galiciaunica Un recorrido semanal por la comunidad autónoma de Galicia, España.

A GALICIA DOS MILAGROS

Retornemos ós homes da Compostela primeiriza:

Un monxe que “dicía misa ós moradores de San Fiz ve as

luces do milagre.

Un Bispo, Teodomiro de Iria, acode ó lugar:

descóbrese o sartego apostólico.

Dende a Corte levítica das Asturias de Oviedo chega El-Rei Afonso El Casto a venerar os restos e a nova espállase de mosteiro en mosteiro, de castelo en castelo…

El-Rei fai construir a primeira igrexa…

E medra un cenobio…”

(Filgueira Valverde)

En toda Galicia os centos de freiguesías que levan o nome de Santiago; e as mil igrexas das que é padroeiro en España; e as ducias de milleiros nas que no mundo é venerado…  acollen xentes animadas polo mesmo espíritu. Cando as cantigas do pobo falan da “vía peregrinalis” como de un “camiño foliadeiro”, aluden a este xorne festivo e musical. Equí tedes o camiño universal dos poetas e dos músicos, da man de Manolo Rivas e de Carlos Núñez.