galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A INXECIÓN DA MORTE

Guillermo e mais eu viñamos de pasealo Tambre, po la beira que seguen os pescadores de troitas, entre xuncos e fentos de humidais, escoitando o falar dos corvos nas leiras xa limpas de millo, entre Oca e Lens…

As arbres nadaban no río e formaban un cadro mais de primaveira que de outono, pola coor que provocaba o sol raso na auga, mentres os corvos veña berrar, uns ós outros e tamén a nos, ó noso paso polo muiño vello, que a mín dame arrepío porque houbo alí varias mortes nunha de esas crecidas do río.

A meu compañeiro de paseos verdes cando lle da por falar da morte non para; e ista vez daba risa velo tirarlle pedras os corvos, coma de rapaz, porque…

Tran a morte; cando se rín así de nós e que tran a morte…

A fantasía de Guillermo non ten límites, pero vese as veces superada por algún personaxe ou personaxes que nos saen o paso no noso traxecto por as verdes terras de Ames, un concello que honra o seu nome polo faladora que resulta a sua xente.

O chegar a Lens ese día Guillermo atopou as suas amigas desta parroquia, que agardaban polo autobús… Unha delas, creo que lle chaman Asunción, dixolle:

— Guillermo, se te pos enfermo que non te leven o Clínico, porque seica os que mandan queren acabar cos vellos; que din que mandaron poñer as inxeciós da morte para matarnos a todos os que poidan…

Pasei eu media hora tentando convencer a aquelas señoras de que non hai goberno que faga tal falcatruada, pero respostáronme dicindo que a nova viña de boa tinta, porque unha daquelas mulleres tiña una filla que era amiga da prima da limpiadora da cafetería do Clínico; e que a rapaza sabía escoitar.

Non as convencín pero, de regreso hacia Oca, ía pensando que os políticos non deberían falar tan alegremente das pensións, para non espertar a inocencia desta nosa xente do rural, que ainda recorda aquela guerra, a fame que pasaron, a masiva emigración, e… ¡Seica todo  principiou porque os políticos falaban da crise…!

Vai sendo hora de que os que nos gobernan, sin mentiras, conten a xente que vai ser das suas pensións, que nin os que voltaron de Suiza están seguros de que poidan vivir delas nun par de anos e non che digo nada os galizanos.

O chegar a Oca, onde tiñámolo coche, Guillermo sentenciou…

Matar non nos mataran pero foder hannos foder…

Michael Moore tería temas de abondo nesta Galicia nosa para seu próximo documental. Non hai que esquecer que case a metade da población do país vive no rural… e, moitísimos, da sua miserable pensión.

Ós vellos no nos matarán cunha inxeción letal, coma fixeron os nazis cos xudeos, pero a este paso sí os matarán de fame….

XERARDO RODRIGUEZ