galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

TV ÚNICA: CANTANDO EN LUNFARDO NA PRAIA BONITA

Se lle dades a volta á palabra veredes como ARIEÑIUM non é outra cousa que MUIÑEIRA. Esas mozas guapas poñendo ritmo ás CATEDRAIS que construíu o Cantábrico no norte de Galicia, elixiron o nome da mítica ÁVALON no seu bautismo folk. Eu queroas e sentín moito que se desfixese un grupo como este capaz de cantar en lunfardo e de atopar novos camiños artísticos no necesitado folk do meu país, moi escaso de “novidades” como esta… do 2004.

Veña, goza dándolle ao play.