galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

“OLIVEIRA ARDENDO” (AO POBO PALESTINO)

O pobo palestino ben se merece esta homenaxe musical de Brassica Rapa, Antía Muiño e Mondra, coa colaboración especial de Cuarto Pexigo. Chamaron á composición “Oliveira Ardendo” e as palabras doces que saen destas voces ben din do moito amor que sentimos os galegos por esa Palestina arrasada. E di…

cara a Belén camiña/ unha nena apurada/, valente e canda/ a ela súa irmá a acompaña/ chegaron a Belén/ alzaron a mirada/ unha oliveira ardendo/ o seu paso cortaba/ chaman á súa porta/ e cando á porta chaman/ outros responden dentro/ con voz alborotada/ esta é a nosa terra/ berran as nenas cansas/ vós teredes as bombas,/ nós, dignidade humana/ miran ao seu redor/ as dúas abrazadas/ a pequena penaba,/ a grande a consolaba/ non te apenes, meu ben/ corre, ven, dáme a man/ dende o río até o mar,/ Palestina vencerá.