galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

RADIO UNICA

PLAYA

NUNHA PRAIA DE MAIO

Hai un mar sereo que, en forma de onda, vén e vai sempre á mesma praia, unha e outra vez, sen derrotas. A praia está chea de paz na primavera e é a acuarela mariña dos recordos infantís.

É a miña primeira onda dos verans nos que descubrimos a forma dos corpos en bikini, cando, ao mediodía, as estrelas dos ceos incendiados de xullo buscan o frescor atlántico… Hai outras praias, naturalmente, pero esta evos moi especial. Nesta praia, se conversamos co noso pasado, veremos fronte ao horizonte infinito… América.

E cando xa non hai máis traxecto porque xa non queda area… perdémonos entre a ficción e a realidade animados pola luz mariñeira e pola beleza que provoca o grandioso escenario final.

Esto foi o que lle debeu ocorrer a Martín Codax cando deu principio a poesía galega… Eu agradezolle a Manoele, o cantautor de Cuntis, que musicara as súas Ondas do Mar de Vigo… que tamén son as miñas.  

Manoele