galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A SEMANA DAS LETRAS – EDICIÓN 267

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ++++

Principiamos hoxe a celebración no país do florecemento das Letras Galegas. Cando media o mes de Maio, poboados os campos e xardíns de flores, renace en todos nós a herdanza literaria dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro, publicados no ano 1863 tal día coma hoxe. Por iso rendimos homenaxe a aqueles homes e mulleres que fixeron posible o esplendor das nosas letras. Así que… permitídime que convirtamos estes días a actualidade… nunha lembranza de todo aquelo que nos axuda a mellor comprender o porqué presumimos de galegos.  

ORIXES

COLLAGE PEREGRINOS

As pegadas do pasado máis antigo achámolas nas pedras da Prehistoria, cos petróglifos dos nosos símbolos, aquela primeira escritura. E atopámolas tamén nos dólmenes e os menhires, daquel primeiro culto á morte.

Os pobos galaicos descubriron para vivir os paraísos da media montaña e aqueloutros que teñen o seu horizonte nos nosos dous mares.

Os nobres da Galicia medieval elixiron paisaxes únicas para levantar as súas fortalezas e castelos; e os monxes construíron  os seus influentes mosteiros nos máis fermosos lugares.

E o ermitán Pelayo elixiu o Campus Stellae para achar a tumba do Fillo do Trono, Santiago, o Apóstolo, que aínda segue sendo motivo principal das peregrinacións a Compostela e do turismo a Galicia.

MAXIA

MAXIA

Na Terra Única hai montañas máxicas que os celtas converteron en sacras. Montes con restos do templo onde os romanos acharon o Ara Solis. Camiños de peregrinacións que seguen rutas lendarias.

Os dous mares trouxéronnos cristos crucificados, algunha virxe e o corpo dos apóstolos Santiago e Andrés. Os mil ríos son o espello natural de estrañas criaturas nadas nas fragas…

Das entrañas húmidas da terra xorden misterios de néboa e orvallo caído do ceo, mentres ao pié do lume da lareira cóntanse fazañas protagonizadas por fantásticos personaxes de lenda.

A  fe move montañas e fainos entender o milagre. Debatémonos entre a festa da vida e o culto á morte, dialogando con santos e con almas en pena que veñen do máis aló. Buscamos tesouros nunca atopados  baixo o mar ou na pedra encantada do Val do Ouro.

¿E as Meigas? As Meigas existen e seguen sendo as heroínas da nosa ficción…

MONTAÑA

MONTAÑA

Na montaña que nos cativa, as cumes están cheas de branca soidade e o tempo transcorre libremente, no máis profundo dos silencios.

Cando é inverno na serra a paisaxe que nos rodea é outra vez branco luminoso, mesmo brillante. Pero nesta primavera fulgurante o verde pousase sobre outro verde.

Desde a Pena das neves a vista alcanza os tellados de lousa do refuxio, a pequena aldea e os vales profundos ocultos baixo a néboa.

O teito galego é a fronteira de beleza serea, o fermoso lugar onde a montana achega unha especial atmosfera de quietud, de calma…

Ao descender, xa baixo un nebuloso ceo de chumbo, volveremos pisar o camiño que conduce á vella aldea,  ainda chea de pallozas como na era prerromana.

BOSQUE

BOSQUES

Amence con bruma mansa que empapa a terra. A través dela penetra un sol tímido que matiza as perspectivas. Clarea máis aló do mediodía entre conversacións de paxaros. Ás veces, pola tarde, o verde tórnase plomizo-gris de choiva. E aínda  loce máis cando aparece sobre o ceo o vermello gastado dun longo atardecer…      

Todo se anima neste bosque, o mesmo que inspirou a Wenceslao Fernández Florez e talvez aquel que os celtas chamaron Lubre e converteron en sagrado.

Crecen nel árbores de estrañas formas abrazados por líquenes misteriosos. E o seu carón, fentos de ascendencia milenaria, que esconden a casa do gnomo… ¡E quen sabe se nel habitan aínda as fadas!

A fraga, bela e misteriosa, e propia da Terra fantástica, da Galicia mais interior. Existen outros bosques de ladeira, crecidos entre prados e cultivos, que chamamos soutos. Crece neles o castiñeiro que dá froito no outono. O souto é primo irmán da carballeira, que está próxima os lugares mais humanizados.

Din que os  bosques  chegaron a cubrir toda Galicia, cando o territorio era só dos galaicos.

RÍO

RÍOS

Do ceo caeu a auga de inverno en forma de neve, para descender xeada e cristalina a gran montaña e crecer como río entre ladeiras verdes de brezo primaveral.

A auga crea unha fantasía barroca entre os montes. Sobrevive de salto en salto logrando a máis expresiva combinación dos factores naturais. Ao caer ao baleiro entre a rochosa paisaxe xeórxica, impón o seu ritmo acelerado á beleza.

Pero tamén nos emociona co seu canto rumoroso de fonte de saúde ou cando entoa o seu melódico latexo para darnos a forza vital que precisamos. Mesmo ao avanzar como regacho entre rumores de bosque ata procrear o fulgurante lugar que nos entusiasma:

O lago ao que rodea un xardín natural de bidueiros, espello da estancia perfumada que cada día ilumina unha luz diferente.

LAGO

LAGO +++

A auga da vida se remansa, para reflectir a flora de ribeira  que nos conta o estado máis puro da natureza. No noso país naceron lagos e lagoas para prolongar a estética do territorio, pero, inevitablemente, aquí son tamén o pozo sen fondo da lenda.

Ensináronnos que o gran Miño nacía en Fontmiñá, pero a súa verdadeira orixe é un misterio, porque non hai aquí fonte se non lagoa, espello da xeometría das árbores da típica gándara galega. Culpan á bruxa Irimia de tapar con pedras o leito do río cando nace, para ocultalo.

A lagoa de Antela volveu renacer tras anos de seca ditadura e en democracia a auga volve proporcionarnos as máis rechamantes degradacións cromáticas.

De hidrografía indecisa, pero de perfecta e admirable beleza, é a lagoa de Carregal, metade mariñeira e metade fluvial; endemais atópase no máxico lugar onde a area busca o ceo de Corrubedo. 

En Cospeito a lagoa é de posesión virxinal, porque a Nosa Señora creouna para asulagar unha vila chamada Veria, na que non había nin templo nin igrexa.

Unha lendaria cidade, que non unha vila, permanece mergullada baixo as augas da lagoa dás Xarfas, ao pé do Monte Louro, que é principio e fin da Costa da Morte.

E en Xuño, a auga doce da súa lagoa deixa crecer nenúfares de verán para que na contorna próxima ao vello castro, sexa posible a vida mais leda.

Os lagos e lagoas de Galicia crean a gran fantasía da paisaxe interior…

MAR

MAR

Un faro que comeza a iluminar o final da tarde. Grandes ondas cubrindo de escuma branca, refulxente, rocas multiformes ao longo de todo o traxecto. A campá do mosteiro, en silencio, no contraluz da torre. O sol raso que torna de ouro o océano. Miles de aves adestrándose ao paso dos barcos, alá no horizonte…

É parte do espectáculo que alcanzaremos empolicados a calisquera de os  miradoiros  de Galicia para perseguirmos  a hora máxica de calquer  espazo natural dos nosos dous mares que se extenden ao longo de mil douscentos kilómetros de costa.  

Fronte ao mar  a auga convídanos a seguir o seu traxecto para prorrogar a nosa estética.

MARABILLAS

MIÑO-SIL

Cada un de nós trazamos nosas propias marabillas na contorna que procuramos. A min marabíllanme os dous ríos sacros.

Canóns do Sil e do Miño, ribeiras verdes de cepas brancas e de cepas tintas, de amieiros, de bidueiras, de primixenias e multiformes rochas que xogan a verse nos espellos da auga…

Vede aquí dous ríos e o pano de fondo da maior concentración de edificios románicos de toda a Iberia. Mosteiros, priorados, igrexas e capelas que nos mergullan na espiritualidade e fan sacras estas ribeiras.

A Ribeira Sacra é unha das moitas marabillas que che fascinarán de canto existe e susiste nesta Galicia Única.

CIDADES

CATEDRAL DE SANTIAGO NOCHE +++

Sete son os camiños xacobeos. Sete as cidades galegas e sete os seus símbolos. Sete maneiras de vivir e sete modos de divertirse. Se paseas a noite imaxinas a historia entre as sombras que provocan as luces do home.

A Coruña convértese nun niño de luciérnagas noctámbulas que se van de copas pola Mariña e a rúa Real.

Vigo é a paisaxe de peixes de amencer no Berbés dos pesqueiros.

As sombras dos guindastres dos estaleiros alcanzan Ferrol, cando miles de lámpadas urbanas levan o arco iris ata a ría que baña os vellos arsenais.

Pontevedra sente o latexado do seu corazón nocturno na gran praza, onde flúe a conversación de terraza fronte ao histórico convento franciscano, xusto á beira da fonte que dá de beber a quen pasa.

As luces de Lugo destacan o monumental paso de dous milenios na súa Muralla.

As pontes de Ourense recompoñen a súa paisaxe nocturna mirándose nos espellos do Miño, mentres a xente busca a auga termal ás beiras do gran río.

E Santiago, é espléndida en si mesma e refuxio de peregrinos que chegan de día e vanse coa noite, despois de admirar a fermosa selva florida de pedra da fachada occidental da súa Catedral, unha das maiores obras de arte do mundo.

FOGOS

Como comprenderás, esta é semana de troula para nós, os galegos. Temos a obriga de irmos de festa desde Os Ancares a  Fisterra e de Bares ao Tecla. Se queres acompañanos por istes nosos mundos… ¡Serás benvido!

puesta-de-sol FINAL

Espiral Celta FIRMA (2)