galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

TRES VOCES, UN POBO INFINITO

Eso é o que son e o que representan para min as Tanxugueiras, recoñecidas artistas a nivel internacional, investigadoras e transformadoras do noso folklore mais tradicional e divulgadoras polo mundo do noso fermoso idioma galego. Quen aldraxa as Tanxugueiras faino a todo un pobo que ten a súa propia cultura, respetada de sempre, porque é o legado dos nosos ancestros, e foi capaz de superar os tempos de dictadura. Como galego non podo permitir que unha ínfima representación do fascismo que se está a instalar no estado español tentase de boicotear un recente concerto de Tanxugueiras porque se expresaban en galego.

Sucedeu hai poucos días en Palencia e moito é de agradecer aos milleiros de palentinos que votaron do recinto aos enemigos da cultura diversa do estado español. Grazas mil por acoller a os nosos artistas nos vosos festivais e nas vosas festas.

Dedicado a os cabeza rapadas que teñen formigas na cabeza e andan a facerlle o caldo os tiranos da sociedade mundial, eí nos queda iste tema que dedicaron as Tanxugueiras despois do ocurrido en Palencia interpretado polo noso grupo Aldara, que resposta os fascistas ruxindo, como fan sempre.

 “Nadie me toca as Tanxugueiras” e un fermoso berro de Digna Aldara que ben fala de que a nosa Galicia tradicional segue viva e nadie, absolutamente nadie, nos vai facer calar. Veña. Dalle o play e leña o fascismo.