galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

DE GUERREIROS E POETAS

TRES POETAS +

Por J. Javier GARCÍA PENA

Vóuvos contar un conto que non é tal.

Farán setenta anos do pasamento  dun dos maiores  poetas que tivo nacido en España, Miguel Hernández. Os últimos anos da súa vida foi un contínuo mudar de cadeas franquistas en cidades e poboacións o longo e ancho da xeografía nacional española,sendo unha d’elas  onde,  séculos atrás,  finara outro español insigne, pola forza das armas: o mestre don Rodrigo Manrique, ”tan famoso y tan valiente” .

A cidade onde coincidiran os camiños dos nosos compatriotas  ilustres chámase Ocaña, comarca de castelos, señoríos, campos de boa herba e outeiros de pedra.

O conto é  que o peleante Manrique deixóu no mundo, ademáis de cartos abondo, un fillo que  lle adicóu uns dos máis celebrados versos en castelán, xa non  da Península, se non do mundo enteiro: as arquicoñecidas  Coplas por la muerte de su padre, sentidas estrofas do seu fillo Xorxe Manrique. Fóise Rodrigo con setenta anos ven vividos e peleados; e deixóu este val de bágoas  ”cercado de su mujer y de sus hijos y hermanos y criados”.

Xorxe, sen dúvida un home dado a reflexión e o análise do seu entorno, legóunos  un interesante  estudio das motivacións da ialma humán.

Él tomóu boa conta da fraxilidade da vida e o pouco sentido que ten  acumular  títulos  que non han de servirnos  na hora de  esquivar a morte , esa “mar a donde  van a dar  los ríos de nuestras vidas”  que a ela  van  a “se acabar y consumir” e onde son achegados,  por igua,l “los que viven por su mano y los ricos” e trata  “a reyes, emperadores y prelados ,como a los pobres pastores de ganado”.

Seu nomeado pai non se destacóu pola pluma, se non pola espada, que as veces, según a comenencia dos tempos, esgrimíu  colléndoa pola punta e trasformándoa en cruz cristiana.

O bon Xorxe atopou consolo  a perda do seu pái nos mesmos féitos heróicos  de éste, e rematóu seu chorado canto  dicíndonos  que “aunque la vida perdió dejonos harto consuelo su memoria”.

O outro español do conto, que coñecera o encerro en Ocaña, antes de finar en Alicante, non corréu con tanta boaventura coma o Mestre. Tiña, somente, trinta e un anos. E tamén foi guerreiro, non en defensa das súas leiras nin cotos, se non dos máis altos intereses que se poden defender: as ideas de xusticia social.

Outro guerreiro e soldado, tamén español, pero manchego e manco, ensiñóulle  que aínda no más negro da cadea pódense escribir as máis trascendentes letras do pensamento universal, porque as ideas, ao contrario dos vicios, teñen vida e luz propias. E non morren.

O Miguel do conto sabía qu’este outro Miguel,- a quèn ademiraba pero non coñecéu, porque nacera  moito antes que él-, escribira sin lume e sin o uso dunha man, nos calabozos dos turcos. E sabía tamén co terco castelán escribiría aínda sin a outra man e sin os ollos , si cadrase.

 O maior negrúmen do encerro sófreno os mesmos gaioleiros que, coma é ben sabido, non pensan nin pensaron, nunca pensaron;  probiños…

Víñache, Miguel, de unha familia do outro extremo da escala sociál: de probes pastores de gando, como o vaticinara o Xorxe, fillo poeta do rico Manrique, catro  séculos antes.

Nin morreu nun palacio, nin rodeado de familiares  ou achegados. Moito menos de sirvintes. Foran seus derradeiros confidentes os muros e os barrotes da gaiola en que fora a dar cos seus osos tísicos pola fame e máis polo mal trato dos seus cancerbeiros , que chegaron a creer que “morto o can acaboúse a rabia” . Máis eles, os tristes gaioleiros, non pensaron que facíanlle guardia e vela ao futuro de España.  Non pensaron que a vaina que garda a semente pode estar seca e aínda  podre. Pero a semente ten vida. E a pouco que dé en terra boa, parirá o que deba parir.

Cando viron o corpiño frío,consumido pola tisis, sorríron e quixéronlle pechar os ollos . Pero esos ollos que quixeron cegar resistírunse a o encerro. Entón, superticiosos como bós cancerbeiros, palideceron e non volveron a intentalo.

Miguel seguíuos mirando, atravesando seus corpos sin ialma, vendo a traveso de éles, porque vía o futuro.  Víanos  a nos. E non pensaron, porque xa se sabe cos gaioleiros de todos os tempos, de todas as nacións, de todas as tiranías, non pensan. Só teñen medo, e o medo, pai e nai da crueldade, é  o  enemigo irreconciliable  do pensamento.

Miguel Hernandez, español,maior de edade, pastor e fillo de pastor, guerreiro por necesidade e poeta por vocación , trascendéu por sí mesmo,sin bastóns nin elexías  alleas, porque ele foi seu propio poeta.

E, tamén, o noso…

SALIDILLA