LABREGOS
Esta mañá vimos o paso do tempo no espello: briláronnos de prata as sens e ao asomarnos á ventá, todo canto nos rodeaba, cobrou a cor dos ocres e dos marróns. Case non nos decatamos; pero o outono chegou a nós con présa por abrir a senda dunha nova vida. Logo, marcaron a fronte novas enrugas, ao mesmo tempo que as ideas se nos caían da mente. Entón, reflexionamos para percibir como a nova estación se nos volve melancólica pero tamén vital, íntimamente vital. Chegamos ao outono da vida que é o verán da alma. Neste amigo da boa xente de Sorribas quero representar os principais personaxes do meu país… E dicir, as labregas e labregos que ainda che ofrecen conversa na vella aldea que hai detrais da catedral de Compostela. |
|