galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

O CABO A VISTA DE PAXARO

Algunha xente consigue emocionarme cos seus traballos audiovisuais sobor do noso país. Un bó exemplo é iste video sobor do Cabo Ortegal, feito por a web “Disfruta Viajes”. Comeza na Vixía da Herveira, cumio de A Capelada con 615 metros de altitude que conforma os cantís mais altos de Europa. A seguir, xurde o faro do cabo entre as rochas. E despois de amosarnos toda a fermosura do lugar mariñeiro onde se xuntan nosos dous mares, vaise cun abraiante plano de Os Aguillóns no lusco fusco. Todo isto a vista de paxaro.