A INXECIÓN DA MORTE

Manuel e mais eu viñamos de pasealo Tambre, po la beira que seguen os pescadores de troitas, entre xuncos e fentos de humidais, escoitando o falar dos corvos nas leiras xa limpas de millo, entre Oca e Lens…

As arbres nadaban no río e formaban un cadro mais de primaveira que de verán, pola coor que provocaba o sol raso na auga, mentres os corvos veña berrar, uns ós outros e tamén a nos, ó noso paso polo muiño vello,  que a mín dame arrepío porque houbo alí varias mortes nunha de esas crecidas do río.

A meu compañeiro de paseos verdes cando lle da por falar da morte non para; e ista vez daba risa velo tirarlle pedras os corvos, coma de rapaz, porque…

— Tran a morte; cando se rín así de nós e que tran a morte…

A fantasía de Manuel non ten límites pero vese as veces superada por algún personaxe ou personaxes que nos saen o paso no noso traxecto por as verdes terras de Ames, un concello que honra o seu nome polo faladora que resulta a sua xente.

O chegar a  Lens ese día Manuel atopou as suas amigas desta parroquia, que agardaban polo autobús… Unha delas, creo que lle chaman Asunción, dixolle:

— Manuel, se te pos enfermo que non te leven o Clínico, porque seica os que mandan queren acabar cos vellos; que din que mandaron poñer as inxeciós da morte para matarnos a todos os que poidan…

Pasei eu media hora tentando convencer a aquelas señoras de que non hai gobernó que faga tal falcatruada, pero respostáronme dicindo que a nova viña de boa tinta, porque unha daquelas mulleres tiña una filla que era amiga da prima da limpiadora da cafetería do Clínico; e que a rapaza sabía escoitar.

Non as convencín pero, de regreso hacia Oca, ía pensando que os políticos non deberían falar tan alegremente das pensións, para non espertar a inocencia desta nosa xente do rural, que ainda recorda aquela guerra, a fame que pasaron, a masiva emigración, e… ¡Seica todo  principiou porque os políticos falaban da crise…!

Vai sendo hora de que os que nos gobernan, sin mentiras, conten a xente que vai ser das suas pensións, que nin os que voltaron de Suiza están seguros de que poidan vivir delas nun par de anos e non che digo nada os galizanos.

O chegar a Oca, onde tiñámolo coche, Manuel sentenciou…

— Matar no nos mataran pero foder hannos foder…

Michael Moore tería temas de abondo nesta Galicia nosa para seu próximo documental. Non hai que esquecer que case a metade da población do país vive no rural… e,  moitísimos, da sua miserable pensión.

Ós vellos no nos matarán cunha inxeción letal, coma fixeron os nazis cos xudeos, pero a este paso sí os matarán de fame….

Share Button

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Time limit is exhausted. Please reload CAPTCHA.