galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

O NACIONALISMO GALEGO

Por Marola Seijo

Estou farta desa xente -mesmo galega de pouca fe- que falan do meu país como un idílico lugar periférico ao que hai que vir comer e a gozar da paisaxe; algúns mesmo chegaron a confundir cultura con folklorada e outros resucitaron desde a meseta antigos tópicos históricos que nos atribuía a Literatura.

Os galegos sufrimos desprezo desde os tempos de Góngora, que na “Dorotea” atreveuse a escribir:

“Ni perro negro ni mozo gallego”.

Ou o mesmo Cervantes, que en “La Entrenida” deixou estes versos para a historia:

“Bodegón con pies camine/ que aquí no le conocemos/ calle o pase, porque olisca/ a lacayo y a gallego”.

E non falemos das solemnes estupideces escritas por Quevedo sobre a muller nada por aquí.

Os escritores que menciono, e aos que non perdoo as súas ofensas, non son máis que o espello daqueles casteláns dos séculos XVI, XVII e XVIII, que escribiron a historia segundo convíñalle a Castela; é dicir, enxalzando a súa monarquía e repudiando ao Reino de Galicia cuxos nobres eran uns verdadeiros trapalleiros mentres os mesetarios tan so tiñan virtudes.

Por isto que che digo, polos moitos almodóvares que pretenderon algunha vez denostar o galego, polas afrontas dos sucesivos gobernos do Estado e porque somos diferentes a todos os demais españois somos por aquí nacionalistas. E a moita honra. Porque se non defendemos nós a Patria con maiúsculas a ver quen a defende.

¡Xa nos abondou con Franco na “Longa noite de pedra”!

Que lle quede claro tamén aos cataláns -que sempre pertenceron ao Reino de Aragón- e aos vascos -sempre vencellados a Castela- que nós non temos ningún complexo de inferioridade histórica, senón máis ben o contrario. E xa non che digo diferencial.

Agora ben. Devandito todo o que antecede e pensando en presente, opino que ningún dos moitos nacionalistas que somos por aquí vemos un futuro á marxe do estado español; e só a uns poucos gustaríalles ser independentes de España e quedar fora desta Europa que, tes toda a razón, non fai máis que fodernos… (Xa lle poñeremos remedio a isto).

—- ¿E por qué non queredes ser independentes?

Entre outras razóns porque os galegos e as galegas somos moi viaxados. Cruzamos o Atlántico nas tres carabelas de Colón e desde entón non deixamos de percorrer o mundo, como ben sabedes todos. A nós gústanos que o trigo creza nas fronteiras e por iso abrimos as portas do universalismo a todo o planeta.

Ademais, o xérmolo da Galeguidade atoparalo en toda a Terra.