galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

RADIO ÚNICA: CANDO ME NAMOREI DAQUIL VINILO

Naquel serán en Pontevedra, sentados na terraza do Carabela, Luís Emilio Batallán díxome que andaba canso da música. Que de facer outro disco nada de nada. Naquiles intres, tan só disfroitaba do fútbol como afición e da mediciña coma profesión.

—- O da música quedou para matalas horas nos invernos rurais.

Ata entón só grabara co meu amigo Juan Santabaya “Ahí ven o Maio”. Se gostas da poesía e maila música galega, colle este consello: retrocede no tempo procurando ise vinilo e verás con que calidade se facían as cousas xa daquela.

Escoitao con calma e pecha os ollos. Verás como da oscuridade xorde a ialma verde do noso país. É un dos poucos discos que pechan a galeguidade na sua circunferencia de surcos.

Entón andaba eu a voltas con Xeira, con Gustavo Ramudo, porque tiñamos que dar resposta a necesidade de editar a nosa música. Batallán negoume a posibilidade de ser o seu produtor, ainda que logo nos fixemos amigos grabando “Desde Galicia para el mundo” no plató e tamén no medio natural. E unha das personas do meu maior aprecio.

Sobre il teño a ventaxe de que poido escoitalo de cotío. En vinilo. Non hai día no que non me namore outra vez daquil seu primeiro “long play”, como lle dicíamos na época.

Escoita, faime o favor, o mellor poema de Cunqueiro musicado e cantado por Luís Emilio Batallán.