GALICIA E MAIS TODOS NÓS

Por Alberto Barciela

Na memoria de Antón Fraguas

Este artigo é consecuencia dunha reflexión sobre Galicia, para situala nos imprecisos límites desa realidade descomunal chamada globalización, un mundo sen dúbida de posibilidades aparentemente ilimitadas, pero tamén un estado de urxencias perpetuas, case insaciables e unha seria ameaza para a identidade cultural dos pobos. Estamos ante un exercicio incompleto para que os galegos, aportando ideas desde a pluralidades e a diversidade de pensamentos poidamos dotarnos dunha filosofía de reposicionamiento ante os cambios mundiais, construíndo como un enorme mecano cuxas pezas esenciais xurdan das experiencias luminosas, coloreadas, das virutas biográficas, esencia de vidas dos fillos desta terra de Breogán.

Os galegos pertenecemos a unha estirpe fatal e barroca, de inquietudes perpetuas pero tamén de disimulada tenrura. Os nosos estímulos nacen da sensibilidade, da reflexión e a análise, dunha actitude permeable e disposta sempre á acción; pero tamén da espontaneidade e do estímulo que atopamos en canto poida favorecer aos nosos amigos. Somos pensamento, formación e sabedoría; os nosos propios personaxes: colosais, conmovedores, constantes en cousas espléndidas e en entrega ao traballo. Seres de emocións densas, explosivos cando o frasco das esencias soborda. Somos como somos. A nosa obra é variada, inqueda, rebelde -a rebeldía é unha característica moi galega-. Somos uns rebeldes románticos. Só así, intuíndonos é posible entender algo do carácter galego.

Cheos de premonicións, regalámonos un amarre en tempos de zozobras. O dictame do mundo fala dunha realidade desmesurada en présas e aconteceres. Antes todo era menos urxente, máis repousado e quizais máis sabio, todo transcendía ao ritmo do andar polos camiños, do carro de bois ou do Castromil, que tanto amaba Otero Pedrayo.

Cantís nas Illas Cíes

Agora, as présas esixen un fundamentalismo ata das cousas sinxelas, inmersos como estamos en rancios resentimentos cara a todos, non se sabe moi ben debido a que, nin exactamente por qué. E, no medio de tantos ruídos do sistema, das urxencias, das présas innecesarias, de tantas ambicións, de tantos separatismos políticos e tantas desunións persoais, apetéceme invitar a refuxiarnos nas importancias: na amizade, na conversación, no reencontro co que un recoñece, partindo si é preciso dos escenarios inocentes da infancia. Son cautelas xurdidas dun pobo sabio, habitado polo duende da bonhomía e o misterio da palabra, capaz de determinar un novo espazo de convivencia sen salir dun territorio e unha cultura moi vellas.

Solpor no Fin da Terra

Agora, cas redes discorremos con liberdade e non pouca incomprensión por corredoiras de vidas e sentires alleos, para facelos propios, comúns, adherimos novos afectos e filiacións, non sempre contrastados. Iso supón unha oportunidade, pero tamén un serio perigro para o propio, unha  ameaza invisible para o que nos fixo fillos dunha cultura maravillosa.

Temos que defendernos coa decisión dos irmandiños, co entendemento dos emigrantes, ca persuasión de que si é posible a convivencia con outras culturas, todo a de comezar por querer a propia. Para gañar espacio na universalidade teremos que completar o noso mecano, entrevistando si é preciso ao orballo, ao horreo de Carnota, ao pan de Cea, ao polvo e á dúbida. E con todo iso poderemos construír algo moi fermoso: a Galicia do século XXI, a nosa visión vanguardista da Terra Nai, para ofrecerlla ao mundo cos nosos poetas, ca pesca,  ca moda,  o ca costa atlántica e co Camiño de Santiago. Un galego coñece moi ben a universalidade, e tamén sabe como facer moito do pouco ou do pequeno.

Praia de primavera

Os ensinos que encerran os novos datos serven para algo máis que para descubrirnos que outros galegos existen, que fixeron ou fan cousas importantes e que o fixeron ou fan desde a formación máis esixente e desde as responsabilidades máis enriquecedoras. Serven tamén para confirmarnos que na xenética galega escríbese a necesidade de vínculo, de vínculo á terra, aos outros galegos; de vínculo a nós mesmos como pobo que somos, como Nós; de vínculo ao que fomos, o que somos e o que seremos.

