de Menores está a investigar se se trata dun caso de abandono de familia.

#    Outro record que batimos os galegos é o das vivendas valeiras. Do mais de millón e medio das rexistradas no país o 18’6%, e dicir, arredor de trescentas mil vivendas non están habitadas. Os expertos dín que esta situación se explica polo abandono do rural, onde se pechan casas que nunca voltan a abrirse.

#   E van non sei cantos. Corea do Norte lanzou onte un novo misil nuclear. Nos medios internacionais interpretase como a benvida de Kim Jong-un o novo presidente de Corea do Sur,  Moon Jae-in, partidario de principiar o diálogo entre as duas coreas. O caso é que está forzando a intervir a comunidade internacional, incluida China. A actitude de Jong-un non ten boa pinta.

#   Declaración oficial de Europol: o ciberataque do venres non rematou e se esperan novas actuacións dos hackers para mañá luns…   

AS ILLAS HABITADAS

Remato a crónica do día con dúas proposicións moi honestas…

Hai dúas illas que comparten beleza, valores ecolóxicos e turismo. Ambas as dúas sitúanse na Ría de Arousa e son o ideal punto de encontro para unhas vacacións.

Na orixe, unha é mariñeira, por iso é, simplemente, A Illa.   

A outra é exclusivamente residencial e turística. Chámase A Toxa.

Ambas as dúas están unidas é terra por senllas pontes. A da Illa é a máis longa de Galicia e o cordón umbilical que a uniu ao progreso. A da Toxa é un belo exemplar do deseño romántico.

A Toxa e A Illa gozan da luz especial do mar de Arousa, onde o mar se volve de prata ao mediodía e de ouro ao atardecer.

A Toxa é coñecida como “Illa idílica”.  Esta urbanizada con luxosos hoteis, pero discretos para unhas vacacións tranquilas, lonxe dos paparazzi, de aí a presenza de famosos no verán.

A Toxa ten campo de golf, instalacións deportivas, xardíns, dous grandes balnearios e un spa, piscinas con salitre de mar, e todo canto se precisa para o ocio.

A Illa de Arousa é, ante todo mariñeira. Por babor e por estribor. Crece o turismo de veraneo e polo tanto o sector servizos. Porque ten as mellores praias da ría e un espazo natural, o de Punta Carreirón, que forma parte do complexo intermareal Umia-O Grove.

A Illa de Arousa é a perfecta conxunción da forza das súas xentes de mar e a vida a pé de natureza.

Hoxe domingo é un gran día para ir a tomar un pulpo a Illa de Arousa ou para disfroitar das augas que sandan nos grandes balnearios de A Toxa…

Nunha mañá de néboa, desas nas que as gotas da chuvia da noite van directas dos carballos as cabezas e tés que andar a esquivalas, non pensei eu que foran motivo de conversación principal as primarias do socialismo español. E si, as miñas Marías teñen as súas preferencias.

—– Eu coido que o Patxi ese é moi triste. A min non me parece que poda ser un bo presidente.

—– ¡Ai! Eu se fora militante escollería ao Pedro. ¡E tan guapo!

—– ¡Parecedes homes! ¡Hai que elixir a unha muller e a única que se presenta e a Susana!

A todo isto, Manuel saca o sorriso da boca e dilles:

—– ¿Sabedes unha cousa? ¡Andades as tres coma o PSOE!¡Cada un tira para o seu lado e así lle vai nesta festa!

A min gústanme moito as conversas políticas da miña aldea porque son o fiel reflexo do noso concello de Ames. Hai tantos partidos na corporación como nacións representadas no censo da vila de Bertamiráns, a mais universal de toda las de Galicia.

Nembargante segue presente na nosa andaina, neste día tan gris como triste, o asunto do asasinato do neno de A Coruña, tamén xerador dun debate político no que se refire ao cambio da lei que regula as visitas os seus fillos dos pais maltratadores.

Verás. Seica o goberno central non quere cambios e pide “cabeza fría” para falar sobre estes asuntos. Polo contrario, o noso presidente teno claro:

—– É evidente que hai que privar da patria potestade os agresores.  

Núñez Feijóo levará o asunto a próxima Conferencia de Presidentes.

As miñas Marías, as tres, están con el:

—– Manuel, ¿E ti meterías un lobo famento entre as túas ovellas?

—– Pois non, claro que non.

—– Pois iso é o que acontece agora con esas feras, que os que fan dano as mulleres non son homes, son depredadores.

Nesto da violencia de xénero as miñas Marías o teñen moi claro:

—– ¿Vedes como o asasino ese non está tolo?

María Pereira, que pasa mais horas fronte a televisión que as que durme, refírese a que Marcos Mirás, o parricida de Oza, nunca foi diagnosticado por problemas psiquiátricos.

