UN POBO, UNHA FALA

Os pobos conservan o seu maior sinal de identidade se manteñen vivo o idioma propio, aínda que a modernidade encadre o noso niso que algúns chaman agora linguas menos difundidas.

Galicia fala galego. Fálao case o cen por cen da poboación. É un idioma nobre e harmonioso como reza no noso himno e foi utilizado xa polos que foron os nosos antigos reis sabios.

Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro son os protagonistas do chamado Rexurdimento, o movemento literario que consolida a nosa fala. No comezo do século XX, Noriega Varela e principalmente Ramón Cabanillas espertan a conciencia nacional cos seus poemas e inícianse as primeiras reivindicacións da “patria esquecida” con idioma propio.

A chamada “Xeración Nós”, con Ramón Otero Pedrayo liderando daquela un grupo de rapaces intelectuais continúa a creación literaria no propio territorio galego, pero será en América onde xurda a Literatura da Posguerra.

A lingua galega mírase no espello da nosa arte literaria, que non sempre foi ben comprendida; de aí que a súa historia arranque no propio territorio, pero “rexurda” no exilio, como elemento reivindicativo, nunha etapa marcada polo éxodo dos galegos, obrigados a deixar o país tanto pola represión política como pola carencia de oportunidades.

Porque, co exilio e as correntes migratorias cara a América, durante a ditadura franquista, a Literatura Galega tamén emigra. A Habana, Bos Aires, Montevideo, Caracas e México son testemuñas do nacemento dos centros galegos, auténticos núcleos de conservación da cultura galega perseguida.

Á súa sombra nacen novas publicacións e neles crece a Literatura do Éxodo, protagonizada polas máis extraordinarias figuras literarias galegas dos chamados “anos difíciles”, como, por exemplo Castelao, Blanco Amor ou Celso Emilio Ferreiro, os máis populares dunha longa listaxe de figuras senlleiras que mantiveron viva a chama da nosa cultura.

Hoxe quixen que a fala, ocupase este espazo de pequenos escritos de amor a Terra, porque nos atopamos no Día das Letras Galegas, en realidade un ano adicado a enriquecer a nosa lingua e a destacar esta vez a figura de Antón Fraguas, do que che falo hoxe en GENTE ÚNICA.

As Letras Galegas cumplen xa mil dazanove primaveras pero cando media o mes de maio, seguese a  rendir homenaxe a aqueles homes e mulleres que fixeron posible o esplendor das nosas letras.  É a Real Academia Galega quen se encarga cada ano de escoller a esgrevia figura literaria a que render tributo.

E así o fai desde hai cincuenta e seis anos. Rosalía, Castelao e Pondal foron os tres primeiros distinguidos, nos anos 1963,64 e 65. Na amplia lista de homenaxeados figuran tamén Curros, Noriega Varela, Cabanillas, e hasta o propio Rei Alfonso X O Sabio.

Nos tempos modernos, predomina a xente da Xeneración Nós, como Risco ou Otero Pedrayo, pero tamén fabuladores como Cunqueiro ou Blancoamor, ou poetas como Celso Emilio Ferreiro ou Avilés de Taramancos.

A lista de egrexios distinguidos no Día das Letras Galegas ben nos da unha idea aproximada da riqueza creativa do noso País. I eso que só se pode render tributo a aqueles que tiveran falecido.

Pero contra do que se poidera pensar,  a homenaxe non se centra nun só día. E todo un ano adicado a dar a coñecer a obra e vida neste caso de Antón Fraguas, historiador, xeógrafo i escritor.  

Non quixera que esquecéramos que xa van por diante caseque dúas décadas do terceiro milenio e os escritores galegos, coma o resto dos creadores, viven tamén atrapados na rede. A nova Literatura nace con vocación web.

Por iso chega a todalas partes do mundo. Porque está na Rede. A poesía, a narrativa, o ensaio, o xornalismo… Todolos xeneros literarios están tamén nas webs ao alcance de todo o planeta. Así é que o novo soporte universal foi capaz de levar a nosa fala polo mundo, pasando por riba das fronteiras políticas e sociais.

E na Rede hai de todo e para todos. Pero algo chama especialmente a atención: como os nenos e as nenas das escolas son os creadores das novas formas culturais. E como as veces, a través de seus ollos o dos seus pensamentos, comprendemos moito mellor o arte. Porque a eles pertencen as mellores ideas aplicadas as novas tecnoloxías. O idioma galego e mais as formas literarias que ó utilizan teñen futuro.

¡Que pasedes un bó Día das Letras Galegas!

(2) Comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *