galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

O TESOURO DE RANDE LEVOUNO O NAUTILUS

Seica era o tesouro mais grande que trouxera nunca unha flota das Americas e por il afundiron os ingleses os barcos españois, na maior batalla naval da historia, a de Rande. Sen embargo que naide se moleste en buscalo tesouro hoxendía porque Antón Reixa e Os Resentidos investigaron a fondo a custión, concluindo que foi o Nautilus do capitán Nemo quen se fixo co ouro e maila prata.

Eu tomo moi en serio a creatividade de Reixa, que ahí sigue facendo, con moito coraxe, fantasías musicais como este avance do novo álbum de Os Resentidos, que florecerá na primavera próxima e se chamará “Organización Nautilus”. Será un traballo para celebrar o 40 aniversario da fundación do grupo, no ano 1982.

A destacar que este videoclip anticipo está feito cos debuxos do neno Antón Romero, de 14 anos, quen padece un trastorno do espectro autista.

Veña, dalle caña.