galiciaunica Un recorrido semanal por la comunidad autónoma de Galicia, España.

FEDERICO GARCÍA LORCA E OS POEMAS DE AMOR A GALICIA

Remataba o ano 1935 e xa soaban os tambores de guerra en España. Anxo Casal, o editor da Revista “Nós”, lanzaba un novo número no que iba a sorprender a toda a cultura galega coa publicación de seis poemas, escritos no noso idioma, por Federico García Lorca.

Seis poemas nos que Lorca amosa, na síntesis de unhos poucos versos, un gran coñecemento da nosa patria. Aquelas poesías e o fermoso prólogo de Eduardo Blancoamor, convertíu aquela edición de Nós, nun libro admirable e aqueles seis poemas galegos de Lorca pasaron a formar parte da nosa historia cultural.

Sempre lle agradecín a Eduardo o agasallo daquel exemplar de “Nós” cando, xa en Ourense, -un día que fóramos a Festa de Mouros e Cristiás da Sainza-, me dixo que a verdadeira Literatura Galega se escribira en Bós Aires.

Por eso teño dúbidas con respecto a onde naceu o galeguismo poético de Lorca, si a unha ou a outra beira do Atlántico; pero sí estou seguro de que o poeta andaluz leera antes a Menéndez y Pelayo, quen deixou escrito que…

O lirismo Ibérico non nace da lingoa española, senón que o instrumento utilizado polos primeiros poetas líricos foi o idioma galego”.

Eu, persoalmente, leo e volto a ler, como poema de cabeceira entre os seis de Lorca, o Madrigal a Cidade de Santiago


Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

O rematar cada lectura imaxino a Lorca baixo un paraugas, na Plaza do Obradoiro, orvallando, mentres se asombra como as torres da Catedral brilan pola choiva e a morna luz de tan só una raioliña do sol de inverno, que se fuga entre as nubes.

Nembargantes, nun dos seis poemas, Federico García Lorca fala de Bós Aires, do Río de la Plata, e da rúa Esmeralda: é a “Cantiga do neno da tenda”, que ben parece un canto a emigración e a traxedia que supuxo para Galicia:

Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposibel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d’agoa
mentras sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
veira do Río da Prata.
Sauces e cabalos múos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencólico da gaita,
non víu o imenso gaiteiro
coa boca frolida d’alas;
triste Ramón de Sismundi,
veira do Río da Prata,
víu na tarde amortecida
bermello muro de lama.

E verdade que Federico García Lorca mantivo una estreita relación coa colectividade galega na Arxentina e Blancoamor presumía de ser moi amigo do gran poeta andaluz, ó que Galicia lle debe estas obras fermosas. Non me extrañaría nada que Lorca bebera nese pozo de sabudiría que foi o autor da Esmorga.

Lorca non escribíu seis poemas sobre Galicia senón sete que se coñezan. Anteriormente os publicados en “Nós”, a revista literaria “Cristal”, editada en 1932 en Pontevedra por Luís Alonso Girgado, publicou xa un soneto do escritor granadino.

Os galegos que amamos a poesía seguimos agradecendo a Lorca ise anaco seu de galeguidade.