galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

A TERRA DOS NOSOS DEVANCEIROS

Hai músicos que beben a súa inspiración nas fontes da paisaxe; un deles é meu amigo Bieito Romero. Iste gran músico e gaiteiro é tamén un viaxeiro incansable pola Terra Única que nos da a coñecer no seu Facebook con fermosas postais.  Eu adxudicolle sempre a cada unha delas un tema de Luar na Lubre, o mellor grupo folk galego, que Bieito dirixe.

Nesta oportunidade quero que escoites a cantiga que lle adicaron os nosos devanceiros porque cantan o que lle dita o seu corazón e contan  como naceu a estirpe do noso sangue.

Cada vez que oio esta canción vexo na chuvia mapoulas de auga  e na noite, sobre as nubes, cumes de estrelas.