galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

CULTURA CRÍTICA

NAO & TANXUGUEIRAS & SONDARUA

“Fomos a besta durmida que se ergueu da cova famenta e ferida.

Fomos a nao conquistadora de ritmos, dereitos ergueita na gorxa do pobo.

Na batalla constante,

na pelexa valente,

na festa indecente,

na ruína inmensa,

estrelas vermellas na Matria.”

(Nao)

Son versos escritos pola guerrilla hard rock do país: Pablo, Amós, Gustavo e mais Paul. Ista Nao botamola de menos nestes días nos que a cultura é unha necesidade vital de esta sociedade medio morta por un puto bicho e o malfacer dos que mandan. Esta xente de A Estrada voltará o ano que ven a escea da reivindicación co seu comprometido compromiso. ¡Cómo me anima esta xente! Veña, sigamos o compás e leña contra os aldraxes.