LUAR NA LUBRE, SÉS E A CORAL DE RUADA

Esta é unha desas veces nas que quixera voltar no tempo aos meus anos de radio activa para poder pulsar detrais dun teléfono, coma sempre, o sentir da audiencia ante unha obra que o ten todo: cultura, tradición, calidade musical e unha excelente interpretación a tres bandas.

Si xa é un luxo disfroitar do noso con Luar na Lubre, si lle engadimos a “voz da revolución pendente”, -a de María Xosé Silvar, Sés– e por riba fai de orfeón invitado a Coral de Ruada, entenderás que o resultado non é outro que a inmensa fermosura das grandes obras.

Bieito Romero, o gran mestre desta mixtura, conta que iste tema está composto por dúas melodías principais. Unha delas é a cantiga 26 de Santa María, do Rei Afonso X “O Sabio”, titulada “Non é gran cousa”. A outra está feita sobre unha letra en “barallete”, a xerga empregada polos afiadores dalgúns concellos da Ribeira Sacra ourensá.

Perteñecen o disco de Luar na Lubre “Ribeira Sacra”, que xa ten dous anos de historia e un longo percorrido de éxitos.

Así que, non o perdas. Veña, dalle o play.

Un doca na guchira e un milco nun chián.

Un doca na guchira e un milco nun chián.

Unha gumarra alberia e un xeno moi choulán….

E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira…

E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira….

Un beiro mirelante e unha romica fioca.

Un beiro mirelante e unha romica fioca.

Un saltariego guezo e unha liria na zutra…

E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira…

E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira…«

(2) Comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *