galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

CECILIA, CANTAUTORA

Por Xosé María Palmeiro

Unha lembranza e unhas palabras para Cecilia, cantautora sensible e talentosa (letra e música pola sua man e a sua voz sabiamente gobernadas). Cecilia deixounos prematura e tráxicamente hai 50 anos nun accidente de tráfico en Zamora cando regresaba a Madrid, logo de actuar en Vigo. Ela foi, é, unha das voces configuradoras do son da miña vida.

Recordoumo, e fixo moi ben, un programa especial de TVE-2 emitido despois da medianoite do domingo.

Seguín o benfacer daquela cantautora elegante desde o seu primeiro álbum, Cecilia (1972), e sentín moito o a sua tráxica desaparición aquel 2/8/1976 cando namais contaba 27 anos.

Eramos do mesmo ano (1948), eu leváballe un mes e vintecatro días e no inicio da década de 1970 estabamos abrindo camiños profesionais, ela na música, eu no xornalismo. Unha mágoa a desaparición dunha muller chamada, sen dúbida, a enriquecer un legado musical, brillantemente amosado xa en só catro anos.

Foi unha lembranza e unha emoción, cousas do tempo e da ausencia, ver e sentir o programa memorial “Tesoros de la tele”. Grazas polo teu legado, prezada Cecilia. A verdade é que non deixo de escoitarte “desde que tú te has ido”. E antes. Violetas e agarimos para ti. Sempre.