Un é do lugar ao que sempre regresa… Un punto de encontro no pensamento universal dos galegos universais, un lugar ao que se chega a través dunha peregrinaxe biográfica por identidades diversas, tecidas e destecidas con maestría para construír a memoria colectiva dun pobo. Galicia é o principio e o fin do devir vital de cantos nos sentimos os seus fillos. É, ademais, un lugar xeográfico de singular beleza.

Nasas no porto de Aldán

Galicia é igual e é distinta, é plural e diversa. É o que cada un percibe en cada momento. Inabarcable en toda a súa extensión e exactitude, contraditoria na súa aparencia. É terra xenerosa en rutinas bárbaras, tópicos que intentan definir o indefinible. Galicia é feitizo, maxia natural que obra efectos extraordinarios sobre cantos intentan constreñila a un mapa, a humidade, a verde, a morriña, a naufraxios, a preguntas, e a escaleiras que non levan a ningunha parte. É terra encantada que sorprende aos non iniciados, aos que arriban buscando nela só o que esperan atopar, tópicos.

Hai que dar coa fórmula máxica, co conxuro preciso que permite acceder a todas as galicias imaxinadas, queridas, soñadas, añoradas, gozadas… por cantos se senten galegos, nazan onde nazan. É o seu un tecer e destecercontinuado de achegas baseadas na experiencia, na evocación, no recordo, no pasado ou no presente, ao longo dunha travesía plena de escalas en paisaxes humanas deslumbrantes, apenas intuídos. Cos persoeiros, coas palabras dos interlocutores, cos pensamentos, cos sentimentos, Temos que construír un imaxinario enriquecido, colectivo, que demostre ser evolutivo en vangarda. Ás veces deixaremos albiscar unha nova perspectiva desde unha sinxela alusión, outras o faremos cunha imaxe precisa, pero o conxunto traduciranos o sentimento, a emoción compartida. Así, desde cada valor individual nace a enerxía que asegura a navegación cara a destinos inéditos. Nese discorrer chega a presentirse a Galicia que seica máis se achega á Galicia real.

Rosa mística de pedra

Movidos por esta maxia especialísima, de saberes diversos, todos valiosísimos, nunha singradura polo mellor da intelixencia galega. Este é un percorrido chamado a recalar en portos por construírse, nas xeracións vindeiras, nas vidas daqueles que con seguridade deseñarán novos imaxinarios, que vivirán avatares e aportarán paisaxes humanas ata agora impredicibles, que serán máis ou menos cultos, máis ou menos afortunados, e que residirán máis ou menos lonxe, pero que por esixencia xenética necesitarán participar dun referente emocional colectivo.

Os pelegríns ao final do Camiño

É tamén o escaparate da vida no que nos vemos reflectidos co orgullo de Galicia como bandeira de unidade en España e Europa. Vincúlanos un sentimento único e indivisible cara a unha Nai que é Terra e que en Rosalía, en Curros e en Ramón Cabanillas foi poema, xeografía en Otero Pedrayo e en Antón Fraguas, universidade en Fonseca, aristocracia no Conde de Gondomar, celta en Pondal, conto en Fole, revolución nos Irmandiños, regionalismo en Brañas, surrealismo en Maruja Mallo, esperpento en Valle Inclán, Nobel en Cela, realidade máxica en Cunqueiro, caricatura en Castelao, pedra no Mestre Mateo, arquitectura en Antonio Palacios, moda en José Regojo, Amancio Ortega ou en Adolfo Domínguez ou en Roberto Verino, gastronomía nos Amigos da Cociña Galega, no Grupo Nove, música en Carlos Núñez, Luz Casal, Cristina Pato. Aquí están María Casares, Torrente Ballester e Francisco Leiro e Nélida Piñón ou o propio García Márquez, Machín ou Bebo Valdés, incluso Picasso, polos seus anos coruñeses. Están as avoas e os mestres, os mariñeiros e os agricultores, e as paisaxes e os camiños e as corredoiras, as cidades e os mil ríos, rías, tres millóns de lugares, un millón de vacas e 688 millóns de árbores. Aquí están, sí, para dar testemuña de Galicia en estado puro. Todo importa.

