LUCES E SOMBRAS DE COMPOSTELA

O espiritual  reconforta o peregrino.

O natural nos impresiona pola súa beleza.

O feito de andar cura os males do corpo.

O intelectual abrirache as portas da cultura.

E a meta…  atoparala o final do desafío, en Compostela.

Sete son as rutas xacobeas.

Temos pois sete motivos para abrir a porta de gloria na cidade universal. Pero…

Rachemos cos tópicos enxebres en base a diversidade cultural do novo milenio, a que nos regala a palabra dos novos poetas e nos amosa os símbolos naturais da tribu da actualidade. 

Deixate pois da choiva namorada do noso Santiago e contempla a maravilla que provoca a luz das fermosas raioliñas ou a do vello fanal urbán; eso sí,  fuxe das sombras negras.      

Quero dicir, camiñante, que tamén debes andar á cidade pola noite para mellor comprendela, especialmente aquelo que se estreita entre as sete portas que oculta o tempo. Porque deste xeito serache posible recuperar a poesía de Lorca e viaxar entre as luces e as sombras das rúas de pedra, calquera destas noites.

Mira ven e verás unha cidade que se alonga tras o lusco fusco e presta a súa esbelteza marabillosa á escuridade.    

Porque na Compostela que durme… a noite tamén se transforma en pedra, provocando sombras xeométricas nas rúas estreitas e luces románticas que nos dan a súa versión dos templos e dos conventos.

As luces de Santiago abren oco entre as arcadas que iluminan o remorso dos edificios e alargan as súas sombras no centro histórico que é Patrimonio da Humanidade.

Mira as rúas máis antigas e verás que se conservan case como foron concibidas.

Esta é unha marabillosa invitación para viaxar ao medieval entre luces e sombras. Desde a Idade Media ata a segunda metade do século XIX, sempre era o tempo quen buscaba a conexión entre as tres rúas principais: a franquicia da Porta Faxeira; a asoportalada rúa do Vilar; e a que os compostelans chaman Rúa Nova; as tres buscan a praza grande, o Obradoiro, onde…

“Tamén a pedra, se hai estrelas, voa.

Na noite biselada e fría

crecede, xemelgos iris de osadía.

Crecede, erguédevos, Torres de Compostela”

 


A Porta Faxeira, a Rúa do Vilar, a Rúa Nova… inspiraron a Federico García Lorca o seu “Madrigal a Cidade de Santiago” que nos leva ata a Praza do Obradoiro para vivir o seu soño nunha noite de primavera, mentres a lúa de maio ilumina a súa Catedral magnífica.         

Camiñando de noite por istes lugares, só, de madrugada, cando todo se calma, aínda é posible en Compostela recuperar o poema romántico viaxando entre luces e tamén entre sombras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *