galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

SANTIAGO, FILLO DO TRONO

Camiñar. Chegar a Compostela. Abrazar a imaxe do Apóstolo. Sentir como rebrota a Fé ante o seu santo sepulcro. Un rito que nos permite gañar o Xubileo e vivir a mais apaixoante aventura espiritual endexamais soñada polo home.

Santiago, o Apóstolo, fillo de Zebedeo e Salomé, pescadores de Jaffa, en terras de Nazaret… E irmán de Juan, o santo evanxelista.

Santiago, santo e viaxeiro da cristiandade, aventureiro da Fé capaz de chegar en barca ata o fin do mundo…

Del escribiu o clérigo Picaud…

—– Era un santo de admirable poder, ben aventurado pola súa vida, asombroso polas súas virtudes, de enxeño esclarecido, de brilante fecundia…

Santiago era un dos doce apóstolos de Cristo, que lle bautizou co sobrenome de “Fillo do Trono”,  polo seu carácter, vehemente e  apaixoado…

Santiago, era o  “Maior” dos apóstolos,  e foi o principal animador da comunidade cristiá de Xerusalén, cidade á que arribaban comerciantes de todos os mundos, en pequenas embarcacións artesanais.

Nunha delas, fixo a súa primeira viaxe ao fin da Terra para predicar a cristiandade… Santiago atravesou entón Andalucía e Portugal para chegar á Gallaecia, o Finisterrae dos romanos, e predicar por toda ela a Fé en Cristo.

Regresou por terra, con todo, a Palestina,  pola Vía Romana de Lucus Augusta, atravesando a Hispania…

Contan que abatido polo cansazo,  ás beiras do río Ebro, en Zaragoza, aparecéuselle a Virxe sobre un miliario romano de cuarzo e pediulle que nese lugar erixise unha igrexa… a mesma que se convertería na Basílica da nosa Señora do Pilar.

Sería en Palestina, cando Xerusalén xa é cidade santa e cristiá, onde Herodes, rey de Judea, sentencia a súa decapitación. Execútase o 25 de xullo do ano 44 da nosa era.

Conta a historia que dous dos seus discípulos, Atanasio e Teodoro, trouxeron os seus restos ata Galicia  nunha pequena nave, e enterrárono nun campo, lonxe da entón influente Iria Flavia…

No ano 813 un ermitán chamado Pelayo que vivía no monte Libredón, un bosque situado nas prazas que circundan a catedral compostelá, víu durante varias noites un enorme resplandor no ceo, como unha choiva de estrelas, e descubriu o corpo do Apóstolo Santo…

No lugar, coñecido desde entón como Campus Stellae, mandou construír o rei Alfonso II O Casto unha pequena igrexa… E ao redor dela creceu unha Vila…

A noticia propagouse por todo o mundo cristián e chegaron peregrinos por todas as rutas… A pequena igrexa converteuse en Catedral e a Vila nunha cidade fermosa, pétrea e acolledora…

Así naceron os Camiños de Santiago e así xurdiu Compostela…