RADIO ÚNICA
MILLADOIRO – MUIÑEIRA DO AREAL
Posiblemente este espazo merecese un poeta:
O espazo de auga que é capaz de crear o verde-herba dos prados de paisaxe repousada, incitante e solitaria… o lado mesmo do xeneroso lago onde se remansa o río, reflexo da flora de ribeira que fala dunha natureza en estado puro.
No país de Maeloc abundan as paisaxes de auga… humidais e lagoas que prolongan a súa beleza máis alá do curso dos ríos…
Bardancos, Veiga de Pumar, Cospeito, Riocaldo, Lagoa do Rei… Teñen todos nome propio i en conxunto conforman a máis grande e interesante zona húmida do interior de Galicia.
Son lugares ben coñecidos polas aves migratorias que os elixen para o seu descanso e goce, tras a súa longa viaxe en busca dun clima máis cálido, cada vez que é inverno.
Hoxe reciben os lagos de Maeloc a especial caricia da luz do final do outono, para mellor reflectir a extraordinaria beleza que expresa a xeometría das árbores das súas ribeiras.
A Galicia de Maeloc é a paisaxe da grande fantasía que brila nos ollos do camiñante e a música que Milladoiro lle adicóu un convite a maxinar que somos viaxeiros do tempo i estamos a procurar a presencia do Anxo Protector do Mosteiro Máxime.
Así que… procuremos os novos signos que fan posible a vida feliz… a ritmo de muiñeira.