PRIMAVERA DE LETRAS

Eu non sei moi ben cal é a miña xeración. Seica a miña vida está dividida en catro partes, desde aquel día no que a miña nai e miña primaria mestra trouxérame a iste mundo entre os brazos da herba nun prado de Cudeiro… ata o de agora, cando ainda podo adicarme a isto que vós leedes cada semán, nestas modernidades. Eso sí,  son un galego afortunado que tivo unha boa formación,  grazas a aqueles mestres que lle inculcaron que, denantes de todo, estaba o país, o conxunto da cultura que se nos transmite o traveso dunha lingoa propia, que ven do Latín.

Por iso cando o ar que respiramos nos trae o cheiro da primavera eu lembro primeiro a Xesús Ferro Couselo, meu mestre de Latín no Instituto do Posío, aquel de clases mixtas e onde nos impartiron as suas leccións os meirandes prebostes da cultura ourensán. Hoxe leva o nome de Otero Pedrayo.       

E síntome orgulloso de ser un vulgar alumno de Ferro Couselo… porque él foi un dos tres intelectuais, académicos galegos, que tiveron a iniciativa de presentar ante a Institución, o 20 de Marzo de 1963,  unha proposta para celebrar un Día das Letras Galegas. Xunto a Ferro, fixérono Manuel Gómez Román e Francisco Fernández del Riego. 

Eu exercía xa o xornalismo no Diario de Pontevedra e pódobos dicir que aquela proposta foi acollida como a gran idea que daría un grande pulo a nosa lingoa e sobor de todo as nosas letras, nacidas como arte literario hai mil dazaoito primaveras.

Como sabedes, a Real Academia Galega declara o 17 de Maio Día das Letras Galegas porque coincide ca publicación dos “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro. I é Rosalía a primera escritora distinguida co máximo galardón das artes literarias que hoxe se outorga en Galicia. Os académicos estimaron que o libro rosaliano…

—-  Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Este é un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.

María Victoria Moreno. Ilustración de David Pintor.

Como che dicía, a lingoa galega, nobre e harmoniosa,  naceu para a expresión falada e para  as letras. O idioma e as letras nel escritas, son o esencial motivo que nos diferenza como pobo. Por iso, seguimos a render esta grande homenaxe anual, cando en maio florece a primavera e tamén a nova literatura. A través dela volve rexurdir -como nos tempos difíciles- a forza da terra… Dela saen as agora doces palabras que teñen sabor a terrón… E recordamos as egrexias figuras que loitaron pola nosa identidade, tributándolles honor.

Este ano, a Real Academia Galega  rendelle homenaxe a  María Victoria Moreno, autora nacida en Cáceres pero galega de elección e mais pontevedresa de adopción. A “muller do conto” adicamos nesta edición de Galicia Única a sección que reservamos os persoeiros mais distinguidos da semana. 

O idioma sobreviviu despois de séculos na escuridade, sen gramática, sen amigos no poder… despois de ser perseguido e mutilado. Sobreviviu porque conseguiu vivir entre a xente, entre nós, os galegos.  ¿Quen o axudou?

Primeiro aqueles que, de xeito irrefreable, só podían sentir e comunicar en galego. Despois, os que deron a súa vida polo idioma. Rosalía, Curros e Pondal convencéronos do seu valor como lingua romance, comparable ó do castelán, portugués ou italiano.

A principios do século 20 tomaron o seu relevo As Irmandades da Fala e A Xeración Nós. Así, en 1906, nace a Real Academia Galega. Anos despois xorde o Galeguismo. Comeza a promoverse a presenza do galego en todos os ámbitos, máis aló do doméstico.

Antón Vilar Ponte, Otero Pedraio, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ramón Cabanillas, Castelao, Antón Lousada Diéguez, Ferro Couselo… conceden a nosa lingua unha altura intelectual que non tivera ata o momento.  Dignifican a realidade do noso país conectándoo directamente con Europa, cun obxectivo: superar o illamento da nosa literatura sen que esta perdese un ápice de esencia.

Durante a ditadura volveron a condenalo idioma ó  ostracismo pero madurou na emigración. Ainda hoxe… ¡Non hai un só Centro Galego que non celebre nestas datas a efeméride das Letras Galegas!  Istes actos que se celebran nas nosas embaixadas teñen para mín un moi especial siñificado: ninguén dos nosos paisanos esquencéu o país. Ainda que estea lonxe, por moi lonxe que sexa, ninguén perdéu a noción da sua verdadeira orixe. Por iso pervive nos cinco continentes esa Galeguidade a que saúdamos de xeito especial cada semana, nesta Galicia Única.

Mais tarde, coa democracia chegou o recoñecemento… No 82 e no 83 aprobanse a primeira gramática e a lei de normalización lingüística, ratifícase o Estatuto de Galicia, constitúese a Xunta e comeza a escribirse un novo capítulo na historia da nosa lingua e da nosa traxectoria como pobo.

Ti te estarás a preguntar…

—– E despois de catro décadas, ¿cal é a saúde do noso idioma?

Diréiche que é o piar da nosa identidade como pobo e pode ser a clave do noso desenvolvemento.  Brasil, Angola, Mozambique son destinos cos que contan xa, á hora de emprender negocio, algúns empresarios galegos.  A proximidade lingüística ábrenos un mercado de 120 millóns de persoas no mundo. Por iso a Secretaría Xeral anda a potenciar unha estratexia comercial que poña énfase na proximidade cultural como chave. 

Substancial segue a ser tamén un esforzo constante pola normalización entre os máis novos. Camiñamos cara unha sociedade na que o noso idioma reivindica o seu sitio… unha lingua que nos identifica, que nos distingue, pero que tamén nos comunica co exterior…un idioma tan antigo como moderno e transgresor.

Endemais temos que ter en conta que moi poucas literaturas están lideradas por un personaxe feminino, como é no noso caso con Rosalía de Castro, sempre a primeira da grande lista dos intelectuais galegos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *