O GALEGO QUE SE NOS IMPÓN

Por J.J. García Pena

Galicia ou Galiza. Esa é unha das moitas palabras polas que me dá a sensación de ter unha lingua precarizada (non precaria). Os portugueses non teñen esa dualidade lingüística. Eu ollo e escoito a TVG bastante e estou sorprendido coa rara mezcolanza que se fai coa nosa lingua: ás veces, uns dín güevo e outros juevo, ás veces gaivota e outros javiota ou jaivota, ás veces árbore e outras árvre… E o que me confunde máis é escoitar a xente culta, os académicos, chamarlle o pulpo… polbo.

Creo que todo se debe aos anos en que estaba prohibido falar galego, época na que houbo xente que sentíuse avergoñada de falalo porque o consideraban de incultos.

Recordo unha anécdota real e divertida. Nos primeiros anos da nosa inmigración en Montevideo, sabíamos dunha porteira galega dun edificio (todos os porteiros eran galegos) que o “pallier” ou vestíbulo do predio chamáballe GOL.  Porque, como vostedes saben, en inglés se escribe HALL pero soa Jol.

A nosa paisana xa sabía en Galicia que estaba mal considerado berrar “jol” en vez de gol; e moito peor lle pasaría en América, onde se ían rir dela chamándolle galega bruta se dixese jol.

O de galego bruto non foi o único, pero foi o epíteto máis usado para denigrarnos. Certamente non todo o uruguayo o fixo, pero doíanos na alma. O mesmo que lles debe doer os aquí nados que na España lles chamen sudacas con frecuente desprecio e intencionalidade. A mín non me gusta nin o un nin outro. É unha baixeza rirse dunha persoa fóra da súa terra, que xa ten de abondo con superar a súa morriñenta tufa.

Somos un pobo complexo con tanto desprezo que padecemos do centralismo imperante. Por riba, por empeñarnos en falar un chapurreado, mestura de castelán e portugués, non estamos de acordo en pronunciar un lote das nosas propias verbas.

Os portugueses, dada a extensión dos seus territorios coloniais (como o castelán) non sofren esta desorde, escoito portugueses de Brasil e Portugal e a única diferenza é o acento, pero as palabras teñen a mesma ortografía, formato e significado.

Que os galegos falamos unha lingua “precaria”, revelase cando algúns lingüistas, poetas e escritores como o meu amigo José María Monterroso (outro Galiguayo que distribúe o seu ano, seis meses en Montevideo e seis en A Coruña), ante as miñas dúbidas sobor o que lles digo,  as resolven de xeito rápido e salomónico falando, claro e sinxelo, no portugués académico.

Eu, pola miña banda, falo e escribo como o falaba a miña nai, é dicir, cargada de mil erros e coa voz dunha xente simple e sinxela. Pero o meu galego, ben parcheado e impuro, é o querido vehículo milagreiro que me regresa á miña nai e á miña terra perdida.

(2) Comentarios

  1. puntualizacións, nunca estivo prohibido falar galego
    o que non estaba permitido era o seu uso público e moito menos o uso político
    galego sempre se falou, non quedaba outra

    non vexo problema algún con iso de galicia/galiza
    galiza é como se di en portugues
    tamén se di castellano/español e non pasa nada. Pero tampouco entendo os comentaristas da tve, o seu deslexo pronunciando e xa se poñen a alguén de andalucía directamente hai que traballar pra entender o que din

  2. Tenés toda la razón, Nemigo.
    Perdón por mi ignorancia. Salí muy niño de España y mucho más chico , aún, de Galicia.
    Debí haber dicho “estaba considerado inculto hablar en gallego”.
    Nos inculcaban vergüenza por nuestra propia lengua.
    Y el Jefe de Estado, por Gracia Divina, era gallego…
    Sin embargo, español no es equivalente a castellano, aunque todos entendamos,tácitamente, a qué nos referimos: todo castellano es español, pero no todo español es castellano.
    El idioma gallego es español, pero el idioma español no es gallego.
    Muchas gracias por corregirme. Es la forma en que suelo aprender.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *