galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

DARÍO VILLANUEVA, OTERO PEDRAYO E MAIS NÓS

Por Alberto Barciela

“Da terra todo ven e todo a ela volve. Enorme e boa nai agasallando fillos. Dozura do torrón, friaxe boa para as carnes abouradas pola doenza ou a paixón, medo de nai de que os fillos fosen desditados. Tamén a nai sofre. Querería unir a todos ditosos e sabe que han de voltar cansos e feridos”. Don Ramón Otero Pedrayo referíase a outras doures pero a cita ben vale para celebrar o outorgamento do premio que leva o nome do de Trasalba a Darío Villanueva, un galego feito de palabras, de etimoloxías, de saberes; un polímata universal, afeito de mundos distintos e distantes, percorredor de universos inalcanzables para case todos, pero que sempre retorna a aldea, como Ulises, na busca da orixe, dos arrecendos de Galicia, da maxia da Terra, Nai e Señora, é posible que do único recuncho do mundo que ten mais de cen nomes para a chuvia nun falar que é como un repinicar dá auga fresca contra vos cristais, un cantar, poesía pura.

Cóntase, con certa retranca e moita ironía, que Otero Pedrayo, non seu leito de morte, foi visitado polo ministro de Educación. O mestre, cun fío daquela voz que fora retumbante, dixolle en castelán: “Señor ministro, salve el Griego”. Sabía ben o que dicía e o dícia porque sabía. A cultura, os clásicos, o idioma, o educar, o coñecer, o ensinar, son as armas dos seres intelixentes, dotados do prodixio de ser e estar, do compromiso cos outras, dá supervivencia na aldea e na cidade, aquí e alá en Ultramar our en Europa central, nas montañas e non mar; seres quen son que da visión local e cosmopolita. De Trasalba ou Vilalba o Campus Stellae, e todo sen perder a perspectiva, sempre cos pés non chán e a cabeza ergueita para afrontar as desiguais circunstancias -nin sempre favorables nin sempre oportunas-, para avanzar con tento, asumindo a responsabilidade de cada unha das xeografías racionais, das complexidades cambiantes, as que Ortega chamou circunstancias. Darío Villanueva leva dando resposta a todos eses entendenres, exercendo a súas responsabilidades, ca discreción que caracteriza os sabios dá nosa tribo galaica, deste pobo de boina e Castromil, que cando quere, sabe, e cando non sabe, disimula.

Nunhas declaracións a Víctor F. Freixanes, intelectual emérito, Presidente dá Academia Galega, o Petrucio don Ramón, dixo: “Trasalba era o paraíso, a infancia, o contacto co cosmos, a noite terrible, os atardeceres, a choiva, os cambios dá lúa… Trasalba era, para os nosos ollos de nenos, o berce do universo”. O mesmo dí, dun ou outro xeito, da súa Vilalba natal, Darío, o mesmo escribiu Cunqueiro de Mondoñedo, o mesmo que Valle-Inclán pensaba de Vilanova ou dá Pobra do Caramiñal… O certo é que, segundo Vicente Risco, “unha terra, por pequena que pareza, encerra en si tódolos misterios do universo”. Por iso, ilústranos o introductor de Tagore, ós que din, referíndose a Galicia, que “e ben pequena”, hai que resportrlles que “Galicia é un mundo, é ou mundo enteiro. Poderás andala en pouco tempo de norte a sur, e do leste ó oeste noutro tanto; poderás volvela a andar outra vez e outra, e outra aínda; non a has dar andado toda. E de cada vez qu’andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos”.

É certo, “desde ou lugar mais pequeno do mundo podese ollar todo ou universo”. As Rosalía, as Emilia Pardo Bazán, as Sofía Casanova, os Otero Pedrayo, os Blancoamor, os Casares, os Cela, os Torrente, os Valle-Inclán, os Alfredo Conde, os Villanueva, os Freixanes, as Yolanda Castaño, as María Xosé Porteiro, e outros moitos imposibles de esquecer e tamén de nomear aquí, fannos destemer de tanta globalidade ameazante. Nas súas novelas, nos seus poemas, nas súas palabras, nos seus traballos, no seu modo de ser e de actuar pervive a esperanza dunha cultura propia, singular, anhelante de mundos e de convivencia, crecente en achádegos e en novos valores en tódolos campos. “Pode Galicia ser pequena en extensión, en fondura, en entidade, é tan grande coma queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves”. Risco foi concluinte.

Acerta o Padroado o premiar a Darío Villanueva, prolongación dunha ristra de nomes inmortais da cultura galega, xa inmortais asociados o Premio de Trasalaba; acertan os Premios dá Crítica o recoñecer a Bieito Ledo. A Nai agasalla os seus fillos, e iso importa e moito en tempos en que as ameazas son incontables, nos que os idiomas morren e as culturas desaparecen enredadas nunha policrisis inmensa. Nós aquí estamos, na aldea, nos pobos, nas vilas, nas cidades, na paisaxe fermosa da fin do mundo, doentes e apixonados si, “cansos e feridos”, mais defendendo o noso, recoñecendo aos irmáns, preservando o medio natural, estimulando o maxín, creando moda, e formando as novas xeracións, ofrecendolles referentes humáns e racionais, como o Villanueva. Que a ninguén lle pareza mal, iso espero.