DON PACO DEL RIEGO E A CULTURA DOS DÍAS
Por Alberto Barciela
O idioma non cantaría se as palabras non foxen sentidas, froito dunha emoción. O Día dás Letras chega puntual, como o cuco, como un páxaro anunciador dun tempo asolado e froiteiro, como unha primaveira cunqueirá, co seu arrecendo a mazás. A vocación é a de multiplicarse por mil nos ecos, escoitando o feitizo das cantigas medievais ou a das fontes fartas por un abril de augas fecundas en Galicia, entre a melodía acompasada do vento leve, nada atempestado, brisa anuciadora dunha anovación dos lexendarios piñeiros rumorosos de Pondal -letra que parece que hai que correxir-. Eses mesmos sons que nos uniron nunha única letra, voz reivindicativa e plural.
Seguimos a ser Nós. Xuntos temos que ser quen de confrontar tempos globais, confusos, de perigros e oportunidades. Hai que tornar a unirse baixo a lexitimidade dá cultura, da que nos define, da que nos vincula baixo un xeito único de estar e de sentir, por riba de diferencias, matices ou ideoloxías. Esta vez o faremos en torno a alguén moi especial, don Francisco del Riego.
A estirpe dos pobos castrexos, de Breogán, participamos en tempo real dás andanzas estelares do século XXI, guiados pola tradición e a formación, atentos tamén a espontaneidade dá vida e as circunstancias, pero sabedores de que agora nos apoiamos no pasado e pro ende en tres universidades e sete campus, base da formación das novas xeracións, da creación en vangarda competitiva, capaz de lanzar satélites para coñecer mellor a Vía Láctea, a nosa guía secular.
Seguimos na mesma Terra, Nai e Señora de Ramón Cabanillas; sobre o mar de Manuel Antonio; crecoñecemonos no valor de María Pita; nas bagoas sementeiras de Rosalía; no feminismo e a modernidade anticipada de Concepción Areal; na figura señeira de Emilia Pardo Bazán; na vangarda de Maruja Mallo ou Julia Minguillón; na visión universal de Sofía Casanova; no dicir ferido de amor das misivas de María Casares a Albert Camus; na audacia de Egeria, recuperada en documentais televisivos por Luis Menéndez; no homenaxe a Isabel Zendal; nos debuxos, as referencias ou o pensar de Castelao, na firmeza de Curros Enriquez, Pimentel, Iglesias Alvariño, Eduardo Blancoamor ou na de Carlos Casares.
De todo iso saben moi ben Víctor Freixanes, Luís G. Tosar, Manolo Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, María Xose Queizán ou María Xosé Porteiro. Somos Nós, todos eles son parte de Nós, conformaNOS. E non seu sentir latexa palpitante un galeguismo que abandeiran editoriais como Xerais, Galaxia, Ir Indo, Alvarellos, Elvira, Belagua, Bululú, Kalandraka, Laiovento, Luces, e outras moitas.
É o noso un sentir que esboza, pinta, esculpe, imprime, modela, supera as ideoloxias e instalese na cultura para conformar un xeito de dicir, de entender, de pensar que nos define como un pobo universal, que nace na aldea e chega ás antípodas, que é local e emigrante, amante do próximo e conquistador do global, que entende, ama, relacionase, crea, navega, camiña dun xeito propio, consecuente, e que cando atopa cun angazo sabe que é un angazo, e que cando se pon a traballar consegue o impensable, que cando fextexa sabe de alalás e de muñeiras, de bos productos e de xantar nunha mesa repleta de manxares e mellores caldos, e que cando admira ou pregunta traduce para mellor comprender, para saber mais e vivir con plenitude certa.
“Galicia é isto que vai en nós e que nos leva, camiño aberto nos sulcos, onde todo é por vir e non chega…”.
O sabía e o cantou un de Teis, Salvador García Bodaño, o sabemos todos nós, empezando por Benito Vicetto, e Manuel Murguía, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Ramón Piñeiro, Díaz Pardo, García Sabell, Isla Couto, Fernández Albor, Sixto Seco, Neira Vilas, Francisco Purrúa, Aurora Bernárdez, Álvarez Blázquez, Bouza Brey, Xohana Torres, Risco, Leiras Pulpeiro, Antón Fraguas, Novoneira, Alonso Montero, Xosé Luis Méndez Ferrín. O saben os Ferro, os Ledo, os Torres, os Queiruga, os Zabaleta, os Chao, os Couceiro, os Areal… Pero que todo o soubo poñer en valor de ouro puro foi Francisco Fernández del Riego, don Paco, eixo esencial da pervivencia de canto somos.
Somos unha curiosidade latente, atenta, que desde un Fisterre trascendente ilumina o mundo e recibe a luz secular dos navegantes, dos camiñantes, dos pelegríns, dos pobos antiguos, dos que fixeron escala obrigada na terra do Apóstolo.
Somos un mundo máxico que coñece mais de cen nomes para a chuvia é un pobo sabio, rico, fermoso, que reclama a curiosidade dos demais, que sabe conxurar os ventos e nomear a vida e as emocións.