A Seara, no Courel amado

E hai que dicir que sí, que sen renunciar a nada nin a ninguén, un é do seu país e da súa paisaxe, da súa historia e dos seus soños, ata das súas utopías. E trala viaxe ou en plena viaxe é bo polo menos quedarse cun mesmo un intre. Así, todas as palabras e sentires expresan unha enriquecedora cultura de convivencia entre o galego e o español e o luso-brasileiro, os ecos de case un mundo que resoan para sempre entre os recordos máis queridos de todos os galegos; palabras que foron historias fronte á lareira e a trepidante trasposición dun país que en pouco máis de cincuenta anos experimentou unha transformación colosal, impensada ata polos máis optimista.

A nova Galicia instálase na súa vella e decidida vocación, atlántica e europea, que define, de forma singular, o posicionamiento da nosa terra nestes tempos de cambios trepidantes e vertixinosas transformacións. A fin do mundo dos romanos, a meta dos pasos peregrinos xacobeos, a Terra Nai de millóns de emigrantes, é, como demostra a súa historia, especialmente sensible ás correntes dos tempos. Nada lle é alleo a Galicia, nada lle resulta inalcanzable a un pobo de vocación universal, afeito a crecerse ante os retos, por difíciles que resulten.

Auga de vida

O momento é o máis oportuno para o reencontro. Neste Terceiro Milenio, o Finisterre rexorde dos seus propios tópicos para ofrecer un marco de realidades plenamente inmersas nas vanguardias mundiais. Como non, están a choiva e a pedra, permanecen o granito e os mil ríos, rías e as néboas, o verde e os bosques. Todo o que definiu a mellor das Galicias mantense inalterable, disposto a acubillar baixo o seu manto de morriñosa saudade á nova sociedade, na que todos cabemos, os que se foron e os que se quedaron. E ata, se volvemos a apelar ao máxico, os que xa non están.

Ante os ollos do observador atento, Galicia móstrase verdadeiramente sorprendente nas súas manifestacións máis recentes: o deseño, a calidade. Así, trala densa néboa dos tópicos escóndense os éxitos de empresas de referencia no mercado mundial da moda; os aromas afrutados duns dos viños brancos máis premiados do mundo, os albariños, os ribeiros, os godellos; a industria xoieira máis puxante; a consecución de patentes mundiais de produtos famacéuticos; unha industria pesqueira capaz de liderar o mercado mundial; estaleiros que exportan portavións; empresas automobilísticas; redes de alta capacidade; tres universidades e sete campus; tres aeroportos e centos de quilómetros de modernas autopistas e vías rápidas; os Cluster. E así ata mil posibles citas sobre as que asentar as bases dun futuro máis que esperanzador. Un futuro que comeza polo coñecemento de nós mesmos, polo reencontro nun andén ou nun peirao de esperanza, esta vez para exportar produtos, non para emigrar.

A cor da primavera na aldea

Temos que descubir esoutro país impensado dentro de Galicia, ese mundo do cal non tiñamos conciencia. Un espazo máxico de sentimentos compartidos e personalidades dispersas. Afastadas polo tempo, o espazo, o descoñecemento ou a compracencia. No traballo que propoño conxúgase a síntese xusta dunha nova filosofía do reencontro, a invitación a un faladoiro de sentimentos compartidos e agora xa si expresados.

E entre todos, alegrámonos na idea de ternos reencontrado no desexo de novos horizontes para nosa vella Galicia, e na nostalxia, e na utopía, quizais, pero sempre co denominador común do agarimo e da comprensión cara a unha forma de ser e de entender a vida, ata aquí, no país da choiva que ten que afrontar o cambio climático.

A maxia das meigas que voan

E nese xusto medio entre o mundo e Galicia, entre a evocación e a realidade, entre a orixe e o porto de destino, no territorio do emocional, situamos un punto de encontro sempre posible para celebrar a vida, dimensionando as experiencias e utilizando a terra como eixe sentimental, conscientes de que quen mellor conta a historia é a propia vida.

Temos que facer unha relectura de Galicia, un plan extratéxico que por riba de sentimentalismos e de políticas localistas nos, para sorpresa de moitos, faga que o Terceiro Milenio siga facendo de Galicia un punto de referencia obrigado na sociedade do ciberespacio, española, galega, universal.

(42) Comentarios

  1. O que nos mata somos nós. Estando totalmente dacordo con iste artigo a Xunta debera pensar na reeducación da nosa sociedade para alcanzar todo o que se nos pide. E dicir, que fagan campaña para que principiemos a crer en nós, e non esas outras publicidades sobre o que producimos.

  2. Eu coido que non somos victimistas, fannos víctimas pola pouca valoración que lle conceden os políticos o pobo, nin xiquera en campaña electoral.

