OS DEVANCEIROS – LUAR NA LUBRE
Hai músicos que beben a súa inspiración nas fontes da paisaxe; un deles é meu amigo Bieito Romero.
Iste gran músico e gaiteiro é tamén un viaxeiro incansable pola Terra Única que nos da a coñecer no seu Facebook con fermosas postais. Eu lle adxudico sempre a cada unha delas un tema de Luar na Lubre, o mellor grupo folk galego.
Nesta oportunidade quero que ó escoites coa compaña da Orchestra Sinfónica de Galicia. Cantan o que lle dita o seu corazón e contan como naceu a estirpe do noso sangue.
Cada vez que oio a súa voz nesta canción vexo na chuvia papoulas de auga… e na noite, sobre as nubes, cumes de estrelas.