galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

Alborada

A festa do amencer

A alborada é máis montañesa que mariñeira. É rural, para nada urbana. Xa non só o feito natural do día que esperta, senón o costume de anunciar a festa popular.

É admirable comprobar. a partir da primavera e ata ben avanzado o outono, como o rural salvagarda os ritos e os costumes festivos, entre outros o folclore tradicional.

Do rico folclore galego, a alborada é todo un símbolo á marxe do seu valor histórico. É a música de pola mañá dun día de festa.

Da mañá máis temprana, do amencer.

É delicioso o espertar de calquera vila de Galicia o día da festa, que se celebra case sempre na honra da patroa ou do patrón, dunha virxe ou dun santo…

Inícianse os actos co estrondo dunha ducia de foguetes e bombas de palenque no momento en que comeza a soar a alborada.

Ás veces, interprétaa o quinteto tradicional ou a gran banda de gaitas. E outras, a banda de música.

Se é romaría popular, os devotos saben que é tempo xa de ir á igrexa e levar as ofrendas…

Porque estamos na Galicia do incenso e… da alborada; como escribiu o poeta…

E é a festa ou a romaría, a mellor mestura do espiritual e do pagán.