O que pon final a conversa sobre diste tema e o merlo que nos sae o camiño, xa preto da casa da Carmen, a sobriña de Manuel. ¡Hai que ver como arrechouchía!

—— Oe, Xerardo. ¿E será verdade que non hai camareiros nin cociñeiros para dar servizo no verán o turismo?

——  Será. Porque o que fan os hoteleiros é contratalos por dous meses e pagándolles canto menos mellor. Entón, os profesionais, todo los que poden, vanse a outros sitios onde os contratos, polo menos, son de seis meses.

Xa chegamos de volta a casa. Levamos unha hora e media de andaina e de conversa. Pero Manuel non se resiste a seguir falando e pregunta:

—— Oes… ¿Qué é iso de que atacaron a Telefónica e a outras grandes empresas?

—— Eso é outro asunto, Manuel. Indica o débiles que somos.   

O CIBERATAQUE

Ós que toman a broma este asunto dos hackeos que se están dando no noso espazo cibernético non saben a importancia que teñen. Tanta, que estes actos poden facer desaparecer a especie humana porque, hoxe en día, as nosas vidas dependen dos ordenadores para todo.

¡Maxinade que os ataques se dirixen contra dos hospitais. Ou contra os sistemas de navegación aéreos. Ou contra a banca. Ou contra os servizos da gobernación dos países. Ou contra os camiños de ferro! Si hai alguén capaz de inutilizar os ordenadores dunha empresa é de supoñer que hai hackers capaces de todo, como xa quedou demostrado nas eleccións dos Estados Unidos.

Hoxe medio mundo está cauterizando as feridas do ataque cibernético de onte, un “ransomware” (rescate de software) que infectou de xeito malintencionado os arquivos de miles de empresas de mais de setenta países, as que lles pediron cartos para ceibar o sistema operativo dos seus ordenadores.

Sómente aquelas empresas que fixeran copias ao marxe do sistema do ordenador teñen salvados os seus arquivos. Os expertos din que o cifrado non é reversible. O mundo está preocupado pola seguridade cibernética xa que está en perigo a organización económica e social do planeta.

Os ministros do G7 reúnense hoxe para reforzar a colaboración en contra do cibercrimen e todo los informáticos de ben andan a buscar solucións a un problema que nos colleu desprevidos a todos.

Hai outros feitos que indican que debemos de preocuparnos polo que Internet pode causar na nosa sociedade e baste como exemplo o último xogo que ten encandeados a moitos rapaces novos dos institutos españois. Chámase A Balea Azul, viralizado na rede.   

Trátase de unha lista de 50 barbaridades que rematan con lanzarse dun edificio alto. En Rusia, o suicidio de 130 mozos está vencellado ao suposto reto. Autoridades de todo o mundo acenderon as alarmas coa chegada deste xogo. Decenas de mozas están a facer o reto da Balea Azul, unha arrepiante lista de probas que pasan por cortes nas bonecas ata saltar dun edificio moi alto, rematando no suicidio.Máis de 130 mozos en Rusia morreron tras terminar a proba. No Brasil tamén deixou vítimas mortais.

A orixe do xogo xurdiu en Vkontakte, unha especie de Facebook ruso, na que varias noticias falsas ao expandirse polas redes sociais acabaron converténdoo en viral.

Segundo algúns medios rusos, o creador do reto é un novo estudante de psicoloxía de 21 anos chamado Philipp Budeikin. Expulsado da universidade pola súa estraña forma de pensar, Budeikin foi detido xa en novembro do 2016 pola súa relación co macabro xogo.

Has de ter coidado porque no mundo virtual non todo é saudable, sobor de todo para a xente nova, a mais vulnerable.

RODAS REPITE COMO A MELLOR PRAIA DO MUNDO

Un ano mais o xornal “The Guardian” elixiu coma a mellor praia do mundo a de Rodas, a máis grande do paraíso atlántico que preside a embocadura da ría de Vigo. E sen dúbida o mais internacional dos nosos areais.

E boa razón ten o diario londiniense porque o seu entorno, as Illas Cíes, son o gran paraíso atlántico.  

Hai nestas illas unha primavera azul de mar que as rodea con auga azul transparente xunto á rocha que se torna verde cando bica a praia. E ata Rodas, todas as primaveras, chegan máis suaves as atlánticas ondas, para depositar na area branca o seu sal elemental.

Por certo, este ano Galicia conta con 113 praias con bandeira azul, que acredita o excelente estado de conservación e a calidade dos servizos que podes atopar nelas. Sanxenxo, con once bandeiras, é o concello maiormente distinguido. 

#  Preocupa no campo galego a consecuencia do Brexit. Porque a saída de Inglaterra da UE supón que se van mais de 4.400 millóns anuais do presuposto xeral. Xa se anuncian recortes nos fondos de cohesión que afectarían principalmente as subvencións agrícolas.

