galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A MAXIA DO PAÍS

As tradicións permanecen vivas porque son cultura popular. Como o son as nosas crenzas. Esta é terra lendaria de meigas, magos e tamén de santos milagreiros.

Pero, o carácter máxico de Galicia non é o dos seus mitos; é o que lle confire a paisaxe de cumios suaves e vales profundos, que organizan os seus mil ríos.

E os seus dous mares, que ás veces braman historias de morte e outras nos envían cánticos doces de ondas que se desfán na area da praia.

Galicia, din os artistas, é a obra perfecta. Redescubrímola en cada paso que damos, polo camiño que atravesa o verde espazo, sorteando as árbores de impredicibles raíces milenarias.

Por todo isto Galicia é… unha terra única e…. ¡máxica…! Así, tal cual a canta Juan Pardo.