galiciaunica Un recorrido semanal por la comunidad autónoma de Galicia, España.

MULLERES CON FAME DE ODIO

Cada vez que ando a bucear na rede, para meu orgullo de país sempre se me aperecen as Tanxugueiras con música que me chega o corazón. Olaia, Aida e Sabela, neste video, cantan “Fame de Odio”, que non sei ben si é un poema adicado as nosas mulleres ou algunha mensaxe especial para homiños que nunca chegarán a ser homes. De calisquer xeito isto que te propoño é a nosa música tradicional… do século vinteún, a que racha coa pana polo mundo adiante. O tema pertence o seu álbum “Diluvio”, que estrearon no pasado mes de xullo.