galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A FODONA, PEIXEIRA DE TODA A VIDA.

Por Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a “vacía” chea. Manola “A Fodona”, filla de Agustin “O Fodón”, levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo e dicía que se orientaba polas estrelas sen usar o sextante. A remo, e se cansaba ou o vento axudaba, a vela. Agustín “O Fodón” tiña alcume de peixe, que non lle viña, non, por mullereiro, como ben sabía Xoaniña do Porta, a única muller da súa vida. O alcume viña de pescar en Lagareu ducias e máis ducias de fodóns, un peixe que, fritido nunha tixola de ferro, ao lume da lareira e con pataca cocida coa pel era groria bendita. Ende ben non lle facía ascos a unha fritada de xulias ou a unha boa ducia de fanecas do día, fritidas ou cocidas (asegún o tamaño).

Na casa dos Fodóns poucas veces cheiraba a caldo e nioitas, case que sempre, a peixe. 

Os adornos desa casa eran os aparellos de pesca.

ANTON LUACES