galiciaunica Un recorrido semanal por la comunidad autónoma de Galicia, España.

QUEREN MORRER EN GALICIA

A morriña foi un credo que sabiamente souberon transmitir os avós da galeguidade a fillos e netos para crear un mundo seu no exilio.  Algúns destes avós tiveron a sorte de voltar á casa para gozar do país e da fortuna. Son os menos, os máis aínda son protagonistas do desequilibrio social da emigración galega; son os mesmos avós nados da necesidade, non da aventura; e habitan por miles sobre todo no continente americano, sempre amigo. Esa nosa xente está farta porque por non ter xa non ten nin morriña. O que lles gustaría e morrer en Galicia…

Hoxe quero mandarlles, con moito humor, un agarimo especial e para elo conto con MONOULIOUS DOP, que son dous coñecidos trangalleiros desta modernidade nosa os que coñecemos por Ula e Mon. A min fanme rir, supoño que a vós tamén.