Somos dunha terra concreta que fixo que os seu fillos poidesen extendela polo mundo, non sempre por motivos alegres nin de conquista, pero sí cunha referencia xeográfica a que voltar os ollos, as emocións, os pés, ou as nostalxias e morriñas.
Somos donos dunha fala vinculada a raíces latinas e que por importancia histórica e proximidade o portugués-brasileiro resultou capaz de falarse en palacios e en peiraos de todo ou mundo, en facerse dona da escola de Traductores de Toledo para a poesía. Somos portadores dun xeito de ser e de sentir peculiares, dispomos de memorias que penetran en séculos escuros e en períodos felices, pero sabemos con certeza que vimos do outro lado dos tempos, das neboas, dos bosques, dos Irmandiños, dunha xenética construída tras unha historia de aillamentos e confrontacións, de asimilación e aprendizaxes, de idas, voltas e reviravoltas, de añoranzos e mestizases, de conxuros e de milagres, de feiras e de mercados, de romarías e de loitos, de natureza, sempre a modiño, feitos os poucos, eslabón a eslabón.
Temos cuestións pendentes, recoñecementos a aqueles que levaron moi lonxe o nome dá nosa terra e non triunfaron, debémoslle admiracións por aplaudir a moitos seres anónimos, e tamén a empresarios de éxito como os Ortega, os Raña, os Ribera, os López Seixas, os Tojeiro…; a escritores por asumir dunha vez como galegos -Valle Inclán, Cela, Torrente, Castroviejo, Carlos Oroza, Victoriano López, Fernando Rey, etc.-, a músicos como Reveriano Soutullo, a arquitectos como Antonio Palacios, a escultores como Otero Besteiro ou Camilo Otero; a pintores como Sotomayor ou Villaamil, tan nosos como Picasso cos seus mestres Isidoro Brocos e Tiberio Ávila. Temos sí os Souto, os Granell, os Lugris, Seoane, Ruibal, Sobrino, Colmeiro, Frau, Labra, Abelenda, Caruncho, Úbeda, Quessada, Laxeiro, Acuña, Antón Pulido, José María Barreiro, Patinha, Xavier Magalhaes, Manolo Paz, Francisco Pazos, Quintana Marcelo, Din Matamoro, os Acisclo Manzano, Cándido Pazos e a mais longa e interesante relación de outros artistas, académicos, literatos, escultores, deseñadores, cineastas -Emma Lustres, Oliver Laxe, os Coira, Alberto Vázquez, Julio Fernández, Rodrigo Cortés, Javier barreira… -, actores – os Luis, Tosar e Zahera, Mario Casas, Nerea Barros, Isabel Blanco, Touriñán, Antonio Durán Morris, Benedicta Sánchez, Javier Gutiérrez, Tamar Novas, Celso Bugallo… -, guionistas, maquilladores, fotógrafos, galeristas, artesáns, músicos -Carlos Núñez, Luz Casal…-, compositores, humoristas, magos, lingüístas, mestres, gastrónomos. científicos, investigadores, sanitarios e médicos, agricultores, mariñeiros, paisaxistas,… Somos tan ricos que ás veces nos facemos os humildes, somos tan sabios que ás veces ignoramos canto desprezamos; somos tan nosos que as veces nos esquecemos dos outros que tamén son Nós.
Don Paco del Riego foi un exemplo de ser integrador, un petrucio dentro, un ministros de asuntos exteriores fora, un ser íntegro e traballador, xeneroso e consecuente. Un de Nós, pero un de Nós exemplar, é autor dunha extensa obra, aportou máis de 150 monografías, traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas, dirixiu intitucións, pero sobre todo foi un galego de excepción, iliminador dun camiño de plenitude.
Existe unha vixencia, uns eslabóns experiementados e referenciais, como Darío Villanueva, Ramón Villares, Fernando Ónega, José de Cora, Manuel Jaboios -recente e flamante premio Cavia-, Manolo Gago, Miguel Anxo Murado, José Besteiro, Alfonso Pato, Eva Veiga, Miguel Fernández Cid, Santiago Jaureguizar, Pepe Carreiro, Menchu Lamas, Manuel Bragado, Antón Patiño, Manuel Outomuro, David Barreiro, Amador Lorenzo, Manuel Sendón, Jesús Madriñán, Israel Cubillo, María Moldes, Alberto Teniente, Alfonso Novo, Carlos Rodríguez, Ángela da Cruz, Luz Pichel, Luz Pato, Luisa Castro, Yolanda castaño, Lupe Gómez, Olga Novo e unha nómina impresionante de xornalistas e intelectuais e tantos outros dunha vixencia total e plausible, moitas veces esquecida.
Na meta dos milenarios Camiños de Satiago, neste Finisterre, sabemos que existe unha palabra que nos vincula, por sangue e por sentimentos, unha palabra meiga, máxica, definitiva: Galicia. Supoño que era a preferida de don Paco del Riego, un home de Lourenzá, unha sorte de sortilexio que nos fai seguir a confíar nun futuro de maior entendemento e renovadas metas para o galeguismo. As letras farán os días.