galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

MONTAÑAS E CRISTAS VERMELLAS

Por Antón Luaces

Ás vellas montañas das que foran rexións españolas de Castilla la Vieja e León agromaron este inverno un repoludo galo de crista vermella que cacarexou na Junta de Castilla y León dende os galiñeiros da vicepresidencia do goberno autonómico, a presidencia do Parlamento desta comunidade autónoma e tres consellerías. Dalgún xeito as montañas nevadas erguen en Castilla e León aquelas bandeiras ao vento coas que un dīa soñaran Onėsimo Redondo, Ramiro Ledesma Ramos, Josė Antonio Primo de Rivera, Francisco Franco e a Comuñón Tradicionalista, cuxos soños os levaron a conformar  máis tarde a Falange Española Tradicionalista y de  las JONS, brazo polītico do goberno franquista que, durante case 40 anos, mandou esta España NUESTRA á que un día cantara a inesquecible Cecilia.

Semella que o tempo nos fai recuar aos anos 30 do sėculo pasado cando, en 1931, nacían as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS), partido de carácter totalitario e contrario aos partidos políticos e á asunción do sistema democrático tan parecido no seu percorrido ao actual socio de goberno do PP naquela comunidade autónoma.

Contrario Vox á vixencia do Estado das autonomías, cadra tamėn neste eido  coas JONS, que proclamaban a supremacía do Estado, artellado arredor dun sindicato. Ås montañas nevadas deste tempo non dan moitos azos de cara a unha primavera máis gratificante, máis o galo de crista roxa non renuncia a lle cantar ao ceo no que un día o franquismo puxera as cinco frechas que se querían alzar cara a  Deus coa “mirada clara e lonxe, e a fronte levantada” para ir “por rutas imperiais camiñando cara a Deus”.

É, o de Vox, un galo de canto rouco que, con dificultades, poderá entenderse cos descendentes de aqueles homes e mulleres que prantaron cara ao fascismo, protagonizando episodios que marcaron terras duras hoxendía produtivas que, en rendabilidade política, corresponden agora ao PP.