galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

ESCUSAS DE MAL PAGADOR

Por Antón Luaces

Na mencida do pasado 25 de febrero, a 250 millas ao leste do Terranova (Canadá) afundía -sen ainda hoxe saber onde exactamentre- o arrastreiro marinense “Villa de Pitanxo”. Como é sobradamente coñecido, dos seus 24 tripulantes, só 3 foron rescatados con vida e outros 12 inicialmente declarados desparecidos e ratificados posteriormente oficialmente mortos polas autoridades xudiciais, ao igual que outros 9 mariñeiros do mesmo buque que foron rescatados no mar ou no interior dunha balsa salvavidas na que tamén estaba un dos tres subreviventes.

Transcorridos case tres meses dese desgraciado incidente é hoxe o día no que ninguén sabe con certeza que foi o que aconteceu para que o buque afundira. Hai versións contradictorias entre o patrón do barco, Juan Enrique Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial -que coinciden no relato dos feitos- e o narrado por un dos tripulantes africanos do “Villa de Pitanxo”, Samuel Koufie, natural de Ghana, a única persoa viva que ocupaba a citada balsa da que foi rescatado afectado de hipotermia en alto grao.

O caso do “Villa de Pitanxo” está oficialmente en mans da Comisión que investiga en España todos os casos de accidentes e incidentes mariños rexistrados en augas de responsabilidade estatal. Pero a   Audiencia Nacional semella ser, arestora, a vía única pola que se podería esclarecer o acontecido, partindo do feito de que só o patrón e o seu sobriño levaban posto o regulamentario traxe de sobrevivencia, elemento do que carecían os mortos recuperados e o citado mariñeiro ghanés. Dos outros 12 mariñeiros que se supón permanecen no interior do arrastreiro afundido nada se sabe tampoco en relación a si levaban ou non enfundado ese traxe de supervivencia.

O caso é que, uns polos outros, os familiares xa non saben a quen recorrer para que as autoridades españolas ou canadenses dean un paso avante para, primeiro, localizar e posteriormente baixar ata o lugar no que o arrastreiro permanece afundido con, supostamente, os cadáveres de 12 dos seus tripulantes no seu interior.

As familias deses 21 tripulantes mortos entrevistáronse o pasado venres coa Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, quen asegurou que vai trasladar canto antes ao Defensor del Pueblo a reiterada petición dos deudos deses 21 mariñeiros de que se baixe ao pecio, unha vez estea localizado este, e que se filme canto se poda para determinar a posibilidade de inspeccionar os restos do buque por se fose posible a localización dos tripulantes desaparecidos.

O “Villa de Pitanxo” afundiu a 250 millas ao leste da illa canadense de Terranova. Mariñeiros galegos que navegaron na zona durante moitos anos coidan que na actualidade tanto España como Canadá contan con medios abondo para realizar eses traballos de localización do pecio e a posterior filmación do buque afundido, sen poderen asegurar non obstante que sexa posible acceder ao interior do barco, cousa que tampoco desbotan totalmente.

Os familiares deses 12 mariñeiros que non foron rescatados pediron o apoio da Valedora do Pobo para que se realicen as investigación necesarias e dar, deste xeito, resposta a tantas preguntas como se acumulan desde que se soubo da traxedia do arrastreiro de Marín, barco sobre o que agora recaen -ao igual que sobre os armadores- graves acusacións que recollen algúns medios de comunicación galegos e que se solapan con ese certo desleixo do Goberno central en relación coas petición de axudas que parten dos familiares dos desaparecidos e mortos. Unha nula resposta que colisiona co dito pola embaixadora de Canadá en España, Wendy Drukler, quen manifestou que por parte do Goberno de Canadá non existe ningún impedimento para baixar e recoñecer o pecio.

¿So hai impedimentos por parte de España?

ANTÓN LUACES