galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

RADIO ÚNICA: CULTURA POPULAR NO COUREL

Os galegos non fumos todo o xenerosos que deberíamos cos centos de rapazas e rapaces que, para non deixar esmorecer o noso folk mais auténtico, foron de aldea en aldea e adeprenderon dos vellos e das vellas as antigas cantigas da nosa cultura popular. Porque grazas a eles hoxe podemos gozar de pezas como esta “Xota de Bembibre” interpretada polo grupo Tanxugueiras. O videoclip en sí é xa unha interesante mostra artística que transcurre no Courel, pola aldea de Vieiros e de xeito especial no Patio da Tola. Dalle o play e disfruta do mais auténtico…