galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

O FUTURO DA ACTIVIDADE PESQUEIRA

Por ANTÓN LUACES

A secretaria xeral de Pesca reafirmou o papel clave das mulleres do sector pesqueiro e acuìcola. Foi no acto inaugural do III Foro da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca celebrado os días 24 e 25 na localidade asturiana de Llastres, fondamente ligada á tradición pesqueira, no marco do foro “Impulsando cambios, navegando derecho” que organizou a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca). Isabel Artime reivindicou o papel clave que desempeñan as mulleres no sector pesqueiro e acuícola e subliñou a necesidade de dar pulo á remuda xeracional. Salientou o labor de Anmupesca desde a súa creación en 2016 coma “unha voz forte, visible e respectada” que representa a traballadoras de todos os elos da cadea de valor do mar.

“É urxente dar pulo á remuda xeracional para asegurar o futuro da actividade pesqueira”.

Este encontro permite compartir experiencias a representantes institucionais, investigadoras e mulleres do mar, procedentes de distintos puntos de España, para reflexionar sobre o papel das profesionais do sector marítimo-pesqueiro de España e os retos a acometer.

O III Foro Mulleres na Pesca tributou homenaxe a Teresa “Teté” Costales, presidenta da Asociación Profesional de Redeiras de Baixura de Astur¡as (AREBA) e última atadora en activo do oriente asturiano.

O director xeral de Pesca Marítima, Francisco González, salientou a notable influencia da muller n industria pesqueira de Asturias, aínda que admitiu que quedan desafíos por superar. 

ANTÓN LUACES