  3. O que eu che pregunto, Alberto Barciela, e ¿quen nos une para que valoricemos o país? ¡Istes líderes andan a pensar noutras cousas, paréceme a mín.

  4. Confiemos nas xeracións vindeiras porque a nosa e a dos nosos fillos anda medio escarallada coma consecuencia de tanto desafecto, o que nos trouxeron quens gobernan para ricos e non para ise pobo que unido endexamais sería vencido.

  5. O que pasa que cambiar a un galego e mais difícil que sementar millo nas pedras. Porque parece que andamos coma o tempo ou a política, e dicir amouchados. A reflexión que se fai no artigo é preciosa… pero o estado que se propón inalcanzabel polo noso carácter.

  6. Vexo moito pesimismo neste foro… ¿E que por qué non viramos a nosa maneira de ser? Temos que botarlle daquelo que sempre se bota, con b. Algún aprenderemos a votar, con uve.

  7. Ahí lle doe, a desunión. Pero eso é consecuencia dos personalismos, do egoísmo, “da vaquiña e miña e ninguén se leva o leite”. Empezan os políticos coa sua guerra e a sociedade vai detrás. A ver si esto cambea algunha vez.

  8. Para mín a globalización é un feito e Galiza non se salva. Pouco hai que facer con pistolas contra misiles. Hai uns poucos que dominan todo e nos imos detrais, pero que moi detrais. Está ben ser optimistas pero tamén temos que ter en conta quen é o inimigo.

  9. Para mín a globalización é un feito e Galiza non se salva. Pouco hai que facer con pistolas contra misiles. Hai uns poucos que dominan todo e nos imos detrais, pero que moi detrais. Está ben ser optimistas pero tamén temos que ter en conta quen é o inimigo.

  10. Moi bó artigo, Alberto Barciela. Pero non esperes consecuencias positivas porque os galegos somos así e por eso se dí que TEMOS O QUE NOS MERECEMOS.

  11. Lo malo que tenéis los gallegos es que siempre estáis llorando. No hay dios que os empuje hacia adelante con todo lo bueno que tenéis aquí. Llevo viviendo en Malpica 17 años y no supero las quejas de mis vecinos que por tener lo tienen todo. Muy bueno el artículo, refleja perfectamente lo que es Galicia.

  12. Cada uno es como es y yo estoy muy contenta conmigo misma. Eso sí, jamás esperé que nadie me ayudara porque en Galicia nos falta generosidad, además de espíritu emprendedor. Pero aquí se vive muy bien y tampoco veo mucho interés en ser mas modernos de lo que ya somos.

  13. Pois paréceme moi ben que busquemos todos xuntos un punto de encontró para darlle pulo a este país, que ben se ve que anda necesitado. O caso e que primeiro teñen que empezar os partidos políticos e xa vedes como anda a esquerda, dividida ata mais non poder. Neste país anida un partido nas polas de todolos carballos. E hai carballos a esgallo.

  14. La magia de Galicia está en todos los gallegos, como mi padre, que soñaba con una escoba de meiga que le trasladase a Muiños. Yo nací en Avellaneda pero algo hay dentro de mí que me dice que soy también gallega. Creo que el artículo expresa muy bien nuestro carácter y la invitación que hace el comentarista es de gran calado. Creo que debería hacernos pensar a todos en el porqué la gente sigue emigrando. Un saludo desde Buenos Aires.

  15. Nos somos así. Primeiro eu e despois os demais. A miña leira ten que ser a mais limpa, o meu barco o mais xeitoso, a min que non me toquen os cartos… Todo iso atopase nos nosos pensamentos. E así non se vai a ningunha parte. Eso sí, sempre dicimos aquelo de saúde compañeiro… cando o compañeiro se atopa enfermo.

  16. Noraboa polo artigo, Alberto Barciela. E o fiel refrexo do país i eu creo que si nos poñemos a traballar todos xuntos cara o futuro, comenzando pola política, o galo cantará mais ledo e con mais forza.

  17. Enhorabuena a todos los gallegos que pueden disfrutar de su tierra, de su cultura, de todos sus encantos. Algunas no tenemos esa suerte porque Galicia nos mandó al extranjero en busca de la vida.