#   A nós, ós que nos chaman maiores, alédannos moito as novas coma a do cumple de Paquita Salguero, unha coruñesa que chegou os cento tres; e coma seica anda un pouco xorda guasapea polo móbil. Polo visto ata vai a praia. Porque aquí o que dicimos e ¡Que nos pillara!. Mándolle os meus parabéns.

#    Polo visto a Fiscalía do Tribunal Supremo anda a investigar ao ex presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, por si cometera estafa. Infórmase que puido poñer garantías a favor da Facenda que xa estaban gravadas.

#     O que é unha verdadeira estafa é o dos radares de Tráfico no país, que están postos para cazar e non para previr como di a DGT. En Galicia hai sete deste aparatos colocados tan ben que figuran entre os cincuenta que mais recadan de toda España. Ten coidado cando pases por O Pino, Vilamartín, Fene, Mos, Redondela, e Baralla.

#    Eu non son nada de Eurovisión, do festival. Celébrase esta noite en Ukrania. Pero gústame moito que un portugués sexa o favorito, que os nosos irmaus sempre quedan fora nas semifinais. Chámase Salvador Sobral y seica madurou como cantante en Mallorca, cando estivo de Erasmus. Hoxe xa é dos mais famosos ao sur do Miño.

A BELA OTERO

Dende Camporredondo, o máis popular miradoiro de Valga, a vista alcanza o val do baixo Ulla, que foi a paisaxe infantil e adolescente que admirou Carolina Otero, á que o mundo aplaudiu como a Bela Otero.

Foi unha muller que me fascinou dende aquela primeira reportaxe que lle adiquei no “Diario de Pontevedra”. Nesta primavera de raioliñas que brilan como estrelas lémbrome de aqueles días que pasei en Valga mergullado nunha historia de sufrimento e luxo.

Contan que á beira do río sufriu e tamén amou por primeira vez. E foi o espello do Ulla o primeiro en descubrir a beleza dun corpo escultural, polo que perderon a cabeza nobres e viláns ricos, dun e outro lado do Atlántico.

Carolina Otero descubriu os praceres da riqueza en Lisboa e posteriormente en Barcelona, pero sería en París, no Folie Bergère onde adquiriu tal fama, que se convertería na grande estrela da danza, na máis popular vedete, de cantas bailaban nos escenarios mais importantes do mundo. 

A Bela Otero é unha mestura de drama e aventura, segundo nos fixemos na súa infancia, na súa esplendorosa xuventude ou na súa madureza. Naceu pobre, viviu rica e morreu arruinada.

A súa lenda, por ser tamén fermosa, está presente en todos os cantos de Ponte Valga, a parroquia onde naceu e en todas as paisaxes dun municipio con espléndidos espazos naturais.

Gústame lembrala cando todo o mundo a ten esquecida.

A TERRA DOS MIL VERDES

Se a auga dos ríos reverdece a pel do país… o verde é a cor que predomina no meu val cando te asomas a primavera. Este verde da terra nosa é un verde sobre o outro verde. Porque son mil, os tons verdes…

Segundo sexan de fraga, de bocarribeira, de faldra, de alto, de chairo, de piñeiral rumoroso, de souto ou de carballeira… ¡Todo isto é posible atopalo na paisaxe dos meus traxectos! 

E que saibas que o verde é tamén a cor da abundancia porque de verde se pintan tamén os prados e as leiras… I é nos campos cultivados, onde se oculta, misteriosa, a alma verde da miña aldea.

Déixovos por hoxe,  que vou na procura da luz que se asoma entre nubes, neste sábado segundo de maio… 

   

—– Coa Fouteza non chegou onte a noite…

A Manuel, ainda que é deportivista, sentoulle mal o empate do Celta en Manchester, que si ben estivo a punto de conseguir chegar a sua primeira final europea, faltoulle iso que é tan importe no deporte, a sorte.

—– ¡Outra vez será!

—– Sí pero os pobres temos poucas ocasiós, meu amigo.

Pois nada. Depor e Celta deixan atrás unha tempada en blanco. Que preparen a próxima que ista xa parece historia.

Estábamos aproveitando un fato de sol, dese de cercanía, cando chegaron o camiño do agro as tres Marías, todas salerosas, con outro conto.

—– Fíxeronse feministas.

—– ¡E non é para menos! Ise disgraciado que matou o seu fillo non debería sair da cadea na sua vida…

—– E dicían que estaba tolo…

—– Tolo… ¡É un maltratador!

As iras da miña xente vóltanse contra Marcos Mirás cando o xuiz, despois do interrogatorio de onte, no que o parricida se acolleu o seu direito a non declarar, mandouno a cadea. Este crime tan conmovedor fai que por aquí se pregunten…

—– ¿Ten un maltratador dereito a visitar os seus fillos?

