Auga

Nacimos como peixe ou medusa

A auga é o líquido elemental e imprescindible, dentro e fóra do noso corpo. Vimos a luz, tras a inmersión germinal nun ventre de muller.


Por iso a auga reverbera nas orixes difusas da nosa memoria e da nosa vida: é a morna flotación, o volteo ingrávido, o murmurio amniótico, a linfa materna…
A nosa vida iníciase como peixe ou medusa, de aí o pracer primordial que recuperamos ao mergullarnos…
No mar, no río, na piscina termal… ou nese útero doméstico que denominamos bañeira.

Porque nacemos da auga sentimos o pracer de alixeirarnos en remollo do noso peso adulto e as súas gravidades.

¡A auga é a Vida!

Nos días grises de outono é un gusto perderse na contemplación da auga gris e mais dos parrulos…

El placer de aligerar nuestro cuerpo adulto.

Un Comentario

  1. Pingback: CRÓNICAS [Las cosas sencillas]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *