galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

DOUS ANOS XACOBEOS POR DIANTE

SANTIAGO, A CIDADE UNIVERSAL

Compostela, aquil Campus Stellae do antigo Códice, soñouse a si mesma para converterse nunha lenda. É por iso que atopou refuxio na arte da súa monumental pedra, a catedralicia, a súa paisaxe urbana máis universal.

Desde a fermosa catedral creceron torres buscando o perfil do vento no ceo, ao mesmo tempo que a luz descubriu a memoria barroca da fachada.

As torres son o horizonte que persegue a universalidade do peregrino, que só achará o éxtase na petrificada praza do Obradoiro.

Pero a paisaxe granítica esténdese por todas as prazas e rúas do antigo Santiago, por onde pasa a diversidade cultural do mundo.

Mesmo pola noite, cando a luz do home ilumina siluetas furtivas fuxindo da choiva en busca da lúa, baixo os soportais, tamén pétreos.

A paisaxe de pedra é o segredo da máis pura perfección urbana da cidade universal.

Compostela é tamén unha venerada ancián monumental que sobrevive ao paso do tempo e esconde poderes detrás das murallas do antigo convento.

Alí vive a xente contemplativa que preferiu a aventura mística, na máis profunda soidade, para perseguir o pracer cósmico de estar máis preto do divino que do humano.

Nos conventos se atopan as criaturas de Deus feitas a súa imaxe e semellanza, para que esta cidade apostólica e galega sexa máis divina.

Detrás da estética das paredes conventuais hai unha experiencia relixiosa de tal beleza interior que é capaz de espertar a nosa espiritualidade secular.

Esta cidade de Santiago tamén é universal porque ten unha razón de ser. As peregrinacións desde a antiga Europa foron o motivo da sua orixe e por elas se converte desde o século X no «eixo do cristianismo».

As crónicas Calixtinas así o contan, aínda que as peregrinacións alcanzan o seu apoxeo no ano 1.179, data na que a Igrexa institue o Ano Santo ou Xubileu Cristián que se celébra cando o 25 de xullo cae en domingo.

Deste xeito, as peregrinacións foron labrando desde a alta Idade Media todos os camiños que chegan á Catedral, os mesmos sendeiros xacobeos da modernidade.

De feito, hai sete rutas recoñecidas en que a materia e o espírito coinciden actualmente, porque supoñen, ademais dun feito espiritual, un encontro coa natureza e a arte. Camiñando por elas, veremos como a pedra ten alma e a arquitectura dalle forma espiritual.

As igrexas monumentais e a arte que atopamos nos camiños son, entón, os símbolos da fe.

Pero os peregrinos percorren paisaxes cheas de maxia, de natureza viva. De historia e de lendas. De cultura. É por iso que os Camiños de Santiago aínda espertan o interese de quens buscan o esotérico, o lendario, a alquimia. O mesmo que, fai mil anos cristiáns, espertaron o interese dos masóns e dos monxes templarios.

As peregrinacións son o feito que convertíu a Compostela no eixo do cristianismo. Como Xerusalén e Roma.

Pero traspasemos o muro imaxinario que tiña a cidade medieval, para contemplar cómo se transformóu esta Compostela do terceiro milenio.      

Aquí está a cidade procreada pola modernidade:       

É universitaria, culta e divertida.

A pesar da verticalidade, a nova arquitectura tamén crece granítica.       

A música nova soa sinfónica.

A arte desterrou a negra sombra e atopa máis luz e forza na xeometría do museo moderno.       

Un multixardín verdea a paisaxe urbán.       

A xente camiña pola mañá, pola tarde e pola noite cun ritmo doce e calmoso.       

E á madrugada, antes de que a luz do home se apague, renacen os volcánicos soños de vello café, ao compás dun piano.

De hoxe en diante tes dous anos Xacobeos para disfroitar da cidade e da festa. Sempre serás benvido.