As miñas Marías, a coro, respostaronme…

—– ¡Noooooon!

A conversa da mañá uníuse hoxe Elisardo, fontaneiro xubilado, do que Manuel dí que “ten moito peto e ainda chora pola pensión”. O que fai iste home, que fala paseniño e profundo, é botar mais leña o lume…

—– ¿E non sabedes o desa meniña de Lugo de 15 anos a que acosan as suas compañeiras do Instituto?

E cóntanos a historia desa adolescente que denunciou por segunda vez ser acosada por incluso exalumnas, que a agrediron e a insultaron…

—– A pobriña chamabanlle “coxa, piollosa, puta…”. Unha pegoulle e todas se ríron dela…

Todos chegamos a mesma conclusión cunha sentencia irrefutabel: ¡Hai que ser mais duros con istes nenos acosadores!  

OS TAXISTAS GAÑAN A BATALLA

Ós taxistas tocoulles a lotería. Ós de Bertamirans por segunda vez. Uber, xa e ilegal. O abogado xeral do Tribunal de Xustiza Europeo, Maciej Szpunar, dictaminou onte que esta plataforma dos Estados Unidos presta o seu servizo no ámbito do transporte e non na chamada “sociedade da información”.

As cousas son como son e a app de marras non e mais que un conto. Non queda dúbida de que cando alguén utilizaba un servicio de Uber para ir de un lado a outro estaba vendo un taxi e lle daba igual que fora legal ou ilegal. Pero non é menos obvio que a do taxi é unha actividade regulada, que ten normas que cumplir e tamén dereitos que defender.

De todolos xeitos estou seguro de que os políticos xa están pensando en meter o fouciño nas normas e aparecerá mais ben pronto outro modelo aberto a todalas posibilidades…

—– ¿E por qué dís eso?

—– Pois porque coñezo a poucos políticos o que lles disguste facer favores al empresas multinacionais…    

OUTRAS NOVAS DO DÍA

#  O vandalismo voltou a Ourense na pasada madrugada. Cinco coches foron queimados a propósito en Pedro Meogo e Ricardo Coutier, ruas paralelas do barrio da Cruz Alta. Coma queira que dous dos vehículos pertencen ao mesmo dono os veciños manteñen a teoría de que se trata dun axuste de contas.

#    No principio do ano 2016, unha parella de pontevedreses tivo un “apuro sexual” e púxose a faena nun caixeiro automático instalado na rúa Gutierrez Mellado. Unha xente que se percatou da historia grabouno cun móvil e convertirono en viral nas redes sociais. A parella denunciou a subida a Internet como unha agresión sexual, pero o xuiz arquivou a causa. Cando teñas apuros, aguanta… e procura un sitio axeitado. 

#    O censo de emigrantes galegos no extranxeiro con dereito a voto e de 450.000, nada menos. E segue a crecer, porque nos tres primeiros meses deste ano sumáronse 2.111 personas mais. O Senado español, sen embargo, pide a fin do chamado voto rogado. I eu pregunto… ¿Non é tan galego coma o resto o rapaz que tivo que emigrar a Londres o ano pasado? ¿Non sinte tanto como nós a Galicia ise home que tivo que marchar para Venezuela nos tempos difíciles? ¿Non son galegos os seus descendentes por dereito propio? Enton, que se deixen os políticos de mirar para os seus intereses, que o que fan sempre. O voto dos emigrantes e indispensable, ao meu xuizo.

#  Unha gran noticia para mín e a da consolidación no mercado americán, especialmente en Miami, de unha tella galega, “Teja S Verea”, fabricada por Cerámica Verea de Mesía. Cando chegou a crise inmobiliaria o noso país, esta xente apostou polos Estados Unidos e agora vende aló o 80% da súa producción. Por exemplo, o tellado do “Hotel Four Seasons Disney”, de Orlando, leva tella de Verea.

A RÍA DE BETANZOS

Os ríos son refuxio de aves viaxeiras nos cambios de estación e a pouco que os deixamos estamos no punto de encontro das augas doces coas augas salgadas. Aí comeza a máis popular das rías do norte…

É a unión final dos ríos Mendo e Mandeo a que provoca a ría de Betanzos. Son estes dous ríos os creadores dun dos máis fermosos espazos naturais desta ruta das rías do norte: o estuario de xuncos máis diverso que encontramos en Galicia.

A ría de Betanzos é de sereno mar e navegar tranquilo, de aí a grande afección aos deportes náuticos. Por iso o porto deportivo de Sada é un dos de maior crecemento desta costa.

Na sua beira podemos quedarnos hoxe e disfroitar da sua fermosura…