galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

Encrobas

Aquela loita popular con himno e cura propios

A historia das Encrobas foi pouco contada nesta Galicia da modernidade. É o testemuño da loita popular contra o franquismo establecido e contra os seus múltiples abusos de poder.

É tamén a crónica da primeira das batallas que a xente nova dos anos setenta libraríamos en defensa da Terra e da natureza amada, apoiando unha valente iniciativa veciñal.

As Encrobas é hoxe a memoria estética, fotoxornalística,  dunha loita desigual, e da morte anunciada dun fértil val, por mor da extracción de carbón.

Aquela loita tivo o seu líder ao que lle chamaban o “ché” galego; un cura singular, o sempre recordado Moncho Valcarce.  Tamén tivo o seu himno, a cantiga popular de Fuxan os Ventos. E daquela rebeldía xorde así mesmo un espírito de vitoria, que deu orixe á primeira formación ecoloxista do país, Adega.

É verdade que, malia todo, aquela mina deixou ao descuberto o negro subsolo do val hermoso, pero polo menos aqueles case mil veciños cobraron un mellor prezo polas súas terras e As Encrobas converteuse en exemplo de rebelión e loita popular contra a inxustiza.

Agora as minas de Meirama e a de As Pontes xa foronclausuradas. Ápagase así a chama acesa polo carbón galego. Para mal e para ben.

Ata que un día chegaron os gardas para impoñer o expolio mandado…