galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

HAI OUTROS ENTROIDOS

Hoxe estamos a sentir todos nostalxia entroidal porque, iste ano, as rúas das nosas vilas e das nosas aldeas quedaron sen festa; polo tanto perdimo-la cor que precede a primavera, que é tanto como decir a máxima expresión do espírito alegre que posuímos.

Teño que agradecerlle a Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre que, para ilustrar a sua fermosa música, utilizaran imaxes dos entroidos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e mais de Manzaneda, os menos coñecidos da montaña ourensá. Porque iso permíteme destaca-los hoxe xa que tamén son buliciosos, costumistas e ancestrais de menor sona. As personaxes que se representan neste video seguen tamén o ritmo das chocas e teñen orixe nas súas pegadas medievais, anque non teñan tanta zona como os piliqueiros ou os cigarróns.

Así que non vos perdades esta oportunidade de vivir a festa coa música de Xavier Díaz e mais Adufeiras de Salitre, guías indispensables de este vagar polas terras do Ourense mais oriental.