  18. Pois veña! Buscade un Che Guevara polas aldeas a ver si somos capaces de facer unha revolución que nos permita avanzar e competir cos demáis. Xa non digo os demais europeos, senon cos cataláns e cos vascos, os grandes favorecidos polo centralismo tradicional o que nos sometéu de sempre a dereita española. Pero vós seguide votando así…

  19. Xesta. Véxote un pouco derrotista contigo mesmo porque a xente que eu coñezo e de outra pasta. O artigo ten un trasfondo –asegún eu interpreto- adicado as persoas coma ti: namentras teñamos que sorportar o voso egoísmo non atoparemolo xeito de pular hacia adiante, porque sempre habrá alguen tirando de nós hacia atrás. Pensa nesto que che digo e cambea de pensamento, ponte en positivo i esquece a envexa e demais “virtudes”

  20. Gran artículo, con muchas verdades. Tenemos de todo y el suficiente carácter como para encarar un futuro mejor. Por favor, como en los viejos tiempos, agrupémonos por gremios y luchemos como lo hicieron nuestros abuelos que fueron la generación ejemplar.

  21. A ver si alguen fai copias de este traballo e as reparte entre esa xente de esquerdas que só persegue o seu éxito persoal, por eso se crearon tantos partidiños.

  22. Felicidades a todos en la fiesta de la cultura. Tuve que emigrar de joven tan lejos que ya no me queda nada de gallega, solo la morriña y para eso centrada en cuando era niña. ¡No sabéis lo que tenéis!

  23. Felicidades polo artigo, Alberto Barciela. Pero perde coidado, por aquí seguirán dicindo que chove moito e non sabrán nunca si e auga ou mexo.

  24. Los gallegos sois una gente bravísima y la mayoría de los que yo conozco son grandes emprendedores. Un saludo para la gente de Beariz desde Mexico D.F.

  25. Muy buena reflexión pero para que los ciudadanos podamos aunar esfuerzos debemos contar con medios e infraestructuras como los demás y de momento hay dos provincias que tienen aislada la mayor parte del territorio, Ourense y Lugo. Pero… ¿Sabéis que es lo peor? Pues que siguen votando a los que les marginan.

  26. Bueno, pues empecemos por elegir a los alcaldes que valen. Echemos a esos caciques que llevan 30 años tomándonos el pelo y démosle una oportunidad al futuro que cada uno concibe para si mismo, porque a lo mejor no todos pensamos en riqueza sino en bienestar, simplemente bienestar.

  27. Me quedo con aquello de que la unión hace la fuerza y me pregunto… ¿Para qué? Porque la cuestión es que todo se concentra en un par de ciudades, A Coruña y Vigo. Zona Franca busca mas terrenos para industrias y eso, terrenos, es lo que sobra en Lugo. Lo que faltan es buenas infraestructuras y gente dispuesta a invertir en las afueras de una ciudad preciosa y con historia.

  28. Meto baza en este foro y es verdad que Ourense y Lugo son provincias desfavorecidas por el Estado, por la Xunta y por la Unión Europea. Pero tienen que reinventarse porque sí tienen posibilidades en la industria agrícola y sin embargo lo que estamos pretendiendo es que haya fábrica de drones en todas partes. Ahí tenéis el ejemplo de la Universidad: siete campus y salvo raras excepciones como las ingenierías, las telecomunicaciones y si me apuráis medicina o veterinaria, el resto de las aulas están vacías y se ofertan más de cien titulaciones. Otro ejemplo, los tres innecesarios aeropuertos. Así que, compete a los políticos reorganizar el territorio según sus posibilidades cara al futuro.

  29. A miña vaquiña polo que le vale e a miña barquiña para pescar. E curioso que o mar estea a altura das industrias mais potentes y nembargantes a gandeiría e o agro se atopan afundidos por decisión políticas…¿Cómo loitar contra eso? Si antes tiñamos un millón de vacas e agora non chegan a unha coarta parte… ¿Qué lle imos a facer? Pois isto que paso una gandeiría foi culpa das decisión que se tomaron en Bruselas.

  30. Polo que se ve e según decides Galiza non ten solución pola dependencia do Estado e da Unión Europea. Pois non se nota no sumisos que sodes a ambolos dous… O digo polo voso voto, que ten moita culpa do que pasa…

  31. Moncho, non politices este asunto, que tamén, e céntrate no que pasa: a vaca sagrada do presente e o diñeiro concentrado nun un por cento da poboación. Iles fan o que lles peta, sobre todo os banqueiros, os verdadeiros poderosos dista guerra.

  32. Vos seguide votando pola dereita e xa veredes que boa filosofía nos aplican, como fixeron sempre. Nos nos pintamosnada porque non nos deixan, queiramos o non queiramos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *