galiciaunica Un recorrido semanal por Galicia, España.

«SEGUIR, MALIA TER SIDO ACUSADO DE VICTIMISMO POLA OPOSICIÓN»

Por Antón Luaces

Sí, Pedro Sánchez decidiu seguir avante como presidente do Goberno “con máis forza se cabe”, dixo el mesmo na mañá deste luns . Rematou así con todas as especulacións rexistradas nos últimos cinco días cheos de incertezas. 

Nin dimisión, nin moción de confianza. Tampouco nova convocatoria de eleccións xerais.

Na dereita, Núñez Feijóo deberá agardar unha nova quenda para dar o si ao rei Felipe VI se este formula nova oferta ao presidente do PP para se facer cargo da presidencia do Goberno español. 

Porque Pedro Sánchez non abandona, non marcha: seguirá a ser presidente dos españois, sen ter moi en conta a “perversión democrática” que se evidencia na actitude da dereita política española, que o acusa de se acoller ao “victimismo”.

No aire está xa o anuncio do pseudo sindicato “Manos Limpias” de presentar nova denuncia xudicial, esta vez contra o propio presidente socialista. Contumacia fronte a resistencia. O manual a este respecto é de Sánchez. 

Para o expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a decisión tomada por Sánchez “é boa para a democracia”. E Alfonso Rueda, presidente da Xunta, criticou a “teatralización absurda” de Pedro Sánchez e engadiu que o pasado mércores xa sabía o que Sánchez ía dicir.

Agora compre agardar, porque Sánchez pretende “cambios” no ser ou non ser dos partidos políticos españois, cuestión pouco ou nada doada neste maremagnum xerado internacionalmente do que ninguén se autoinculpa. Todos son inocentes e ningún foi o primeiro.

 Emiliano García-Page, presidente de Castilla-La Mancha, dixo que “sempre defendeu e practicou “unha política limpa, desmontando todas as falsidades”.

E a vida sigue. Ata cando é o que está por ver. 

Dependerá, digo eu, do que tarden uns e outros en reengancharse ao “e tí, máis”.

ANTÓN LUACES