galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A REVOLUCIÓN DANZADA

Habelas Hailas i eu din con elas “Livres e Loucas”, un álbum que racha coas penas e te transforma. Son moi pintureiras e levan a rebeldía das nosas matriarcas no refaixo. Enfréntanse a quen faga falla po lo seu barrio de Compostela, o Barrio de San Pedro. Incluso os concelleiros cutres de Santiago que lle fixeron sabotaxe cultural aló polo 2028. A eles dirixen a sua copla que acompañaba aquel Maio feito con agarimo por todo un barrio cuia importancia a teñen as persoas, diversas e creativas, que non se deixan asoballar.

Estamos no tempo de repetir as coplas populares i a mín esta encantame. Supoño que che gustará a ti tamén. Esto é pura videocración da Galicia Única. Dalle o play e únete a festa.