DÍA DE GALICIA, FESTA RACHADA

Os galegos somos moi festeiros. Inventamos festas para rezar, para comer, para bailar e mesmo para revivir a historia. E iso, a pesar da “sombra negra” que a poesía botou riba de nós. Porque somos mais de sol que de néboa malia a mala reputación climática. Nós, amamos o verán.      

A partir do San Xoán é cando deixamos a melena solta para ir a peregrinación, a verbena popular ou ó festival de Ortigueira.

Os santos e as virxes teñen todo que ver coas nosas festas, que non hai unha só que non sexa de devoción relixiosa. E tamén temos, por suposto, santos e virxes que brilan de xeito especial no noso ceo.

A Virxe do Carmen. San Andrés de Teixido. Nosa Señora da Franqueira. San Pedro de Cudeiro. A Virxe das Candelas. O San Froilán. Nosa Señora da Barca. A Peregrina, Santo Tomé de Ames, San Benitiño de Lérez…

E, por suposto, Santiago Apóstol.

Cada 25 de xullo hai máis festas en Galicia en homenaxe a Santiago que orquestras para animalas, ¡Que xa é dicir! Debe ser porque, ó apóstolo, débelle Galicia non só patronazgo, e ti ben o sabes… Porque Santiago siñifica a orixe das peregrinacións e do noso turismo, que xa figuramos como destino na primeira guía da historia, o Códice Calixtino.Ademais, o meu amigo Sanxuás di que, nos tempos de Franco, o Apóstolo foi o primeiro en chegar as “manifestacións” do Día da Patria para protexernos dos “grises”…

No verán de Galicia hai miles de festas, pero a do Apóstolo é moito máis que unha celebración, sexa oficial ou informal: é un sentimento. Porque sempre foi un día de fe ou de reivindicación, nunca de medias tintas. É, por iso, que o chamamos Día de Galicia uns… e os outros Día Patria Galega. Asegún.            

O 25 de xullo, ademais, é a data na que chega o maior número de peregrinos a Compostela, cando os emigrantes retornan de vacacións e o pico mais alxido do turismo de verán.             

Tamén é a nosa noite de fogos, o noso desfile militar, a nosa demostración de fe, a nosa manifestación, o noso festival, a nosa actuación, o noso concerto…

Por iso a nosa gran festa ten mais de mil motivos para sair nos telediarios mostrando a verdadeira cara deste país que, tratándose de festas, é único.

Contan as crónicas que comezou a ser unha gran festa, este día da Nosa Patria, nada menos que en 1924. O 25 de xullo no que Avelino Cachafeiro, o gran gaiteiro de Soutelo, gañou o primeiro concurso de gaita oficial que se celebrou no país. Daquela convertérase de xeito público no mellor gaiteiro daquel tempo.

Gañara tocando a “Alborada galega” de Pascual Veiga. O xurado foi presidido por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, toda unha honra para a mais esgrevia figura musical popular daquela época.

   

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *