RADIO ÚNICA: TREIXADURA PARA CANTAR

A nosa música popular, aquela que ten a sua raigame na aldea vella cando estamos de festa a carón do lume… non ten anos, que non che sei de naide capaz de contarllos. Pero sí e verdade que evoluciona connosco, do mesmo xeito que pasa o tempo e imos facéndonos vellos cunha cunca de Ribeiro nas mans, na tamén vella taberna na que sempre cantamos.

Treixadura e un grupo no só para escoitar senón tamén para cantar as súas cancións, as nosas, as que se fixeron tan vellas coma nós. Así que veña, dalle o play e cantemos todos…      

(8) Comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *