SEMANA DAS LETRAS GALEGAS – Edición 369

Deixame que desta volta te saúde cun dos meus poemas de cabeceira. Adeprendino na escola da miña nai, sendo un neno pequeno que asistía de ointe as súas clases maxistrales. De cando en vez, a miña nai e primeira mestra, leíanos a poesía prohibida daqueles tempos de prohibicións. Naquela escola e no amor materno nasceu a miña identidade galega, á que me fixo sempre distinguir iste noso país do resto do mundo…

EN PÉ

¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito
a libre nova vida!
***
Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!
***
¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
***

¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”

***

RAMÓN CABANILLAS

Cos versos mais loubados do noso “poeta da raza”, quero rendir homaxe nesta primavera de letras a todos os escritores e poetas que mantiveron vivo o noso idioma ao longo do tempo. Xa vos dixen que esta é unha semana especial. Porque, todos  os anos, cando maio chega ao día 17 do seu calendario, Galicia celebra o “Día das Letras Galegas”, que é en realidade todo un ano dedicado a dar a coñecer a obra e vida dos nosos máis distinguidos homes e mulleres de letras xa falecidos.

Cada ano réndese homenaxe a quens fixeron posible o esplendor da nosa literatura. Elíxeo a Real Academia Galega desde hai xa 55. Os tres primeiros distinguidos foron Rosalía de Castro, en 1963, Castelao, no 1964; e o bardo Pondal, en 1965. A partir de aí, un total de 55 egrexias figuras das nosas letras, foron recoñecidas polos académicos e pola xente da cultura de Galicia.

Nembargantes, quixera eu lembrarvos que o noso idioma, non sempre ben aceptado, mírase no espello da nosa  arte literaria que rexorde na diáspora, cando as xentes diste país vivimos a páxina máis triste da nosa historia, escrita polo éxodo da nosa mellor xente, obrigada a deixala Terra pola fame ou pola represión política.

A vida e a obra de moitos dos nosos escritores lémbranos que a moitos deles debemos que permanecese viva a chama da nosa cultura, a máis de dez mil quilómetros de distancia.

Iste é un feito que considero indispensabel lembrar nestas datas tan especiais, entre outras cousas, porque algunha das nosas segundas patrias anda a pasalo mal polas consecuencias de unha nefasta política económica.

Estoume a referir a nosa terra irmá, Arxentina. 

PROGRAMA DO ACTO DA RAG NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A sesión pública do Día das Letras Galegas, acto co que a Real Academia Galega honra este ano a María Victoria Moreno, celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra o próximo xoves, día 17, a partir das 12’30 horas. 

Nel participan, por este orde: Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero. O peche correrá a cargo do presidente da Academia, Victor F. Freixanes.

SI ARXENTINA SOFRE, OS GALEGOS TAMÉN SOFRIMOS

A frase non é miña, é do meu amigo Amarelo de Castro ao que sempre lembro  polo coñecemento que tiña da Galicia exterior. Fixo tal afirmación en Buenos Aires, nun evento do Centro Galicia, onde puiden comprobar o seu grande traballo no mundo da diáspora galega, tan deixado da man por outros políticos.

Por iso nestes días andamos por eiquí moi preocupados pola nova crise que chega agora da man do presidente Mauricio Macri, que tampouco soubo reducir os niveis da inflación xa disparados na era dos Kirchner. Non lle quedou outro remedio, polo visto, que pedir un novo rescate ao Fondo Monetario Internacional, que vai a afectar de xeito incerto a economía do país. Os rescates, xa sabes, nunca resultan beneficiosos.

E que endemais, a relación de Galicia con Arxentina non só é sentimental, que hay mais de sesenta empresas galegas que teñen unha importante presenza no país austral nos sectores da pesca, a alimentación e maila automoción, de xeito especial, cunha facturación que supera os 300 millóns de euros. Despois de México, é para as industrias galegas o segundo mercado importante de Latinoamérica.

Así que fagamos votos porque ista vez a petición de rescate de Macri teña outros efectos que nos fagan esquecer o famoso “default” económico argentino, cando Domingo Cavallo era ministro da Facenda.

A LEGALIZACIÓN DA EUTANASIA

Nesta semana non podo menos que lembrar a Ramón Sampedro, loitador desde o seu leito de dor pola legalización da eutanasia. O Congreso dos Deputados aprobou unha proposición de lei do Parlamento de Cataluña na que se pide a reforma do Código Penal para despenalizar tanto a inmolación voluntaria como a axuda o suicidio. Aprobouse por mayoría cos votos en contra do PP e mais a abstención de Ciudadanos.

Isto supón o primeiro paso para por en marcha unha lei que o propio Congreso rechazou ata en dazaseis ocasións e que é unha práctica legal, para casos imposibles, en moitos países de Europa e mais en, por exemplo, Canadá.

A TOLEMIA DE TRUMP SÚBENOS AS GASOLINAS

A que montóu Donald Trump coa retirada dos Estados Unidos do pacto nuclear con Irán tamén nos afecta a nós, ainda que penses o contrario. Polo de pronto o barril de crú xa roza os 80 dólares, a cota mais alta desde o 2014.

Así que prepárate porque de outra suba das gasolinas non nos salva nin Montoro, que ben podía baixar os impostos cos que se grava os combustibles.

Ainda co pior da tolemia do presidente norteamericán… é que prendeu a mecha dese polvorín que é Oriente Medio e xa principiaron os estoupidos tanto en Irán como en Israel. Por si non chegara cos outros conflictos da zona.

MONTORO A POR PUIGDEMONT

Falando de Montoro. A pesares de que Puigdemont xa nomeou sustituto na persona do deputado Quim Torra…

—- ¿E ise que en é?

Pois outro coma il, independentista radical, republicán e do seu partido. Mañá sábado celebrase xa o seu pleno de investidura no Parlament. 

Pero, a o que iba… Montoro xa ten o xeito de que Puigdemont deixe de dar a vara ao menos perante catro anos. O ministro da Facenda está a punto de rematar os  trámites para que se lle abra un expediente sancionador por un incumplimento moi grave…

—- ¿E logo que fixo?

Según Montoro a cousa vai por non declarar os seus bens como obriga a “Ley de Réxime de Incompatibilidades de Altos Cargos ao Servizo da Generalitat de Cataluña”. Eí queda eso.

Por certo, o mozo de Ariadna Gil, Viggo Mortensen, fíxose socio da organización Omnium Cultural. A parella vive en Madrid pero o ano pasado sumáronse os dous o manifesto “Deixade votar os cataláns”. Endemais, o actor norteamericán xa parla catalá.

Pero todos tranquilos que o conflicto de Cataluña o vai a arranxar Rajoy, según dixo esta semana, xa que se propón “dialogar” tan pronto como haxa novo Govern. E dicir, mañá mesmo.   

CIFUENTES VOLVE A UNIVERSIDADE

Tamén andabades moi preocupados polo que faría Cristina Cifuentes ¿Non sí? Pois xa ten traballo na Universidade…

—- ¿Na Rey Juan Carlos?

Non, na Complutense, da qué é funcionaria por oposición. Déronlle un posto de xeito provisorio na Xerencia do Rectorado. Cobrará o que lle corresponde…

—- ¿Que é…?

Entre 50 e 100 mil euros ano brutos, segundo as “circunstancias laborais”. Creo que agora xa a deixarán en paz os seus amigos do PP madrileño, que son os mesmos que filtraron as información que a chimparon como lideresa do partido na comunidade que presidía.

ABERTO XUICIO CONTRA O EX ALCALDE DE CORISTANCO

Por aquí, quen pode rematar na cadea e o que foi alcalde de Coristanco polo PP perante 24 anos, Antonio Pensado Plágaro. O xuiz xa decretou a apertura do xuicio oral e o fiscal pide para il catro anos e seis meses de prisión e 36 anos de inhabilitación por tres supostos delitos de prevaricación na contrata de obras e mais na concesión de unha licencia para unha planta de lodos.

RELATO DE PRIMAVERA

Vexamos, entón, o espazo máxico para redescubrir a nova primavera e sentirse preto da súa historia natural; que esta é a perspectiva que nos move, porque o corazón verde do país xa está a bater forte.

Voltaremos novamente como as aves para descubrir o horizonte da montaña e contemplar a partir del o esforzo do home no val dos agros de cultivo, onde o prado verde rompe o ocre bañado polos ríos de auga viva.            

Se seguimos os camiños da costa, veremos como se trata dunha viaxe lendaria onde, entre as flores silvestres, as historias nunca se contaron…            

Os megalitos falan da vida e da morte porque se atoparon tesouros baixo as súas lousas. Os castros tamén teñen un pasado de alquimia no seu perfil. E cando chegamos á antiga aldea, lemos a crónica dos séculos de séculos, escrita na fachada da igrexa románica, onde o viaxeiro partiu cara a Compostela.            

En calquera destes vales estaremos entusiasmados cos cursos dos ríos. Flúen tranquilamente entre abedules de ribeira, que seguen a xenerosa ruta do paisaxe aberta á vida sa.            

Algúns se dirixen cara ao espazo protexido cunha lagoa de ondas tranquilas, rodeada dun xardín natural, a sala perfumada que ilumina a luz inagotable da nova primavera.            

Outros ríos, no entanto, buscan no mar unha nova estética e a emoción dun encontro co infinito.           

Aquí están as raíces e a vida. Nos lugares amados onde o cansazo do eterno entra e sae para que o mundo termine.          

Galicia hoxe cheira a flores silvestres nas montañas. Á terra cultivada nos vales. E múdase embriagada pola paisaxe azul dos seus dous mares.

Os días teñen un sabor da eternidade verde e serea…          

Porque estamos na primavera e o corazón verde bate forte.

(2) Comentarios

  1. Xerardo: ¿te das cuenta que sos un privilegiado por partida doble o triple hasta en haber aprendido nuestro himno de labios de tu madre y en nuestra propia tierra?

    Yo vine a saber de su existencia de grande y por pura casualidad ,tarde y bien , en América.

    Esa es una de las tantas injusticias provocadas por un régimen infame que, si bien no impedía, en general, la salida de quienes debían saltar del barco, nada hacía por mantenerlos abordo.
    En eso le reconozco una cualidad que no tuvo, por ejemplo, el régimen castrista.

    Nuestro himno lo escuché por primera vez en la impresionante interpretación de Cristina Fernandez desde el disco y, ya pasados los años, la coreé con ella en más de un encuentro de los tantos de nuestra colectividad y hasta en mi casa.

  2. Compartimos gusto, amigo. O nunca esquencido por min Manuel Beiras era un fans de Cristina. Ao igual que meu amigo Fernando Pereira, un dos que volveron desde teu Montevideo para facer patria na Terra. Eu tiven o pracer de coñecela a ela e a Whasington tanto aquí como ahí. É un pracer escoitala cantando en galego.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *